|
O Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño conta cunha cadeira anfibia que foi presentada esta semana en Tui
As persoas con mobilidade reducida poderán gozar dun baño no río Miño, nas praias tudenses ou do Baixo Miño grazas á cadeira anfibia que vén de mercar o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, que foi presentada esta semana na rúa Olímpicos Tudenses en Tui.
A tenente alcalde e concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e o concelleiro de Servizos Socias do Concello de Tui, Ismael Diz, asistiron a presentación deste equipamento nun acto no que participou tamén o secretario xeral para o Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, o presidente e secretario do Club Náutico Inclusivo, Marcos Casaleiro e Carlos Estévez, respectivamente, xunto a representantes dos concellos do Baixo Miño, Salceda e Salvaterra e e a directora da oficina de CaixaBank de Tomiño.
Ana Núñez, tenente alcalde e concelleira de Igualdade de Tui, Ana Núñez, destacou que é "un paso importante ir rompendo as barreiras que se atopan as persoas con discapacidade" agradecendo á Xunta de Galicia sensibilidade co deporte adaptado. Mentres o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, agradecía ao Club Náutico Inclusivo o traballo que realiza e brindaba, unha vez máis, a colaboración do concello de Tui. Pola súa banda José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deportes, felicitou ao Club por esta iniciativa. Ao tempo referiuse ao éxito dos deportistas paralímpicos en Tokio amosando a súa confianza en que se superen incluso en París eses históricos resultados.
Dende o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, Marcos Casaleiro e Carlos Estévez, explicaran que poderán empregar esta cadeira, previa solicitude, as persoas con mobilidade reducida. A súa adquisición foi posible grazas á subvención concedida ao abeiro das axudas para a adquisición de equipamento deportivo adaptado da Xunta e a colaboración da Fundación La Caixa.
As persoas con mobilidade reducida que desexen empregar esta cadeira anfibia poden contactar co Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño no 670 508 499 ou no 618 568 426, poden solicitala tamén a través dos Servizos Sociais dos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia, Salceda de Caselas e Salvaterra, ou a través das asociacións de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida da zona.
Excelente acollida no primeiro día do Mercado Municipal de San Antonio
Tras a reforma integral do edificio hoxe abriron os postos de peixe, carne e flores
Excelente acollida no primeiro día de apertura de portas do novo Mercado Municipal de Tui, denominado "Mercado de San Antonio". Xa dende primeira hora, tras a apertura dos postos ás 8h, numerosas persoas se achegaron a facer as compras de peixe, carne, ou flores á praza de abastos tudense. Moitas outras quixeron tamén esta mañá coñecer as novas instalacións tras a reforma integral do edificio realizada polo Concello de Tui.
A media mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, achegáronse ao Mercado Municipal de San Antonio para felicitar as persoas que están ao fronte destes primeiros postos xa adxudicados comprobando o funcionamento e posta e marcha da praza neste primeiro día.
Hoxe abriron sete postos de peixe, unha carnicería e unha florería. Pendente está nos próximos días a apertura doutra carnicería que cuxo posto foi xa tamén adxudicado nesta primeira fase. Nunha segunda fase abrira un posto de produtos gourmet, unha panadería, un posto especializado en café e chocolate, e o espazo gastronómico. Dos 20 postos fixos e catro temporais 13 están adxudicados nestes momentos, e os restantes sairán en breve de novo a licitación, cuxas características e requisitos están dispoñibles no Concello de Tui para aquelas persoas que estean interesadas.
A obra do Mercado de San Antonio forma parte dun proxecto integral de modernización e dixitalización das instalacións municipais, considerado prioritario polo goberno local.
A reforma integral do edificio, cun investimento de máis de 1.300.000 euros, ten como obxectivo principal a dinamización da economía local a través da creación dun centro de comercio na localidade, que sexa ao mesmo tempo un polo de atracción para novos emprendedores e un lugar de encontro para a veciñanza, así como un lugar no que acceder a produtos locais de primeira calidade e frescos.
Entre as actuacións previstas dentro deste proxecto está tamén a instalación de taquillas intelixentes que permitirán recoller a compra fóra do horario habitual de apertura dos postos, a colocación dunha pantalla dixital, así como a creación dunha páxina web específica do Mercado coa que promocionar e difundir toda a actividade da praza e dos distintos postos. Esta campaña de dixitalización tamén contempla a presenza nas principais redes sociais do Mercado de San Antonio.
A inauguración oficial do Mercado de San Antonio realizarase unha vez se complete a instalación e apertura da totalidade dos postos adxudicados nesta primeira fase.
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|