JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

ORPAGU organiza as súas X Xornadas internacionais de pesca para tratar as problemáticas actuais

Durante toda a mañá celebráronse no salón de plenos da Guarda as X Xornadas internacionais de pesca, organizadas por ORPAGU.

A temática deste ano versaba sobre o mercado e o consumo actual dos produtos pesqueiros. Para abrir estas xornadas contouse co presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Tras o saúdo inicial, as conferencias e ponencias xiraron arredor da baixada do consumo de peixe, das problemáticas de venda e comercialización e tamén sobre a venda das aletas soltas. Contouse con ponentes institucionais, mais tamén de asociacións e empresas destacadas no sector.

Finalmente, as xornadas pecháronse cunha degustación de produtos de ORPAGU.

Concello de A Guarda



Maxia e circo para o verán da man do programa Cultura no Camiño

Dúas grandes propostas de maxia e circo son a aposta para a programación familiar deste verán na Guarda. O venres 26 de xullo chegará ata a nosa vila o lexendario Mago Antón co seu magobóbil, unha novidosa proposta, na que o mago quere interaccionar co público da forma mais cercana posible.

O magomóbil instalarase na Alameda durante toda a xornada do venres 26, e realizará 4 pases: ás 12h, ás 19h, ás 20h e ás 21h con prazas limitadas, xa que o espectáculo transcorre no interior do camión, para que así o público poida comprobar que nesto da maxia non existe trampa nin cartón. O acceso ao espectáculo é gratuíto, pero dada a limitación de prazas é necesario inscribirse previamente no seguinte enlace: https://www.eventbrite.es/e/entradas-mil-maxias-mais-40-934255833347?utm-campaign=social&utm-content=attendeeshare&utm-medium=discovery&utm-term=listing&utm-source=cp&aff=ebdsshcopyurl ata o día 25. Só en caso de quedar prazas dispoñibles a xente poderá anotarse no propio camión o mesmo día.

O espectáculo Mil maxias máis está dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón. Entrar no magomóbil para presenciar Mil maxias máis será como abrir un libro de marabillas, entrar nun mundo fascinante onde todo xira arredor da maxia da palabra.

No mes de agosto, concretamente o venres 16, será o turno para o espectáculo de novo circo, GLAMPNG no Auditorio de San Benito: tres amigos, con tres personalidades e caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil e os conflitos toman parte na escena cotiá dos campistas. Todo iso será narrado a través do teatro xestual, a música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown. Así, cando parece que todo esta perdido…a creatividade xorde abrindo un camiño inesperado.

O programa Cultura no Camiño está promovido dende a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais e ten como finalidade a programación de propostas artísticas variadas para o tempo de lecer naqueles concellos situados nos Camiños de Santiago.

Concello de A Guarda



As visitas ao monte Santa Trega modifican os seus horarios durante o mes de xullo

No mes de xullo, as visitas ao castro de Santa Trega verán reducidos os seus horarios por indisposición dun dos guías.

Polo tanto ata final de mes os horarios serán os seguintes: os martes ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00; os mércores e venres ás 18:00 e 19:00; e os xoves serán en horario de mañá ás 12:00 e ás 13:00 horas.

Durante a fin de semana non haberá visitas, agás o domingo 21 que se realizarán visitas pola tarde ás 18:00 e ás 19:00 horas.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

No mes de setembro regresarán as visitas guiadas regulares aos fins de semana ás 12:00h.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

Concello de A Guarda



Abertas as inscricións para o VII Torneo 3X3 Vila da Guarda

O sábado 27 de xullo será unha xornada moi deportiva na Guarda. Durante todo o día haberá música, bebida e comida, e, sobre todo, moito baloncesto na pista do Centro Cultural da Guarda.

O club de Baloncesto do Baixo Miño, organiza co Concello e ORPAGU, o VII Toneo 3X3 Vila da Guarda. As inscricións xa están abertas a través do correo club.baloncesto.bmb@gmail.com ou no formulario.

Os equipos deben de estar formados por 4 ou 5 persoas e pagar a inscrición de 50€ para desfrutar dun día que fusionará deporte, música e bo ambiente.

Concello de A Guarda



A Guarda recibe a visita do alcalde de Santa Tecla (El Salvador)

Esta mañá o Concello da Guarda recibiu a visita do alcalde da cidade de Santa Tecla (El Salvador), Henry Flores.

Santa Tecla é a sétima cidade máis poboada de El Salvador e conta con arredor de 200.000 habitantes. O seu alcalde, Henry Flores, visitou a Casa dos Alonso e falou cos concelleiros e o alcalde guardés sobre as festas de Santa Tecla a ambos lados do Atlántico.

Ademais, Henry Flores recibiu un agasallo de parte do Concello, e o libro de poemas "De mar a mar" de Feliciano Roldán para cada un dos compoñentes da pequena comitiva salvadoreña. Para rematar a súa visita, Flores asinou o libro de honra do Concello.

O alcalde de Santa Tecla soubo da existencia da Guarda por un amigo seu con ascendencia de Caminha (Portugal), quen lle falou sobre o monte Santa Trega.

Concello de A Guarda



Carrero deixa 1 ano "no caixón" o proxecto da Saída Sur ao Porto da Guarda.

" A tan ansiada saída sur ao porto, un proxecto que os/as socialistas estabamos sacando adiante coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e que quedara moi avanzado a finais da lexislatura pasada, leva todo un ano paralizado.

" A portavoz do partido socialista, Fátima Rodríguez, presentará unha moción ao pleno para que o actual equipo de goberno teña que comprometerse a seguir impulsando este proxecto.

As xestións para dotar á Guarda desta necesaria infraestrutura foran xa iniciadas a principios de marzo de 2017, ano no que o anterior alcalde da Guarda, Antonio Lomba, solicitou á Deputación de Pontevedra presidida pola socialista Carmela Silva, a redacción do proxecto desta infraestrutura, vinculada á humanización de Concepción Arenal.

Despois de anos de trámites e antes do remate da anterior lexislatura, conseguíase o informe favorable de Patrimonio ao proxecto proposto. E, en xuño de 2023, co mandato de Carrero xa iniciado, publicábase no DOGA o informe favorable da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, que definitivamente daba luz verde ao proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda.

Unha vez feitos estes trámites, que realmente eran os máis complicados, o actual alcalde debería ter "movido ficha" neste asunto durante este ano, pero non foi así. Fai unhas semanas solicitamos acceso ao expediente para saber en que punto se atopaba o tema, e cando nolo deron puidemos comprobar que todo o procedemento quedara paralizado xusto no punto no que nós o deixáramos.

Todo isto ven a demostrar, unha vez máis, que todos eses asuntos que parecían preocuparlle tanto a Carrero cando estaba na oposición e sobre os que facía tanta demagoxia, agora pasaron a un segundo ou terceiro plano.

Preguntámonos se este goberno vai a seguir paralizando todos os proxectos importantes para A Guarda, e se Carrero vai a seguir no seu papel de "alcalde ausente" os próximos tres anos de lexislatura.

Tamén nos gustaría saber se Roberto vai a preocuparse nalgún momento dos asuntos da Guarda, porque aínda que vaia aos eventos e se saque fotos para aparentar actividade, este alcalde non lle dedica suficiente tempo ao Concello, e ás probas nos remitimos: subvencións perdidas, proxectos paralizados, falta de mantenemento, ausencia de novas iniciativas, etc.

Nós, pola nosa parte, e demostrando o noso compromiso coa Guarda levaremos a pleno unha moción para que o equipo de goberno teña que comprometerse a seguir adiante con este proxecto, e sobre todo non se perdan todos os avances feitos desde 2017, avances aos que costou moito esforzo e tempo chegar.

PSdeG-PSOE A Guarda





Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais