JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de 2024

Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares

Significativo incremento rexistrado pola Biblioteca Municipal de Tui nos seis primeiros meses deste 2024 no que se refire ao préstamo de libros. Así no primeiro semestre deste ano a Biblioteca Municipal de Tui prestou 9.195 libros, o que representa un 30% máis que os retirados para a lectura a domicilio no mesmo período do ano pasado, cando foron 7.005 os exemplares emprestados.

Do total de 9.195 libros prestados 5.138 foron préstamos a usuarios infantís (ata 14 anos de idade) o que supón o 55,9% do total, mentres que as persoas usuarias adultas retiraron un total de 4.057 exemplares (44,1%).

A Biblioteca Municipal tudense conta con 855 usuarios activos, ou sexa usuarios que retiraron volumes ao longo deste ano 2024, dos que 347 son menores de 14 anos e 508 maiores desa idade

Ao longo deste 2024 incorporáronse un total de 580 novos exemplares á colección bibliográfica financiados con fondos propios do Concello de Tui, subvencións da Xunta de Galicia e doazóns particulares. A biblioteca tudense conta na actualidade cunha colección bibliográfica de 33.098 obras a disposición dos seus usuarios que teñen aumentado en 207 novas persoas nestes primeiros meses do ano 2024.

Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, estes datos expresan o dinamismo do centro bibliotecario tudense e a súa ampla oferta bibliográfica que posibilita o acceso á cultura dos tudenses e da veciñanza da nosa contorna que atopan nesta Biblioteca un servizo de lectura pública que tratamos de mellorar cada día. A concelleira Sonsoles Vicente destaca tamén o éxito da última iniciativa de difusión do libro a lectura promovido pola biblioteca tudense como é "A casa dos libros orfos" instalada nun quiosco da Praza da Inmaculada onde se poden coller e/ou depositar libro usados de xeito libre a gratuíto.

Sinala a concelleira de Cultura que "a nosa pretensión é consolidar a biblioteca como un lugar de cultura, educación e de ocio creativo respondendo ás necesidades da nosa cidadanía".

Concello Tui


Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns

O folclore máis internacional darase cita o próximo martes, 30 de xullo, no Parque do Laxal en Rebordáns, cunha nova edición da Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento forma parte da programación "Tui, verán na rúa".

Participarán os grupos Sbandieratori Ducato Caetani de Italia, Folk Ensemble "Omarska" de Bosnia Herzegovina, o Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio de Chile e o Ballet Tierra Adentro de Uruguai.

Dende a cidade italiana de Sermoneta chegará o grupo Sbandieratori Ducato Caetani, que co seu espectáculo transportará ao público até a época medieval co lanzamento de bandeiras empregado nas antigas batallas. Os tambores e trompetas marcan o ritmo das coreografías que realizan entre 4 e 6 portabandeiras e solistas cunha ou dúas bandeiras cunha posta en escena espectacular. Dende a súa creación en 1996 teñen participado en destacados eventos e festivais en Corea, Xapón, Nova York, Caracas, Melbourne, Sydney así como en numerosas cidades europeas. .

Dende Bornia Herzegovina participará o grupo Folk Ensemble "Omarska". Creado en 2007 conta con 190 membros nos 7 grupos de danza, nunha orquestra folclórica, grupos de canto e solistas vocais. No seu repertorio interpretan coreografías tanto de Bosnia Herzegovina coma de Serbia, caracterizadas polo corido vestiario que empregan. Ao longo do ano organizan distintos eventos entre os que destacan o concerto de Pascua, o concerto de Aninovo e o que realizan na honra ao patrón da cidade Vidovdan Dane.

O Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio chega dende a provincia da Concepción en Chile. Está formado por 30 persoas entre músicos, bailaríns e persoal de apoio que traballan na recuperación do folclore chileno dende a súa creación en 1999. Na súas actuacións ofrecen un fermoso repertorio de canto e danza da zona central del Chile da cultura Rapa Nui.

A fusión de diversos estilos dende un punto de vista técnico, escénico e interpretativo caracteriza o espectáculo do grupo Ballet Tierra Adentro de Uruguai. Creouse en 2010 co obxectivo de recuperar o máis valioso das súas tradicións rexionais, O coreógrafo e bailarín Carlos Borthagaray dirixe o elenco formado por profesionais da danza e da música. Mentres a dirección musical corresponde a Domingo Bermúdez, No parque do Laxal o próximo martes achegarán unha mostra do folclore uruguaio. nunha interpretación na que de seguro non faltarán baile como gato, chimarrita, firmeza, ranchera, polca, milonga, malambo e boleadoras.

Así o folclore de Europa e América compartirá escenario o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns na

Concello Tui


Tui celebrará o sábado 17 de agosto a XII Festa Gastronómica na rúa Compostela

As asociacións culturais tudenses interesadas en participar deben presentar a súa solicitude do 29 ao 31 de xullo por sede electrónica

A gastronomía local e tradicional será a gran protagonista o sábado, 17 de agosto, na rúa Compostela coa celebración da Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño organizada polo Concello de Tui.

Ante esta celebración o Concello de Tui convoca trece postos para a venda directa dos pratos elaborados artesanalmente con produtos locais e autóctonos. As asociacións culturais tudenses interesadas deberán presentar a súa solicitude na sede electrónica do concello de Tui o luns 29, martes 30 e mércores 31 no modelo normalizado que se pode descargar en tui.gal, xunto coa documentación requirida. Un dos requisitos para participar é que estar inscritas no rexistro municipal de asociacións. Os postos adxudicaranse por orde de presentación da solicitude.

A XII Festa Gastronómica celebrase na rúa Compostela o sábado, 17 de agosto, de 20 h a 00.30 h. Amais dos postos gastronómicos contarase coas actuacións de Circo Krasnovarak, Fanfarria Taquikardia e Festicultores.

Concello Tui


Tui sede do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e G6

Once pilotos españois e portugueses participarán nesta espectacular competición este sábado

O río Miño ao seu paso por Tui será o escenario este sábado, 27 de xullo, do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e G6. A proba está organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño

Esta mañá na rúa Olímpicos tudense tivo lugar a presentación deste campionato coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a deputada de turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, e o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o segundo da Comandancia Naval do Miño, Carlos López, e por parte da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Estévez.

Na presentación destacouse o río Miño como un marco espectacular para desenvolver esta proba que reunirá a pilotos de alto nivel, nun evento deportivo que conta tamén cun gran atractivo turístico.

Así Carlos Estévez, da federación galega, salientou que serán once os pilotos españois e portugueses que competirán o sábado polo título. Carlos López da Comandancia Naval do Miño, amosou a disposición que sempre teñen para colaborar nos eventos que se celebran en Tui. Daniel Benavides, xefe territorial de Deportes, destacou coma a motonáutica volve ser o centro de atención a nivel estatal, destacando a oportunidade que é poder realizar esta fin de semana en Tui este campionato ibérico. Nava Castro, deputada de Turismo, fixo fincapé no atractivo desta proba xa que por unha banda contará cun alto nivel deportivo e por outra celebrarase nunha paraxe entre dous países. Un atractivo turístico ao que se suman o río, o conxunto histórico, o Camiño Portugués, que dicía, fan que Tui o teña todo para que as persoas disfruten.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou a idoneidade do río Miño ao seu paso por Tui para a celebración deste campionato. Unha proba que dicía pon a Tui no mundo da motonáutica e das competicións náuticas, que serven, dicía, de escaparate da cidade. .

Once pilotos españois e portugueses daranse cita nesta competición. Tras a apertura de boxes, as verificacións e a reunión de pilotos ás 10.30 h comezarán os adestramentos libres. Disputaranse un total de catro mangas, ás 14 h a primeira, ás 16 h a segunda, ás 18 h a terceira, e ás 20 h a cuarta. A entrega de premios está prevista para as 20.30 h.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais