|
A escola Dansá marcha a Países Baixos
á final do Global Dance Open
A escola Dansá viaxa este domingo a Apeldoorn (Países Baixos) para competir na final do Global Dance Open. Desde o Concello dámoslle todo o noso apoio, xa que seguro que representarán A Guarda da mellor maneira posible.
A competición desenvolverase entre os días 9 e 14 de xullo. Compiten máis de 40 países, e a escola Dansá é a única escola galega de danza que acude á final. Na ronda clasificatoria de España conseguiron pasar a todas a súas categorías, mais finalmente só 7 persoas do grupo de baile poderán acudir.
Litus é a próxima cita do ciclo TocaMúsica da Guarda
A OMIX da Guarda volve co ciclo Tocamúsica. Desta vez, Litus, o líder da banda de Late Motiv de Andreu Buenafuente vén a visitarnos co seu show "Me voy d erumba, me voy de fiesta".
A través deste show, realizará unha selección delicatessen de temazos rumberos e algún que outro clásico do pop rock. Todo isto poderemos desfrutalo o xoves 11 ás 22:00 horas na rúa Vicente Sobrino.
A OMIX da Guarda prepara un obradoiro audiovisual
A OMIX da Guarda, a través do Fondo Galego de Solidariedade, organiza un obradoiro audivisual para elaborar vídeos breves, dirixido á mocidade entre os 15 e os 35 anos.
As persoas que participen deberán achegarse cos seus móbiles e/ou outros dispositivos de gravación (se os teñen). O traballo realizarase en grupo polo que non será preciso un móbil por persoa.
A actividade durará 3h aproximadamente e vai estar enfocada na creación audiovisual, co obxectivo de que desa mañá saian unha serie de vídeos que se poidan presentar ao concurso https://waterofthefuture.org/video-challenge
A xornada levarase a cabo o día 18 de xullo ás 10 da mañá nun aula municipal do Concello da Guarda. A inscrición levarase a cabo a través da OMIX do Concello da Guarda no mail informacion@aguarda.es
A Guarda instalará un aseo público autolimpiable e mellorará os seus recursos turísticos
O Concello da Guarda recibiu onte a visita do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Guerrera, para comprobar os resultados das axudas de Turismo de Galicia.
A subvención do ano pasado permitiu engadir unha serie de guías interactivas á páxina web. Ademais este ano apóstase pola recreación virtual do castro de Santa Trega. A parte das melloras virtuais, instalarase un aseo autolimpiable na rúa Manuel Álvarez, preto da praza Avelino Vicente.
Estas actuacións permitirán ofrecer novos servizos aos turistas que visiten A Guarda, así como aos veciños e veciñas que queiran coñecer máis sobre a nosa vila.
Esta convocatoria enmárcase no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.
ADOS instalará a súa unidade móbil
o xoves 11 de xullo na Guarda
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instalará a súa unidade móbil na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural da Guarda. Se as temperaturas son altas instalaranse a escasos metros, na rúa Baiona.
Todas as persoas que queiran doar poderán facelo de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas. Animamos a todas e todos a participar na doazón, xa que a recompensa é axudar a salvar vidas.
'Mar de blues' converterá A Guarda no epicentro mundial do blues
"Mar de blues" celebra a súa cuarta edición con máis artistas internacionais.O concello da Guarda xunto a Deputación de Pontevedra en colaboración con Mais que Blues-Onme e Cervezas Alhambra volverán facer da Guarda lugar de peregrinaxe e de encontro para todos os amantes da música.
O festival celébrase o 19 e 20 de xullo na Praza do Reló. O venres 19 a música estará a cargo de David L.H. e da Minnemann Blues Band, a partir das 21:30 horas.
O sábado celebrarase unha sesión vermut ás 12:30 horas amenizada polos galegos The Blues Moonshiners & friends. Eles tamén actuarán esa noite, na que tamén veremos no escenario a Little Orange e Dorrey Lin Lyles & Marcos Coll Band.
Deste xeito, Mar de Blues consolídase como un festival de referencia no mundo do Soul&Blues.
SOBRE OS ARTISTAS
David L.H.
É un xove músico da Coruña que sinte gran paixón polo grandes solitarios do Blues. El e a súa guitarra deleitarannos na Guarda.
Minnemann Blues Band
Este alemán mudouse aos 18 anos a Portugal e tras unha estapa con Rui Veloso, pai do rock portugués, inclínase cara o blues, fundando a súa banda coa que leva máis de 40 anos sendo un fos grandes pioneiros do xénero no país veciño.
The Blues Moonshiners
Esta banda destaca pola súa mestura de Blues tradicional, folk e country blues.
Little Orange
Sergio Laranjo escoitou blues dende neno e sentiuse hipnotizado por ela. O seu show é unha viaxe entre o pasado e o presente, onde a memoria de grandes do Hill Country Blues.
Dorrey Lin Lyles
Enérxica e carismática como poucas, Dorrey é dende 2007 membro permanente dos "The Very Best of Black Gospel", aparte de colaborar con numerosos proxectos musicais. Na Guarda estará xunto a Marcos Coll Band. Xuntos combinan a perfección todas a súas influencias musicais nunha mestura explosiva de jazz, gospel, blues&soul.
O Concello da Guarda renova a rede de auga da rúa Rosentes e do Camiño da Judela
O Concello da Guarda iniciou hai 10 días as obras na rúa Rosentes e no Camiño da Judela para a renovación integral da rede de auga.
A obra responde as demandas dos veciños e veciñas que sufrían cortes e un mal funcionamento do servizo de auga polas fugas que había nas tubaxes.
Con esta renovación integral preténdese garantir o servizo de auga á veciñanza sen que sufran máis inconvenientes no futuro.
A Guarda celebra este domingo o Día Internacional do Ioga cunha sesión gratuíta ao aire libre
Un ano máis unímonos ás celebracións do Día internacional do Ioga. Este domingo 7 de xullo ás 10:30 horas da mañá no dique norte, ao final do paseo marítimo, o Centro Awen Yoga ofrecerá una sesión de ioga gratuíta ao aire libre en colaboración co Concello.
Coincidindo coa Festa da Langosta nos trasladamos a unha nova contorna para estar preto do mar e cargarnos coa súa enerxía, ao mesmo tempo desfrutaremos dunhas marabillosas vistas do porto mentres facemos ioga.
O obxectivo desta actividade é celebrar este día e invitar a todas as personas a achegarse ao mundo do Ioga e que coñezan os seus beneficios.
Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais da Escola de Yoga - Centro Awen. A primeira parte estará enfocada aos máis pequenos para continuar cunha sesión de ioga para adultos, unha relaxación e algunha sorpresa máis.
Se podes respirar, podes practicar Ioga. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!
Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, roupa cómoda e unha manta ou coxín para a relaxación.
Teléfonos de información:
" Awen Yoga: 676 620 247 Elvira / 617 660 531 Iria centroawenyoga@gmail.com
" Concello: 986 610 000 (ext. 4023)
A Color Rain Festival convértese nun éxito para participantes de todas as idades
O sábado A Guarda tinguiuse de cores por unha boa causa: a solidariedade. Ninguén quixo perderse este evento; por alí pasaron nenas, nenos, rapazada, grupos de amigos e amigas, familias completas e gran parte do equipo de goberno da Guarda.
A tarde arrancou cunha actuación dedicada aos máis pequenos, a obra de monicreques "De Vilatriste a Vilalegre" do Centro Dramático Galego. A obra sacou risas desde os máis pequenos aos máis maiores.
A continuación, Alejandra, do centro Lioness Training, encargouse do quecemento do grupo cunha clase de zumba que moveu a todos os participantes. Foi aquí cando xa se empezou a tinguir de cor a liña de saída con ata dous cañonazos de cor.
A diversión chegou ata a liña de meta e estendeuse durante moito tempo despois, grazas á música e a entrega de premios como o grupo máis divertido, o máis numerosos e tamén aos primeiros clasificados e clasificadas.
Mais o importante era a participación nunha carreira solidaria que tiña como obxectivo axudar ao proxecto Fogares Sanxe, que pretende crear 30 vivendas destinadas á emancipación de 60 persoas con diversidade intelectual no antigo colexio das Carmelitas.
A Color Rain Festival convértese nun éxito para participantes de todas as idades
O sábado A Guarda tinguiuse de cores por unha boa causa: a solidariedade. Ninguén quixo perderse este evento; por alí pasaron nenas, nenos, rapazada, grupos de amigos e amigas, familias completas e gran parte do equipo de goberno da Guarda.
A tarde arrancou cunha actuación dedicada aos máis pequenos, a obra de monicreques "De Vilatriste a Vilalegre" do Centro Dramático Galego. A obra sacou risas desde os máis pequenos aos máis maiores.
A continuación, Alejandra, do centro Lioness Training, encargouse do quecemento do grupo cunha clase de zumba que moveu a todos os participantes. Foi aquí cando xa se empezou a tinguir de cor a liña de saída con ata dous cañonazos de cor.
A diversión chegou ata a liña de meta e estendeuse durante moito tempo despois, grazas á música e a entrega de premios como o grupo máis divertido, o máis numerosos e tamén aos primeiros clasificados e clasificadas.
Mais o importante era a participación nunha carreira solidaria que tiña como obxectivo axudar ao proxecto Fogares Sanxe, que pretende crear 30 vivendas destinadas á emancipación de 60 persoas con diversidade intelectual no antigo colexio das Carmelitas.

|