JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Rosal traslada o desfile do Entroido ao 25 de febreiro polas condicións meteorolóxicas

Fornelos e Novás manteñen a celebración do seu tradicional entroido con actividades para todos os públicos dende esta fin de semana ata o 13 de febreiro

Por mor das malas condicións meteorolóxicas causadas pola borrasca Karlotta, o Concello do Rosal adía para o día 25 de febreiro o desfile de entroido previsto para este domingo. O tradicional desfile, no que participarán preto dunha vintena de comparsas, carrozas, grupos e disfraces individuais xuvenil-adulto, manterá o seu horario e percorrido. Sairá ás 11.00 horas e percorrerá a rúa Xulio Sesto, dende a Rotonda da Feira e a rúa Ramón Franco ata o cruce coa Lomba.

"Queremos que todas e todos podamos desfrutar do entroido coa ledicia propia destas datas, por iso decidimos mover o desfile a unha nova data no que as condicións meteorolóxicas o permitan", explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora animou á toda a veciñanza a gozar do desfile o día 25 pero tamén a desfrutar dende esta mesma fin de semana da festa nos barrios con tradición máis carnavalesca do Rosal, Fornelos e Novás, "cunha veciñanza implicada e unhas comisións de festas que traballan arreo e ás que queremos agradecer un ano máis o seu esforzo e dedicación".

Fornelos prepara cinco días de música, gastronomía e actividades. A festa comeza este mesmo venres 9 de febreiro co seu tradicional Porco ao Espeto a partir das 19.00 horas e festival DJ con SaúlDeer e Gabryd dende as 23.00 h. O sábado 10 a festa comezará pola tarde con animación infantil ás 16.30 h e música dende as 22.00 h baile verbena co trío D'Lider, a orquestra La Travesía e DJ Jossi. O domingo 11 a actividade arrancará ás 16.30 h con pasarrúas polo barrio con Trebón dos Xidos e dende as 20.00 horas gran verbena ata que o corpo aguante co trío Xtra, a orquestra Saudade e KY Music. O luns 12 chega a tradicional corrida do galo ás 16.00 h e baile verbena dende as 20.00 h co trío Azar, a orquestra Solara e David Correa. Os cinco días de entroido rematarán o martes 13 coa tradicional Frixidela amenizada por un grupo sorpresa.

Pola súa banda, en Novás a programación do entroido arranca o domingo 11 de febreiro coa centenaria tradición da subida do maio ás 16.30 horas, seguida da actuación da murga Airiños do Cereixo e de xogos populares, inchables e chocolate quente con rosca para todo o público. O luns 12 ás 16.30 horas será a Gran Corrida do Galo, con toro mecánico na praza ao rematar para todos os públicos, e o martes 13 se porá fin ás festas coa tradicional Frixidela con pan de millo e viño amenizada pola música de Roberto Caco a partir das 18.00 horas.

Concello de O Rosal


O Rosal celebra este ano San Valentín doando sangue

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue estará na rúa Ramón Franco, 4, de 10 a 14 e de 16 a 21 h

O Rosal celebra San Valentín con moita solidariedade. Este 14 de febreiro unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), visitará o concello para todas aquelas que queiran achegarse a deixar a súa pinga solidaria.

O autobús estará na rúa Ramón Franco número 4, diante da sucursal de Abanca, e abrirá ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar máis información chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Ademais das 10 unidades móbiles que se desprazan cada día, a Axencia Galega mantén abertos sete puntos fixos nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a todas as persoas que o necesitan.

Concello de O Rosal


O Concello do Rosal imparte un novo curso de autodefensa para mulleres

Será o sábado 17 de febreiro no Centro Social Polivalente co obxectivo de dotar ás participantes de ferramentas para defenderse ante situacións violentas

O Concello do Rosal xa abriu a inscrición para participar nunha nova edición do curso de autodefensa para mulleres, unha iniciativa que busca dotar a todas as asistentes das ferramentas necesarias para poder afrontar e defenderse ante situacións violentas. O obradoiro, que será de balde, estará impartido por persoal especializado da Federación Galega de Loita pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

O curso celebrarase. No Centro Social Polivalente nunha única xornada o vindeiro sábado 17 de febreiro en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Trátase dunha actividade dirixida a mulleres de todas as idades cunha condición física normal a través da que se proporcionará adestramento físico e psicolóxico e protocolos de actuación, así como para dotar ás participantes de capacidades para a prevención de posibles situacións violentas.

Todas as mulleres interesadas en participar poden xa inscribirse chamando ao teléfono do Concello 986 625 000 ou enviando un correo electrónico a participacion@orosal.gal.

A actividade está subvencionada pola Xunta de Galicia.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais