|
19º aniversário do Aquamuseu com atividades para as famílias
Um sábado dedicado à interpretação de histórias ligadas à natureza e um domingo com visitas e entradas gratuitas. O 19º aniversário do Aquamuseu do Rio Minho é celebrado, nos dias 13 e 14 de julho, num ambiente familiar que concilia aprendizagem com diversão. Atividades são gratuitas.
No primeiro dia, a programação divide-se entre manhã, tarde e noite. Assim, para assinalar a efeméride in loco, a tradicional Hora do Conto passa da Biblioteca Municipal para as instalações do Aquamuseu. Ali, às 11h00, "Hóspedes Inesperados", conto inédito, com produção e execução de Carla Gomes, Esperanza Vasquez e Alma Giráldez. Contado em português e galego, e com música a complementar, a proposta é celebrar a magia do Rio Minho, realçando que nas suas águas correntes há criaturas tão misteriosas e cheias de encanto que são capazes de grandes feitos!
Da parte da tarde, 15h00, o Aquamuseu convida as famílias a assistir ao espetáculo "Tudo era Verde", da Central de Teatro, com encenação de Tiago Ferreira, e interpretação de Leandro Covinha e Tiago Ferreira. Trata-se de uma história de infância, adolescência e adulto de uma criança, uma árvore e um fiel amigo, o lobo. De acordo com a sinopse, "sobre campos que se perdem com o verde na natureza, os três amigos vivem emoções e partilham as suas brincadeiras e sentimentos. A natureza ao longo da história dá lugar ao cinza e a vida dos três amigos seguem caminhos diferentes. O cinza domina até que um 'botão' verde de esperança aparece".
À noite, decorre a tão participada atividade "Dormir com os Peixes". Crianças dos 7 aos 13 anos são desafiadas a ficar no Aquamuseu até ao dia seguinte, vivenciando uma experiência lúdico-pedagógica única, culminando com a pernoita num espaço totalmente diferente do habitual!
Para domingo está prevista, às 10h30, uma visita guiada encenada gratuita, em que um colaborador vestido a rigor e munido de diversos artefactos associados à pesca antiga vai dar a conhecer os vários espaços do Aquamuseu. Durante o período da tarde (14h00 às 18h00), as entradas no Aquamuseu são gratuitas para todas as pessoas.
Todas as atividades são de participação livre, com exceção da atividade "Dormir com os peixes", limitada a 20 participantes, e cuja inscrição é obrigatória, através de telefone 251 708 026 ou por email para aquamuseu@cm-vncerveira.pt
PROGRAMA
13 de julho (sábado)
11h00: Hora do Conto no Aquamuseu
"Hospedes Inesperados", conto inédito
15h00: Espetáculo Infantil
21h00: "Dormir com os Peixes"
14 de julho (domingo)
10h30: Visita guiada encenada gratuita
14h00 - 18h00: Entradas gratuitas
Concello de O Rosal
O Rosal celebra a vitoria do campión galego junior de ciclismo Iker Rodríguez
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes recibiron ao ciclista no Concello tras o seu recente triunfo no Campionato Estrada 24 de Moaña
O Rosal é canteira de grandes deportistas. O último en colleitar un novo éxito foi o ciclista Iker Rodríguez Lomba, integrante do Club Ciclista Padronés Cortizo que ven de proclamarse campión de Galicia na categoría junior no Campionato Estrada 24 de Moaña, un gran salto na súa carreira deportiva froito do esforzo e do traballo continuado dos últimos anos.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, recibiron ao ciclista rosaleiro no Concello para darlle os parabéns e entregarlle un pequeno agasallo en recoñecemento polos seus logros deportivos e por seguir levando o nome do Rosal a cada competición.
A rexedora expresou a inmensa alegría polo logro de Iker Rodríguez, destacando que "o seu triunfo é un orgullo para todo O Rosal. Iker é un exemplo de esforzo, dedicación e paixón polo deporte e esta gran vitoria reflicte de novo a importancia da nosa canteira e dar pulo ao deporte base". Algo no que coincidía Martínez Crespo, que salientou que "a formación de novos talentos como Iker é fundamental para garantir un futuro brillante para o deporte galego. Por iso dende o Concello seguimos apostando pola promoción deportiva e o apoio ás escolas deportivas, como a do Club Ciclista O Rosal".
Con esta recepción, o Concello quixo render unha merecida homenaxe a Iker Rodríguez a quen alcaldesa e edil animaron a seguir adiante coa súa carreira, confiando en que este será só un dos moitos triunfos que lle agardan no futuro.
Concello de O Rosal
O Rosal promove un verán cheo de actividades turísticas
O Concello ofrece visitas guiadas semanais ao Museo do Cabaqueiro e aos muíños do Folón e do Picón
A oficina de turismo abrirá este mércores 3 de xullo nas instalacións dos muíños do Folón
O Rosal prepárase para un verán cargado de turismo. Un ano máis, para desfrutar do lecer estival e guiar a veciñanza e visitantes, o Concello abrirá este mesmo mércores 3 de xullo de novo as portas da Oficina de Información Turística, un punto informativo situado no muíño número 1 do Folón ao que poderán acudir todas as persoas que queiran afondar no que ver ou do que gozar durante os seus días de estancia no municipio rosaleiro e na contorna.
A oficina permanecerá aberta ao público durante todo o verán en horario de mañá os mércores de 12.00 a 14.30 horas e venres e domingos de 11.00 a 14.30 horas e en horario vespertino xoves de 17.00 a 19.00 h e sábados de 17.00 a 20.00 horas.
Entre as actividade que destacarán este verán están as visitas guiadas semanais de balde da man dunha guía experta tanto ao Museo do Cabaqueiro como aos propios muíños do Folón e do Picón. As visitas ao Museo do Cabaqueiro serán todos os mércores de 11.00 a 11.45 horas, mentres que o percorrido polos muíños do Folón e do Picón serán os xoves de 19.00 a 21.00 horas.
Para participar nas visitas, as persoas interesadas deberán realizar inscrición previa chamando ao teléfono 618 02 99 16 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo visitasguiadas@orosal.gal indicando nome e apelidos das persoas participantes, DNI de todas as persoas asistentes e teléfono de contacto. En caso de que non haxa demanda nestas actividades, durante ese tempo manterase a oficina de turismo aberta.
O concelleiro de Turismo, José Carlos Martínez Crespo, convida a veciñanza e visitantes a participar nestas visitas guiadas xa que, como subliña, "son unha oportunidade única para coñecer en profundidade o noso rico patrimonio visitando exemplos únicos da nosa historia e cultura". Como sinala o edil, estas actividades forman parte dunha programación estratéxica coa que ao longo de todo o ano o Concello busca potenciar o turismo local e descubrir a rosaleiros, rosaleiras e turistas a riqueza do municipio.
Concello de O Rosal
O Rosal transforma o seu verán cunha morea de novidades e actividades para todos os públicos
O Concello prepara unha axenda estival que contará con novos programas como os 'Tardeos na Praza' ou dará novos folgos ao Rosal Cámara Fest
Trinta e dous días de festa no Rosal. O Concello vén de presentar a nova programación de verán, unha completísima axenda cultural e de lecer que promete uns meses de xullo e agosto cheos de música, cine, teatro e moitas actividades para todos os públicos, para todos os gustos e de balde.
"Temos lista unha programación con importantes novidades e melloras en eventos xa consolidados coa que quixemos ofrecer unha ampla variedade de actividades coas que achegar a cultura a todos os recunchos do noso concello dun xeito entretido, diferente e único. Este verán promete ser espectacular no Rosal", destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Como principal novidade, este verán o Concello programará os 'Tardeos na Praza', catro xornadas con actividades na Praza do Calvario para públicos moi diversos e que incluirán dende a música de Gold&Colt, o circo de niMU-Jacuzzi ou os contos para nenos e nenas de Tropa de Trapo ata un ciclo de cine coa proxección de 'Barbie' e curtametraxes. Este ciclo estrearase o 18 de xullo e rematará o 29 de agosto coa actividade de peche da programación estival.
A Feira do Viño será a encargada de dar o pistoletazo de saída a unha axenda de verán na que O Rosal Cámara Fest crece de forma notable con máis concertos e máis grupos implicados da Agrupación Musical do Rosal, organizadora do evento en colaboración co Concello. Nesta quinta edición haberá en total seis actuacións entre o 23 de xullo e o 14 de agosto que mesturarán música e patrimonio nun formato único que permite poñer en valor diferentes espazos.
Este verán tamén crecerá a Mostra de Cinema do Rosal organizada pola asociación Ghorghalado, que chega á súa cuarta edición ampliando programa e ofrecendo unha semana de proxeccións, así como estreando o seus premios ás mellores curtametraxes.
O Concello do Rosal continúa apostando pola Cultura polos Barrios con seis novas propostas que percorrerán diferentes recunchos rosaleiros do 29 de xullo ao 27 de agosto, dende espectáculos infantís ata música actual e tradicional ou noites de cine para desfrutar do verán.
A programación estival complétase cun novo espectáculo de Polo Correo do Vento durante o mes de xullo, un novo Encontro de Bandas e de Corais ou a celebración das Festas de Verán do Pilar, que contará cunha importante programación e un concerto estrela que se dará a coñecer nos vindeiros días. Levarase a cabo tamén a presentación dunha nova edición de Memoria Viva, que estreará un documental dedicado a Pepe O Buraco o vindeiro 19 de xullo no auditorio municipal e que se trasladará a Martín para poder desfrutar de novo desta proxección o 17 de agosto.
O Concello do Rosal convida a toda a veciñanza a participar e desfrutar dun verán cheo de cultura, música e diversión con esta ampla programación estival.
Concello de O Rosal
Eureka Reto Rural desfrutará do Rosal entre viñas e viñedos
O concello acolle a novena proba desta iniciativa de EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño dentro da programación da Feira do Viño do Rosal
Será o venres 12 de xullo ás 19.30 h. Inscricións xa abertas na web
A histórica tradición vinícola do Rosal reflíctese nun novo desafío de Eureka Reto Rural. O concello rosaleiro acolle a novena proba desta orixinal iniciativa posta en marcha por EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño para dar a coñecer o territorio dun xeito interactivo, divertido e aberto a todos os públicos. Unha nova cita na que o público irá resolvendo este escape room ao aire libre reto a reto para coñecer 'Entre viñas e viñedos, o sector vinícola do Rosal'.
O venres 12 de xullo as e os participantes poderán percorrer as rúas do Rosal para coñecer un pouco máis sobre a orixe do viño, as adegas e a súa produción, os mellores caldos do territorio ou a profesionalización do sector a través dunha decena de desafíos que porán a proba as habilidades mentais e físicas das persoas e grupos inscritos na actividade.
O escape room partirá ás 19.30 h da Praza do Calvario para desfrutar dunha ruta circular de dificultade moderada. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
A presidenta de EuRural, Sandra González, convida a todo o público a sumarse a esta nova aventura de Eureka Reto Rural, "coa que nos mergullamos de cheo no verán con novos desafíos ao aire libre coas que coñecer novos recunchos do noso territorio, así como a historia e a tradición dos concellos que forman parte del. É un orgullo ver que proba a proba veciñanza e visitantes únense no desfrute dunha actividade que nos permite amosar o noso lado máis turístico dun xeito diferente e único".
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, amosou a súa ledicia por ser o anfitrión dun novo desafío de Eureka Reto Rural, "unha actividade innovadora para desfrutar en familia que non só unirá a veciñanza e visitantes arredor de todo o proceso vitivinícola, senón que tamén nos permite seguir avanzando para desfrutar dunha extensa programación de enoloxía e lecer na nosa Feira de Cultivos do Rosal. O viño forma parte da nosa idiosincrasia, da nosa identidade e da nosa orixe pero tamén é un sector estratéxico no concello e este desafío é unha excelente maneira de achegarse a el e coñecelo".
O equipo gañador do escape room do Rosal poderá desfrutar dunha ruta en kayak ata San Simón, con experiencia intermareal, birdwatching e comida en Restaurante Casa Chano para seis persoas. Ademais, o Concello do Rosal sorteará tres lotes de produtos locais da tenda Paquín, especializada en produtos típicos galegos e das Rías Baixas.
As seguintes datas, concellos e temáticas dispoñibles tras Gondomar serán:
- 14 de xullo. Fornelos de Montes. 'Festa gastronómica da carne do Suído e da Chanfaina'.
- 20 de xullo. Tomiño. 'Camiño da Nosa Señora do Norte'.
- 27 de xullo. Pazos de Borbén. 'A emigración: As casas indianas'.
- 14 de agosto. Soutomaior. 'María Vinyals'.
- 20 de setembro. Redondela. 'A historia da nosa vila'.
Toda a información pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro están dispoñibles na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
EuRural
|