JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O BNG LAMENTA QUE O CONCELLO DA GUARDA NON CELEBRE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A celebración do día de Rosalía de Castro, dedicada á máis grande e universal escritora galega de todos os tempos, con recoñecementos e actos por toda a xeografía galega, foi esquecida por primeira vez desde fai anos na Guarda, polo goberno de coalición do PP e Celso Fariñas.

Rosalía representa a potencia da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa identidade como país. É unha figura que nos une e nos proxecta ao futuro desde o que somos.

O goberno do Concello da Guarda, unha vez máis colabora na negación dos referentes máis claros da nosa cultura, do noso idioma e das posicións máis comprometidas da nosa sociedade co progreso e a liberdade. Lembremos que fai só uns meses renunciaban tamén a unha subvención para o impulso do galego e a outra para a eliminación de simboloxía fascista.

Acoso e derribo contra o que somos e contra a nosa historia, produto da aposta antigalega e reaccionaria que o Partido Popular de Roberto Carrero trata de impoñer desde a súa chegada ao goberno, da man do concelleiro de cultura Celso Fariñas, que a única preocupación que ten, é ficar pegado a unha cadeira e o seu salario, aínda que iso supoña ir en contra dun cada día máis que dubidoso ideario ou atentar contra a memoria dunha figura como a de Rosalía de Castro.

BNG de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais