JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Aberto o paso entre a praza da Estrela e o Paseo Fluvial

Realizouse a estabilización e ancoraxe dos muros tras as choivas rexistradas no outuno

As escaleiras que comunican a praza da Estrela e o Paseo Fluvial poden ser xa empregadas de novo. A zona abriuse de novo ao paso peonil na tarde de onte.

O Concello de Tui viuse na obriga de pechar este paso por seguridade no mes de outubro tras as grandes gretas e o desprazamento do muro rexistrado debido as fortes choivas.

Tras a diagnose da situación os primeiros traballos consistiron na estabilización do muro e posteriormente a súa recolocación, empregando con ancoraxes metálicas roscados e aplicando unha presión puntual lenta para que volvese á situación inicial. Finalmente realizouse suxección destes ancoraxes mediante resinas. O mesmo procedemento coa colocación de sistemas de ancoraxes aplicouse ao resto de muros existentes en todas as escaleiras.

Previa a súa apertura no día de onte o técnico municipal e persoal da empresa contratada revisaron os traballos realizados.

Concello Tui


A camelia protagonista da fin de semana en Tui

O Claustro da Catedral acolle a IX Mostra organizada por ATUCA

A camelia será protagonista da fin de semana en Tui coa celebración da IX Mostra da Camelia Cidade de Tui no Claustro da Catedral. O Concello de Tui colabora un ano máis neste evento organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia.

Mañá sábado, ás 12.30 h, terá lugar a inauguración que contará coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Tui, do Cabido da Catedral, da Sociedad Española de la Camelia e da International Camellia Society, e de ATUCA.

No Claustro da Catedral comezará mañá sábado a primeira hora a montaxe dos 123 metros de exposición, nos que un total de 75 persoas de Galicia, Asturias e Portugal, amosarán distintas variedades desta flor, algunhas delas novidosas que se exporán por vez primeira.

A IX Mostra da Camelia Cidade de Tui A IX Mostra da Camelia poderá visitarse mañá sábado de 16.30 a 20.30 h e o domingo de 10 a 14 h e de 16 a 20 h. Mañá no acto inaugural actuará o grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, e o domingo na clausura a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro, que previamente, dende ás 18 h fará un pasarrúas pola cidade até rematar na praza de San Fernando.

Dende o Concello de Tui destácase a importancia desta mostra, que abre o calendario anual de exposicións da Sociedade Española da Camelia, que traerá a Tui a centos de persoas afeccionadas á coñecida coma flor da invernía.

O Concello de Tui traballa dende hai tempo para poder formar parte da Ruta da Camelia, que constitúe un importante atractivo turístico, que sumar ao legado patrimonial, histórico, cultural e natural que posúe a cidade.

Concello Tui


A XLIII Regata Miño Internacional reúne a 27 barcos galegos e portugueses de 4x e 8+ este sábado en Tui

O Remo do Miño abre con esta regata as celebracións do seu 50 aniversario

Un total de 27 embarcacións, de 4x e 8+, de 14 clubs galegos e portugueses participarán este sábado na XLIII Regata Miño Internacional. A proba está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

A casa do concello de Tui acolleu esta mañá a presentación da proba que correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, do director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, do presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, e da tesoureira, Aurea Gil.

A Regata Miño Internacional sairá este sábado, 20 de xaneiro, ás 11 h dende Currás para realizar un percorrido de 6 quilómetros até a liña de meta fronte á rúa Olímpicos Tudenses, onde está situado o Centro Municipal de Remo. Participarán un total de 27 embarcación de 14 clubs. Serán os galegos Remo do Miño, Remo Tui, Club Remo Vigo, Ría de Marín, Remo Chapela, Club Mar de Noia, Club Remo San Felipe, Cabo de Cruz, e os portugueses Clube Fluvial Vilacondense, Viana Remadores do Lima, Sporting Clube Caminhense, ADCJC Remo Cerveira, xunto ás embarcacións mixtas do Remo do Miño- Cabo Cruz- Marín-Caminha, e o Coruxo-Ría de Marín. En 4X haberá 9 embarcacións masculinas e 7 femininas. En 8+ competirán 7 barcos na categoría masculina e 2 na feminina, e tamén participarán 2 barcos 8+ veteranos masculinos. A saída farase por tandas de cinco embarcacións comezando polos 4x.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou ao Club Remo do Miño polo seu 50 aniversario, agradecéndolles o traballo realizado "para que o remo sexa unha referencia deportiva histórica neste concello". Engadiu que "os deportes de río son unha das sinais de identidade de Tui. Tui é unha potencia en remo, e é algo do que nos sentimos orgullosos". Tamén destacou o rexedor tudense coma a Regata Miño Internacional é unha proba histórica no amplo calendario deportivo tudense, ao tempo que agradeceu a colaboración doutras institucións, coma a Xunta e a Deputación, neste evento. Rematou a súa intervención o alcalde de Tui asumindo o compromiso de "seguir mellorando o Centro Municipal de Remo e o seu entorno".

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, destacou na súa intervención o agradecemento ao presidente e á directiva do Club Remo do Miño "por esta proba espectacular", ao tempo que convidou ao público a achegarse á beira do río para presenciar esta regata.

Manuel Ángel González, o presidente do Club Remo do Miño destacou que a Regata Miño Internacional "debe ser a proba máis antiga destas características que se celebra na península ibérica". Salientou que polo tipo de adestramento que nestes momentos realizan os clubs esta proba é moi interesante, engadindo que polas características do río Miño tamén é a máis axeitada. Amosou a súa satisfacción por "como vai transcorrendo ano a ano". Manuel Ángel González salientou por outra parte coma con esta regata comezan a celebración do 50 aniversario do club.

A tesoureira, Aurea Gil, destacaba coma as remeiras foron gañando protagonismo nesta proba, con maior participación ano a ano, ao que o presidente do Club engadía que na actualidade no club xa teñen máis fichas de deportistas femininas que masculinos.

O director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, destacou o apoio da Federación a esta proba salientando que "a nivel deportivo é unha regata moi interesante". Referiuse á dificultade para formar unha embarcación de 8 - coma tamén antes o fixera o presidente do Remo do Miño - polo que dicía "é de valorar o que se está conseguindo". Tamén quixo destacar que "que o club cumpra 50 anos e organice unha regata que celebra a súa 43 edición sendo un referente nacional e internacional". Agradeceu a colaboración do Remo do Miño tanto na organización da regata coma na colaboración para acoller en Tui concentracións da Selección Galega de Remo, coma as que tiveron lugar na primeira semana do ano. O propio Juan Zunzunegui competirá este sábado na Miño Internacional.

Concello Tui


Até o 8 de febreiro pódese visitar na oficina de Turismo a mostra fotográfica "Expo Cuir"

Recolle os retratos realizados por Zoe Vixion no festival Agroguir

"Expo Cuir" é o título da exposición que Zoe Vixion presenta até o 8 de febreiro na Oficina Municipal de Turismo de Tui. Na mesma á través da fotografía reflexiona sobre os dereitos humanos, a diversidade e o respecto.

Profesional das artes escénicas, dirección, iluminación con numerosos reportaxes no seu currículo creou unha nova marca persoal Zoe viXión a través da que coas súas reportaxes busca normalizar a colectivos. Esta mostra, que agora se presenta en Tui, foi realizada no festival Agroguir reflectindo o respecto e a diversidade coma orixe da convivencia.

A concelleira de Igualdade e Turismo, Ana Núñez, visitou a mostra xunto á persoa autora, convidando a visitala no céntrico Paseo da Corredoira. O horario de visita é de martes a domingo de 10.30 a 13.30 h e de 16 a 19 h.

Concello Tui


O Concello de Tui pon en marcha unha nova campaña de apoio ao mercado de comercio local

Coincide co período de rebaixas e a celebración do Entroido. Haberá sorteo de experiencias gastronómicas

"O teu mercado, a túa xente" e "O teu comercio, a túa xente" son os lemas da nova campaña de dinamización e promoción do mercado de abastos e comercio local posta en marcha polo Concello de Tui coincidindo coa celebración do Entroido e o período de Rebaixas.

O obxectivo é poñer en valor a contribución deste sector ao desenvolvemento da cidade e os valores de apoio á veciñanza e de orgullo polo propio.

A iniciativa publicitaria vai a estar baseada na elaboración de pequenas historias ou experiencias "reels" dando protagonismo aos e ás comerciantes que ofrecen todo o que a veciñanza precisa coa mellor calidade e moi centrada no produto típico destas datas, así como nas rebaixas.

Tamén terán protagonismo as persoas compradoras para as que se incentivará a súa participación co sorteo de premios de experiencias gastronómicas na restauración local ou con produtos do comercio local. O sorteo activarase o luns 29 de xaneiro na conta de Instagram e Facebook de QUEROTUI. As persoas participantes interactuarán coa campaña a través das súas recomendacións de produtos ou establecementos do comercio local desde o luns 29 de xaneiro ata o mércores 14 de febreiro de 2024. As condicións para participar serán publicadas na vindeira semana.

Esta campaña forma parte do proxecto de "Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui" que contan cun investimento de 1.338.844,00 euros financiados con fondos Next Generation, tras ser beneficiario do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno de España.

Mercado renovado e con novas prestacións

Esta campaña, ao igual que novas accións publicitarias que se van realizar, buscan posicionar a Tui como un destino de interese de cara a reapertura do novo mercado cunha imaxe modernizada, mellores prestacións para comerciantes e compradores e zonas atractivas para asistir en familia. A empresa tudense Plaintec está a executar a obras, adxudicada o pasado mes de novembro por un importe de 1.322.706,42 euros, cun prazo de execución de 8 meses.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destaca que este importante investimento xunto co fortalecemento e promoción comercial suporá unha potente acción dinamizadora que se vai notar noutros sectores como o turismo ou a restauración.

Concello Tui


Presentación do libro de poemas "Mis dos amores" da tudense Inés Martínez

Será o próximo luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez

O vindeiro luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, terá lugar a presentación do libro de poemas "Mis dos amores" da moza tudense, de 15 anos de idade, Inés Martínez.

Nesta presentación a autora estará acompañada polo profesor Felín Romero Lorenzo e por Ángela Martínez Gómez que abordarán nas súas intervencións, respectivamente, o comentario deste libro así como unha visión da traxectoria poética da autora, que a pesar da súa idade leva moito tempo dedicada con intensidade á creación literaria.

En palabras de Inés Martínez neste o seu primeiro libro pretende recoller á poesía "coma unha arte de vida". Nesta obra recolle unha escolma da súa produción literaria pois xunto aos poemas se editan diversos relatos centrados en temática arredor da "paixón, a traizón, un novo comezar, un novo amor."

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, congratúlase por esta presentación do libro "Mis dos amores" obra prima de Inés Martínez por canto significa a incorporación dunha nova autora ao panorama da vida cultural tudense, valorando especialmente o empuxe desta moza de 15 anos que se estrea cunha obra literaria moi atraínte. Dende o Concello de Tui exprésase o compromiso de apoio e promoción ao novos valores no ámbito cultural por canto significan un enriquecemento do panorama da cultura de Tui.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais