JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Xunta de Galicia executa as obras dun compromiso acadado polo anterior goberno socialista para o Castelo de Santa Cruz.

" O equipo de goberno socialista conseguira na anterior lexislatura a colaboración da Axencia de Turismo (Xunta de Galicia) para mellorar os camiños de acceso ao Castelo de Santa Cruz, e alumear artisticamente e de forma ecoeficiente a muralla.

" Fai uns días que xa podemos ver rematada a intervención que afectaba aos accesos ao Castelo, quedando aínda pendente de instalar a iluminación ornamental da muralla.

Os/as Socialistas somos conscientes de que o Patrimonio da Guarda é un dos bens máis prezados desta vila, e durante as últimas lexislaturas leváronse a cabo moitas xestións para tratar de protexelo e poñelo en valor.

Exemplo disto sería a firma deste convenio coa Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, pero tamén diversas actuacións clave como a restauración e consolidación do xacemento do Barrio Mergelina, a reconstrución da porta norte do Castro, o proxecto Mar de Sal a través do que se recuperaron as Salinas do Seixal, ou a promoción de actividades de divulgación como as Barferencias ou as visitas guiadas.

Con todo, non podemos ocultar a nosa profunda tristeza ao ver como nos últimos tempos as nosas principais xoias patrimoniais, como o Castelo de Santa Cruz, as Salinas ou o Castro de Santa Trega, se atopan practicamente nun estado de abandono. Esta situación reflicte, unha vez máis, o total desleixo do actual equipo de goberno cara ao noso pobo.

A situación é tan preocupante que incluso o xornal Atlántico denunciou recentemente a falta de atención e coidado co que se está a tratar o noso patrimonio.

En relación ás obras no Castelo de Santa Cruz, celebramos que a Xunta de Galicia retomara e completara as melloras que quedaran pendentes. Non obstante, é imprescindible que o actual equipo de goberno comece a asumir a súa responsabilidade na protección e conservación do noso patrimonio, algo que, lamentablemente, non fixeron durante o tempo que levan gobernando.

PSdeG-PSOE A Guarda



Concello de A Guarda





Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais