JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Mougás xa conta cun renovado parque infantil no Eirado

A parroquia de Mougás xa conta cun renovado parque de xogos para nenos e nenas de distintas idades, unha vez rematadas as obras postas en marcha polo Concello de Oia co obxectivo de manter en bo estado de uso o recinto de lecer infantil situado no Eirado.

A actuación consistiu na desmontaxe dos xogos actuais, xa deteriorados, para poder colocar un novo pavimento con capacidade de absorción de impactos, novos xogos así como unha valla de delimitación do parque infantil. Esta renovación de equipamento e chan foi feita cumprindo os requirimentos de patrimonio, entre os que se solicitaba que a cor do pavimento fose gris.

Entre outros equipamentos colocáronse bambáns, tobogáns, torres de xogos con escalada, instalacións xiratorias e de resorte. Ademais, aproveitouse a intervención para gañar algo máis de espazo na superficie dedicada ao lecer infantil.

Estes traballos enmárcanse nas distintas actuacións municipais que, ao longo dos últimos anos, se están desenvolver co obxectivo de manter en bo estado os parques existentes nas parroquias. Neste caso, a renovación do equipamento infantil de Mougás foi financiado a través dunha subvención do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra de 45.044 euros.

Concelho de Oia


Visita comentada ao vídeo "Os curros da Groba, entre liberdade e ritual" o día 21 na oficina de turismo de Oia

O próximo domingo 21 de xullo ás 13.00 horas desenvolverase na oficina de turismo unha visita comentada aos dous traballos artísticos actualmente expostos: o audiovisual "Os curros da Groba, entre liberdade e ritual" e a mostra fotográfica "Rizomas".

A visita correrá a cargo dos propios autores das obras, Ana Belén Jarrín e Nacho Álvarez, e ten o obxectivo de xerar un intercambio de impresións entre a veciñanza e os autores. Por un lado, Nacho e Belén explicarán ás persoas asistentes cal foi o seu proceso creativo e, polo outro, convidarán ao público a facer os seus comentarios e dar as súas opinións. A actividade é gratuíta e non require inscrición previa.

Proxección audiovisual e mostra fotográfica

No vídeo "Os curros da Groba, entre liberdade e ritual", Ana Belén Jarrín e Nacho Álvarez -profesionais do audiovisual afincados en Oia- presentan unha montaxe de imaxes e sons que foi creada a partir de fotografías das paisaxes da Serra da Groba e dos curros que se celebran neste territorio.

O traballo, de 10 minutos de duración, ofrece unha mirada emotiva que se centra nos cabalos autóctonos e no seu medio natural. Cun deseño sonoro e gravacións directas dos mesmos lugares onde transcorre a acción, esta proposta quere subliñar a conexión entre o ser humano, o seu entorno e as tradicións.

A obra narra o proceso ancestral da festa dos curros, recollendo a esencia deste ritual. A través de imaxes e sons explorase a fonda relación entre a natureza salvaxe e a cultura humana, destacando a beleza e maxestade da paisaxe da Serra da Groba.

Atendendo ao valor divulgativo e á calidade técnica e artística deste traballo audiovisual, o Concello de Oia ofrece a posibilidade de contemplalo durante o horario de apertura da oficina de turismo nos meses de xullo e agosto. Así, a peza estase a proxectar de xeito ininterrompido de mércores a domingo en horario de 10 a 16h no primeiro andar da oficina da Praza Centinela.

Paralelamente á proxección audiovisual, na planta baixa da oficina pódese visitar a mostra "Rizomas", tamén obra de Ana Belén Jarrín. Neste caso, trátase dunha serie de fotografías creadas con capas superpostas de diferentes paisaxes.

Concelho de Oia


O Concello de Oia renova paneis interpretativos en varias igrexas do municipio

O Concello de Oia vén de levar a cabo a renovación dos paneis interpretativos nos que figuran os principais valores históricos, artísticos e patrimoniais das igrexas parroquiais de Mougás, Loureza, Burgueira, Viladesuso e Pedornes.

Esta iniciativa enmárcase nas distintas actuacións que o Concello vén desenvolvendo en canto a dotación e renovación de equipamentos para a revalorización do patrimonio do municipio. Así, nos últimos anos téñense colocado soportes con información na igrexa parroquial de Santa María de Oia e diversos puntos de interese do barrio do Arrabal, entre outros.

A última actuación en materia de sinalización do patrimonio local consistiu na colocación de novos paneis informativos en 5 igrexas, as parroquiais de Mougás, Loureza, Burgueira, Viladesuso e Pedornes. Así, cada panel inclúe novos textos, relativos á historia e características de cada templo, así como varias imaxes dos elementos máis destacados do interior, tanto no que respecta a arquitectura como a retablos e imaxinería relixiosa.

A actuación supuxo un investimento total de 3.206,50 euros, financiados a través das subvencións para a rehabilitación e sinalización de patrimonio histórico-cultural para o ano 2023.

Concelho de Oia


O Concello de Oia leva a cabo melloras na iluminación do casco histórico do Arrabal

O Concello de Oia levou a cabo unha iniciativa para mellorar a iluminación e seguridade no barrio do Arrabal, acomentendo a renovación de todas as luminarias ancoradas ás fachadas do casco histórico do Arrabal.

Un total de nove luminarias de ferro, que se encontraban en moi mal estado debido as condicións meteorolóxicas da zona, foron substituídas por modernas luces LED de alto rendemento.

Estas novas luminarias contan con materiais de alta resistencia á axentes externos, corrosión e accións de vandalismo contra o mobiliario urbano. Tamén dispoñen de medidas antielectrocución para garantir a seguridade dos cidadáns e son 100% reciclables, contribuíndo así á sustentabilidade ambiental.

O subministro destes novos materiais tivo un custo de 10.726,63 euros que o Concello financiou a través do Plan Concellos 2022, aproveitando o importe sobrante doutras actuacións xa executadas ao abeiro dese Plan.

Concelho de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais