JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura cooperación

Os tres responsables dos concellos que constitúen a "Eurocidade da Foz do Miño" reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A Guarda) e Ánxela Fernández (O Rosal) tiveron oportunidade de debater algunhas das prioridades deste novo organismo, que ten por obxectivo estabelecer sinerxías e fortalecer os lazos entre as comunidades, con vista ao desenvolvemento dos municipios e da rexión.

"A Eurocidade resulta das ganas dos alcaldes, mais sobre todo do que é a nosa interpretación do interese das nosas poboacións, que de feito é moi claro: hai unha gran proximidade, culturas compartidas e temos a certeza de que xuntos somos máis fortes. Debemos, como políticos, transformar estas ganas e esta proximidade en ferramentas realmente capaces de unir os nosos territorios. Os municipios pediran a Eurocidade e é nela na que estamos a traballar en continuo", explican os tres alcaldes.

"Este é verdadeiramente un traballo en progreso, que ten xa unha base bastante forte, mais que estamos verdadeiramente a iniciar, nesta nova fase, e que terá sempre novas etapas, porque hai moito camiño a percorrer. Hai traballo que vai ser máis visíbel, que terá resultados tanxible, outro é menos visíbel, mais nin por iso menos importante ou consecuente. Esta reunión foi moi ben, fixemos progresos e estamos todos apostando por isto e moi optimistas".

Concello de A Guarda



O MELLOR BALONCESTO E O HIP-HOP ENCHERÁN ESTE SÁBADO O CENTRO CULTURAL DA GUARDA

O Club de Baloncesto BMB celebrará este sábado 27 o VII Torneo de Baloncesto 3x3 Vila da Guarda, no Centro Cultural de A Guarda. Este evento deportivo contará coa participación de 10 equipos nunha xornada chea de actividade e entretemento.

Dende ás 9.30 da mañá, que comezará a fase previa, o mellor baloncesto na rúa da provincia poderá desfrutarse nun ambiente de boa música (cos Som Afrokinki Crew aos pratos) e mellor ambiente. Os equipos participantes competirán nun formato dinámico, garantindo moitos partidos emocionantes e un nivel de xogo excepcional.

Tras esta primeira fase, haberá unha sesión vermú aberta para todos e todas, onde os asistentes poderán degustar aperitivos locais mentres gozan dunha selección musical especial. Este é un momento perfecto para relaxarse e socializar antes de que a competición volva ao seu máximo nivel.

Tras o parón de mediodía, a fase final retomarase a partir das 17.00h co tradicional concurso de triplas, onde os xogadores máis habilidosos demostrarán a súa precisión desde a liña de tres puntos. A continuación, os equipos clasificados competirán nos enfrontamentos finais para decidir quen se leva este ano o título de campión do torneo.

Pola noite, varios MCs da zona amenizarán o peche no primeiro festival de rap Hip&Hoops, unha combinación única de deporte e cultura urbana que promete ser un broche de ouro inesquecible para a xornada.

Este evento enmárcase dentro da Festa do Peixe Espada, organizada por ORPAGU, coa cal o Club de Baloncesto BMB mantén un acordo de colaboración. Haberá barra e unha food-truck con produtos da marca de ORPAGU, ofrecendo algunhas das delicias culinarias que destacan o sabor do peixe espada, unha das especialidades locais máis apreciadas.

Agardámosvos a todos para gozar dun día cheo de deporte, música e diversión no VII Torneo de Baloncesto 3x3 Vila da Guarda! Non perdades a oportunidade de vivir unha experiencia deportiva e cultural única que celebra o club de basket local.

Club de Baloncesto BMB



A escola de danza Attitude mostrará o seu talento este domingo 28 de xullo

A escola de danza Attitude organiza o seu Festival de verán este domingo 28 de xullo ás 20:00 horas no auditorio de San Benito (en caso de chuvia, trasladarase ao pavillón municipal).

Haberá actuacións de diferentes estilos: jazz, contemporáneo, hip hop ou baile moderno mais tamén de diferentes idades, desde os grupos das máis pequenos ata os das máis maiores.

Non será as únicas, pois tamén contarán coa escola invitada, FitDance. Ademais, o público non pode faltar, xa que se celebrarán sorteos entre os asistentes.

Concello de A Guarda



A escola de danza Dansá organiza o Summer Festival este sábado

A escola de danza Dansá, en colaboración co Concello da Guarda, organiza o Summer Festival este sábado 27 de xullo ás 17:00 horas no pavillón municipal da Sangriña.

Concello de A Guarda



O Monte Trega acolle a presentación dos Concertos ás beiras do Miño

MOTIVO: Presentación dos Concertos ás beiras do Miño
DATA: 10:00 horas, mércores 24 de xullo
LUGAR: Casa Forestal; Monte Santa Trega, A Guarda (Pontevedra)

A orquesta Clásica de Vigo celebra o seu corenta aniversario cunha serie de concertos ás beiras do río Miño.

Estes concertos percorrerán tanto a parte galega como a portuguesa, sendo o primeiro concerto en Melgaço e rematando na Guarda o día 12 de agosto.

Agardamos que resulte do voso interese.

Concello de A Guarda



A XIX Festa do Peixe Espada volve esta fin de semana

A Festa do Peixe Espada celebra esta fin de semana a súa 19ª edición. Darase comezo o venres 26 de xullo, co acto de inauguración no Concello ás 19:00 horas, onde tamén se dará entrega do premio do concurso infantil; desta vez, a Laura Santos Adrover.

Xa o sábado, a asociación Piueiro organiza un obradoiro infantil con pintacaras na praza Avelino Vicente a partir das 11:00 horas. Ademais, abrirase a exposición etnográfica mariñeira da Asociación Piueiro no edificio Casa do Pescador, que terá un horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Para levar música as rúas, o Trebón dos Xidos fará un recorrido desde a praza de Avelino Vicente ata o Porto, tanto o sábado como o domingo pola mañá.

Para achegarnos ao mar, o volanteiro Piueiro ofrecerá saídas que precisan reserva previa na Oficina de Turismo da Praza do Reló ou no 986 61 45 46.

Durante a fin de semana 15 restaurantes ofrecerán diferentes tapas ou pratos que terán como protagonista o peixe espada. Deste xeito, mostran a variedade de formas nas que se pode consumir o peixe.

Concello de A Guarda



Do lusco ó fusco celebra o XXIX Encontro dos pobos

O mércores 24 de xullo, Do lusco ó fusco organiza o seu XXIX Encontro dos pobos, caracterizado pola presenza dun grupo tradicional estranxeiro.

Nesta edición, Do lusco ó fusco trae a Ensemble Dido de Serbia. Ademais deles, tamén actuará o grupo guardés Vento Mareiro.

As actuacións comezarán ás 20:30 horas na praza de San Bieito este mércores 24.

Concello de A Guarda





Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais