JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Alcaldesa visitou o centro de día de Tomiño acompañando ao Delegado da Xunta

A alcaldesa lembroulle que o Concello vese obrigado a asumir 250.000 euros polo Centro de Día e as dúas escolas infantís, cando estes servizos non son de competencia municipal

No día de onte, o Delegado da Xunta Agustín Reguero xunto co xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, realizaron unha visita ao centro de día de Tomiño, onde estiveron acompañados pola Alcaldesa, Sandra González, así como polos concelleiros Cristina Martínez e Rubén García.

Durante a visita, a Alcaldesa expresou a preocupación do Concello en relación ao pago desproporcionado que Tomiño realiza polos servizos de competencia non municipal xestionados a través do Consorcio Galego. Situación que afecta particularmente ao centro de día e as dúas escolas infantís da localidade.

A obriga que a Xunta de Galicia lle impón ao Concello de Tomiño de asumir o coste destes servizos, resulta nunha carga financeira que ascende a preto de 250.000 euros, segundo os orzamentos para o ano 2024. Sandra González subliñou que, mentres que a Xunta esixe o cofinancimento por parte do concello (2500€/ano por usuario no centro de día e 900€/ano máis os gastos de mantemento nas escolas infantís), non se concede ningún tipo de decisión consorciada, limitando a capacidade do Concello para influir na xestión destes recursos tan esenciais.

A situación resulta especialmente gravosa para Tomiño, xa que este vese na obriga de asumir o coste das prazas daqueles usuarios que son veciños da localidade, mentras que, pola contra, os demais concellos da contorna que teñen veciños dos seus municipios como usuarios deste mesmo centro de día, non están obrigados ao cofinanciamento das súas prazas só polo feito de non contar coa devandita infraestructura.

Respecto as escolas infantís, a inxustiza tamén se reflicte no mantemento do copago aos concellos, a pesar da implantación da universalización da educación infantil 0-3 anos desde setembro de 2022, incluindo as escolas privadas, o Concello de Tomiño, que conta con dúas escolas infantís públicas consorciadas, sofre o copago imposto pola Xunta.

A Alcaldesa instou ao Delegado a abordar todas estas cuestións para solucionar a inequidade orixinada e recalcou a importancia de que a Xunta asuma a totalidade dos costes daqueles servizos que son da súa exclusiva competencia.

Concello Tomiño


Tomiño demanda á Xunta máis de 600.000€ por verse obrigado a financiar servizos sociais de competencia non municipal

A Xunta obriga ao Concello a asumir máis de 250.000€ polas dúas escolas infantís e o centro de día da localidade, mentras que nos concellos con escolas privadas financia a totalidade do servizo

O Servizo de Axuda no Fogar, competencia exclusiva da Xunta de Galicia, supón preto de 400.000 euros dos fondos propios municipais

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal, celebrado o pasado 19 de decembro, unha moción para abordar o financiamento dos servizos sociais de competencia non municipal. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG, quen impulsou a iniciativa, e do PSOE, e coa abstención do PP.

Coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, as competencias dos Concellos sobre os servizos sociais diminuiron, manténdose unicamente a responsabilidade en materia de avaliación e información de situacións de necesidade social e de atención inmediata a persoas en risco de exclusión social. Non obstante, o Concello segue tendo que asumir unha parte do financiamento de servizos como o Servizo de Axuda no Fogar ou aquel relacionado coas prazas ofertadas no centro de día e nas escolas infantís.

O financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, que forma parte da Lei de Dependencia, está contemplado a partes iguais entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas. Se ben, o Concello de Tomiño consigna case 400.000 euros de fondos propios tras licitar o servizo cuns costes de 19€/hora, fronte os 11.5€/hora que financian as mencionadas administracións competentes na materia.

A moción tamén aborda a situación do centro de día e das escolas infantís do municipio, xestionadas a través do Consorcio Galego. A Xunta impón un cofinanciamento ao Concello, xerando custos que ascenden a preto de 250.000 euros segundo os orzamentos para este 2024. O Grupo Municipal do BNG critica que a Xunta financie completamente as escolas infantís privadas nalgúns concellos, pero que, a súa vez, esixa a concellos como o de Tomiño copagar por servizos semellantes que, pola contra, si son de carácter totalmente público.

Por elo, dado que o Concello destina neste momentos máis de 600.000 euros de fondos propios a servizos que non son da súa competencia, a proposta de acordos da moción busca instar á Xunta de Galicia e á Administración Xeral do Estado a asumir o financiamento íntegro dos mesmos. Na mesma liña, tamén se lle solicita á administración autonómica a asunción do 100% dos costes do centro de día e das escolas infantís, servizos que esta xestiona en exclusiva de xeito unilateral.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais