|
A "Eurocidade da Foz do Miño" avanza no proceso da súa constitución
Os responsables dos municipios que a constitúen, Ánxela Fernández Callís (O Rosal), Rui Lages (Caminha) e Roberto Carrero, (A Guarda) reuníronse en Caminha esta semana
Os tres responsables dos municipios que conforman a "Eurocidade da Foz do Miño" sentáronse esta semana a conversar co fin de operacionalizar a cooperación.
A alcaldesa e os alcaldes das tres localidades que a constitúen reuníronse en Caminha co obxectivo de debatere dar os pasos oportunos para a constitución deste novo organismo, cuxo obxectivo principal é establecer sinerxías e fortalecer desta forma os lazos entre as comunidades. Esta alianza será moi positiva para os municipios, especialmente para os cidadáns.
"A Eurocidade resulta da vontade da alcaldesa e dos alcaldes, no que atinxe á nosa interpretación do interese da nosa veciñanza, que ademais é moi claro: hai unha grande proximidade, culturas compartidas e temos a certeza de que xuntos somos máis fortes. Cómprenos, como políticos, transformar esta vontade e esta proximidade en ferramentas realmente capaces de aproveitar os nosos territorios. Os municipios aprobaron a declaración institucional para a creación da Eurocidade e seguimos a traballar para a súa constitución" explican Ánxela Callís, Rui Lages e Roberto Carrero.
En deferencia ao balance da reunión, os tres consideran que é moi positivo, que se fixeron progresos respecto aos cales están todos moi comprometidos. Destacan tamén que se trata dunha operación en progreso, que ten unha base forte pero que irá por etapas. Polo tanto, deste camiño por percorrer haberá traballo que será máis visible, con resultados máis tanxibles, e outro menos visible, pero non por iso menos importante ou consecuente.
Concello de O Rosal
As Fillas de Cassandra e a Banda do Rosal fan historia nunha actuación conxunta na Praza do Calvario
O concerto celebrado onte no Rosal supuxo un punto de inflexión na historia da música galega, ao tratarse da primeira vez na que se fusionaban este dúo e unha banda musical
A Praza do Calvario do Rosal foi onte testemuña dun acontecemento único. Dende ás 22h da noite, os presentes que abarrotaron o lugar puideron desfrutar da fusión das Fillas de Cassandra xunto á Banda da Agrupación Musical do Rosal, nun concerto histórico.
A Praza do Calvario encheuse de asistentes que decidiron vivir este máxico 25 de xullo, nunha cita que marca un punto de inflexión non só na historia da música rosaleria, senón tamén na galega.
Esta xuntanza supuxo a fusión de dous ámbitos moi relevantes da nosa historia musical. Por un lado, un grupo de grandísimo impacto na actualidade como As Fillas de Cassandra, que cas súas cancións permiten que a música transcenda máis alá, conseguindo que moita rapazada e xuventude canten a diario as súas letras en galego. E por outro, un sector tan importante para Galicia como son as bandas de música cas súas escolas de formación e estudo musical.
As persoas que asistiron onte á Praza do Calvario foron testemuñas dun encontro máxico, onde se repasou o repertorio do dúo grazas ao inmenso traballo que fixeron ambas partes, coordinadas polo director da banda Javier Alonso Pérez e Andrés Álvarez, compositor encargado dos arranxos.
Ademais, grazas a este acontecemento, a Agrupación Musical do Rosal non só viviu un soño cumprido, senón que tamén recibiu un recoñecemento aos seus trinta e oito anos de traxectoria.
E, tal e como destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, "esta xuntanza serviu tamén para conmemorar outro soño cumprido, o da consecución para este ano da posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música."
Sen dúbida, un acontecemento musical que rosaleiros e rosaleiras non esquecerán, marcando este 25 de xullo no calendario como unha data especial para a localidade.
Concello de O Rosal
O Rosal celebrará as Festas de Verán do
Pilar cunha ampla programación
encabezada polas Fillas de Cassandra
Do 24 ao 26 de xullo, o concello acollerá na Praza do Calvario
numerosas actividades de lecer
O Rosal ultima detalles da preparación das Festas
de Verán do Pilar, nas que durante os tres días de celebración terán lugar
numerosas actividades para tódolos gustos. Do 24 ao 26 de xullo, a Praza do
Calvario será a encargada de acoller estes eventos, nos que non faltará a música, o
lecer, o deporte ou o humor. Tal e como destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández
Callís, os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar desta ampla oferta “grazas á
colaboración e implicación daquelas asociacións que participan cada ano na
organización de tres xornadas cheas de propostas para todos os públicos coas que
desfrutar das nosas festas tradicionais”.
A festa dará comezo o mércores 24 de xullo coa sexta edición do tradicional
Festival Xente Xida, de 20.00 a 01.00 horas. Os encargados de poñer a música
serán nesta ocasión Airiños do Cereixo, BG Paramos e Os Terribles Donas
acompañados sempre polo Trebón dos Xidos e Xente Xida, achegado así a música
tradicional ao público asistente.
O xoves 25 a programación dará comezo ás 12.00 horas, coa misa cantada pola
Coral da Agrupación Musical do Rosal, que contará tamén coa participación da
Banda da Agrupación. Xa pola tarde, terá lugar ás 16.oo horas o torneo de axedrez,
dando paso ás 20.00 horas ao festival folclórico internacional máis veterano da
comarca, Encontro dos Pobos, que estará organizado pola Asociación Lusco e
Fusco. Á noite, ás 22.00 horas, a Praza do Calvario prepararase para acoller o evento
máis agardado das Festas de Verán do Pilar: o concerto de Fillas de Cassandra coa
Agrupación Musical do Rosal.
Deste xeito, pecharase así a xornada con este evento, no que a Agrupación e o dúo
musical galego unirán forzas para ofrecer un espectáculo único no que deleitarán
ao público cunha mistura de melodías tradicionais, letras actuais e influencias pop e
electrónicas.
Praza do Calvario, 1. 36770, O Rosal. Tlf: 986 62 50 00. Enderezo electrónico: concellodorosal@concellodorosal.es
O venres, como despedida, a Praza do Calvario encherase de humor ás 21.00 horas
cos Netos do Rosal. Ao remate, os asistentes poderán desfrutar da actuacón do DJ
Cristian Pereyra ata á 1.00 hora.
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|