Trala histórica mobilización en defensa da sanidade, o PP desembarca na Guarda a facer
electoralismo coa vella promesa de facer un CIS (Centro Integral de Saúde) para A Guarda.
O concello non dispón dos terreos nas Coutadas onde anuncian a construción do CIS. Terían pois que iniciar a adquisición deste terreo, cousa complicada, xa que o equipo de goberno da Guarda, non ten redactado nin aprobados orzamentos para este ano.
Este terreo non está catalogado no PXOM como terreo para equipamentos o que impide levar adiante este ou calquera outro proxecto nun prazo razoábel de tempo. Requiriría unha modificación do PXOM para transformalo en chan dotacional o que atrasaría o proceso antes de poder iniciar a construción do hipotético CIS.
Para Anxo Baz, portavoz do BNG "trátase dunha repetida promesa electoral do PP, que o único que pretende e agochar os recortes e a mala xestión da Xunta de Galiza en materia de sanidade".
O nacionalista rematou concluíndo "si o alcalde da Guarda, o Conselleiro de Sanidade e o PP tiveran intención de solucionar realmente os problemas reais en materia de sanidade que ten a nosa localidade, escoitarían as demandas da veciñanza e empezarían por dotar o Baixo-Miño dunha ambulancia medicalizada, dun dobre equipo médico para o PAC da Guarda, e por cubrir as prazas de falcultativ@s que están vacantes así como as baixas do persoal sanitario".
Ante a chegada repentina e intensa da choiva, as actividades que estaba previstas realizar en diferentes localizacións e prazas trasládanse á Carpa da Alameda
A programación de Entroido na Guarda está articulada fundamentalmente en torno ás actividades infantís e de animación musical, de xeito que entre o sábado e o luns á tarde haberá unha actividade festiva dirixida ás crianzas e familias seguida de animación musical a cargo dunha charanga da nosa contorna e o sábado á noite, Festa DJ a partir das 23.30h., centralizándose toda a actividade na Alameda.
SABADO 10
A programación comeza o sábada á tarde coa realización dunha Festa - Baile que incorpora un pequeno concurso de Disfraces, a disputar entre os asistentes. O Concurso contempla tres categorías diferentes: ao Mellor disfrace, ao Mellor disfrace en familia e ao Disfrace mais divertido. E para participar só hai que inscirbirse ao chegar ao recinto.
A continuación, a charanga Os Charamujas percorrerá as rúas da vila levando música, baile e diversión dende a propia Praza do Reló ata a Alameda. Será pola noite, a partir das 23.30h. c momento da Festa DJ na Alameda, a partir das 23.30h. a cargo de DJ Christian Pereira
DOMINGO 11
O domingo instalarese un pequeno circo para representar o espectáculo "O Show de Fifo", que presenta unha proposta participativa na que o paiaso Fifo non sabe se vive nun soño ou se sempre ten sono e coa axuda dos nenos a través de xogos, bailes, gags e risas, descubrirá se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar, creando un espectáculo de interacción constante co público moi divertido.
Tralo remate do espectáculo a Murgha Airiños do Cerixo ainmará a festa e o baile na Alameda, e se o tempo o permite percorrerá algunhas rúas.
LUNS 12
O luns de Entroido haberá en cambio unha dobre sesión de actividades, composta por un obradoiro de sombreiros de Entroido, para que os rapaces da Guarda podan facerse un sombreiro similar aos que se levan nalgunhas localidades galegas e a continuación a actuación do famoso Home Orquestra "Cé Orquestra Pantasma" (18:00h)
O Entroido non remata aquí, xa que queda aínda o Desfile de Entroido, que este ano cambiou a data e o percorrido, e que esperamos o tempo nos deixei celebrar o venres 16 de febreiro ás 20:00h. entre a Alameda e o Porto da Guarda.
ACTIVIDADE: PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO
LUGAR: A Guarda: Praza do Reló, Auditorio de San Benito, Alameda, Porto e diferentes rúas
DATA: Do 10 ao 16 de febreiro de 2024
HORA: A partir das 17.30h.
ORGANIZA: Concello da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda recórdalle ao goberno local e á Consellaría de Sanidade que a veciñanza guardesa leva anos esixindo a cobertura de todas as vacantes e baixas do centro de saúde, a dupla equipa de urxencias no PAC e unha ambulancia medicalizada no Baixo Miño.
A Plataforma sae así ao paso das declaracións de ambas institucións arredor da construción dun novo CIS na Guarda. Sabendo da necesidade de adecuar as instalacións e a infraestrutura sanitaria do noso concello, remarcamos que a máis imperante das urxencias é a dotación de persoal das mesmas. Consideramos este anuncio do PP como unha manobra desesperada de electoralismo, nada máis que fume, como é habitual en datas de campaña electoral.
Actualmente existen dous cupos médicos na Guarda sen médico asignado, seguimos tendo unha soa equipa no PAC e a ambulancia medicalizada máis próxima, no concello de Mos. Se o Partido Popular quere de verdade fortalecer a dotación sanitaria na comarca do Baixo Miño, ten na súa man cumprir coas medidas que a Plataforma leva anos demandando. Tomen nota do manifestado pola cidadanía galega o pasado 4 de Febreiro en Santiago de Compostela.