JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Obras de separación da rede de pluvias e renovación de servizos existentes obriga ao corte a Avenida de Portugal

Dende o luns e mentres duren os traballos o acceso dende A Guarda e Portugal ao centro urbano deberá facerse pola A55

O próximo luns comezarán na Avenida de Portugal as obras para execución da nova rede separativa de pluviais e renovación de servizos existentes por parte do Consorcio de Augas do Louro.

O luns comezarán os traballos a altura do número 22, polo que será preciso cortar este punto da rúa en ambos sentidos mentres duren as obras. Por este motivo o tráfico dende a estrada da Guarda ou dende Portugal cara ao centro urbano desviarase pola autovía, e mesmo dende o centro urbano cara a estrada da Guarda e Portugal. Así dende a intersección da rúa Martínez Padín, Colón, Augusto González Besada e Ourense, non se poderá circular en dirección á Guarda salvo residentes e servizos. Os vehículos deberán desviarse pola rúa Colón para acceder á autovía.

Os vehículos dende a estrada da Guarda ou dende Portugal se dirixan cara ao centro urbano deberán acceder a través da A55 tomando a entrada en Areas, xa que estará cortado o tráfico de entrada a Tui salvo a residentes e servizos.

A execución da nova rede separativa de pluviais e renovación de servizos existentes é o paso previo ao inicio das obras de humanización da Avenida de Portugal que nas próximas semanas executará o Concello de Tui.

Concello Tui


Música para celebrar o 12º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Un centenar de músicos de catro agrupacións tudenses e valencianas ofrecerán un concerto no Teatro Municipal o sábado 10

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario o próximo sábado, 10 de febreiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui nun concerto a cargo de catro agrupacións tudenses e valencianas.

En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

En concreto o repertorio a interpretar serán Balada Galega de Juan Montes; Reflexos Paisagísticos e Balada de Outono de Bernardo Lima; Alborada Galega de Pascual Veiga; Grândola, vila morena de Zeca Afonso; Uma Casa Portuguesa cpm arranxos de Amilcar Morais; Catro temas galegos de Manuel Mª Veiga; Cancoes de tradiçao de Luís Cardoso; Que viva Tui de José A. Veiga Paradis; e Havemos de ir a Viana con arranxos de Alvaro de Sousa.

Deste xeito sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical que a diario se produce na Eurocidade con músicos valencianos que estudan en Tui e músicos tudenses que o fan en Valença, ou que forman parte de agrupación da outra beira do Miño. Así a música continúa a tender pontes entre Tui e Valença.

As entradas para poderanse retirar, de forma gratuíta, dende ás 20 h, no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.

Concello Tui


O Concello de Tui traslada a parada de taxis a un ámbito estratéxico para a mobilidade

Dende mañá martes estará situada na rúa Ourense

Dende mañá martes, 30 de xaneiro, a parada de taxis de Tui cambia de emprazamento e situarase na rúa Ourense a carón da parada do autobús, en ambos sentidos.

O cambio do lugar da parada da, por unha banda, resposta a solicitude presentada polos propios taxistas, que dende hai tempo demandaban un cambio de ubicación para poder prestar un mellor servizo. Por outra banda co novo emprazamento sitúase a parada nun ámbito estratéxico para a mobilidade, xa que na rúa Ourense están tamén situadas as paradas do autobús, e está próxima ao centro de saúde, co que así se concentran os servizos de mobilidade urbana nunha mesma zona.

Concello Tui


Tui gañará espazo de prioridade peonil na Avenida da Concordia e en Areas dentro da Rede Ágora

A Deputación subvencionará unha parte importante da redacción dos proxectos

Establecer a prioridade peonil, mellorando a calidade xeral, e garantindo a accesibilidade universal serán os obxectivos dos proxectos que se van redactar na Avenida da Concordia e en Areas. Para a súa redacción o Concello de Tui recibirá unha subvención de 48.460,50 euros da Deputación de Pontevedra coma concello pertencente á Rede Ágora dentro da convocatoria para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables.

Así o Concello de Tui destinará 32.670 € á redacción do proxecto para o acondicionamento da conexión entre o río Miño e a PO-552 a través da igrexa de Santa Mariña de Areas. A Deputación subvencionará o 90% do investimento previsto que ascenderá 29.403€.

Actuarase nunha superficie de 4.721,52 m2 para acondicionar a conexión do centro do núcleo da parroquia de Areas, a carón da igrexa de Santa Mariña, até a ribeira do río Miño. O actual camiño asfaltado e sen beirarrúas transformarase cunha plataforma a nivel de uso mixto, con zonas pavimentadas con lousa, adoquín de granito u formigón lavado e zonas verdes, integrando o arborado existente e introducindo novas zonas con elementos vexetais. O proxecto a redactar deberá contemplar tamén a dotación de mobiliario urbano e iluminación. A superficie de uso peonil incrementarase en 1.129,01 m2 o que supón un 223%.

Por outra parte para a redacción do proxecto de acondicionamento da Avenida da Concordia no tramo dende o Paseo da Corredoira até a rúa Mártires de Sobredo o Concello ten previsto investir 21.175€ dos que a institución provincial aportará 19.057,50€, o 90% do total. Actuarase nunha superficie aproximada de 7.802,46 m2 dende o cruzamento da Avenida da Concordia co Paseo da Corredoira, até o cruzamento coa rúa Mártires de Sobredo. Trátase dunha das vías principais de acceso ao centro urbano, e na que se atopan equipamentos coma o CEIP nº2, o IES Indalecio Pérez Tizón, e o Conservatorio Profesional de Música. Prevese incrementar a superficie peonil en 1.505,06 m2, o que supón un 64,6%. O proxecto establecerá prioridade peonil, mellorando a calidade tanto dende o punto de vista arquitectónico como ambiental.

Os espazos proxectados estarán deseñados de xeito que garantan a accesibilidade universal e devolvan o uso principal do espazo público aos peóns, doten de espazos seguros e amables de estancia aos maiores e faciliten o seu uso por nenos e nenas de xeito autónomo, a causa do cambio de prioridades de mobilidade e as limitacións de tráfico e velocidade.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais