A peña O Inferno da Sangriña celebra o seu 10 aniversario co Inferno Fest, un evento que unirá a toda a afección do balonmán guardés na tarde do sábado 24 de agosto.
Para os máis pequenos, haberá inchables, mais tamén pintacaras, globoflexia, xogos populares e ata tatuaxes temporais para que desfruten dunha tarde chea de diversión. A partir das 17:30 horas, o patio do colexio da Sangriña abrirá as portas para todo aquel que se queira unir a esta xornada.
Ademais, haberá cantina e gastronomía para acompañar a música en directo que estará a cargo de Elena y sus amores e os djs: Cristian Pereyra, Rreo e Vince Stone.
Pero a Peña O Inferno promete sorteos e moitas máis sorpresas para celebrar por todo o alto os 10 anos da mellor afección de balonmán.