JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A rapazada de Oia descubre o patrimonio local e historias de mulleres con Cristina de Pizan

A rapazada de Oia vén de coñecer a Cristina de Pizan a través de diversas actividades que combinan patrimonio e igualdade. Muller do século XV considerada a primeira escritora profesional da historia, Pizan foi a autora do libro "A Cidade das Mulleres", escrito no ano 1405 e no que reivindica a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Ademais manter encontros coas nenas e nenos, Cristina exerceu de guía de excepción por algúns espazos patrimoniais do concello onde o traballo que desenvolveron moitas mulleres no pasado aínda se atopa presente.

Cristina visitou Oia en varias ocasións, onde puido descubrir o rico patrimonio etnográfico dos núcleos do Arrabal (Santa María de Oia) e Torroña (Burgueira) e tamén coñecer ás nenas e nenos que habitan no concello. Ela contoulles como era a vida das mulleres no seu tempo e, curiosa como é, decidiu aproveitar a ocasión para preguntarlle á rapazada cal é a situación actual. Deste xeito puideron reflexionar sobre se hai avances en materia de igualdade e que podemos facer cada un de nós para que a sociedade siga mellorando neste eido.

Estas actividades foron organizadas polo Concello de Oia co apoio das subvencións da Deputación de Pontevedra dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2023. Para o desenvolvemento do proxecto o concello financiou 1.292 euros a través das axudas provinciais e fixo unha achega de 160 euros de fondos propios.

O Arrabal e Torroña

O alumnado do CEIP Mestre Manuel García foi o primeiro en participar nas actividades con Pizan. Durante o pasado mes de novembro fixéronse encontros con Cristina e visitas guiadas por ela mesma nos barrios do Arrabal e a Riña, parando en muíños, lavadoiros, a praza de Xulia Suárez, o antigo cárcere de mulleres e algúns puntos da costa, entre outros espazos. En cada lugar, e baixo as explicacións da propia Cristina, o alumnado puido coñecer (e incluso experimentar) a dureza e sacrificio que supuñan moitos traballos tradicionalmente femininos que, pola contra, adoitaban ser moi pouco valorados.

A programación pechouse o 28 de decembro en Torroña, cun obradoiro gratuíto incluído na programación de Nadal do Concello. Por mor do mal tempo, que imposibilitou desenvolver a saída prevista polo patrimonio de Torroña, o grupo quedou nas antigas Escolas realizando distintas dinámicas e traballos manuais arredor do patrimonio e igualdade. O resultado final foi un fermoso mural como homenaxe a mulleres de distintas épocas que fixeron historia pese as dificultades e falta de recoñecemento que sufriron no seu momento. Así, a partir dunha ilustración do libro da escritora do século XV, o grupo foi construíndo toda unha "Cidade das Mulleres" soñada por Pizan hai máis de 600 anos.

Concelho de Oia


A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o martes 2 de xaneiro

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este martes 2 de xaneiro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.

Os requisitos xerais para facer unha doazón de sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico doadoressangue.ados@sergas.gal e a web https://ados.sergas.gal

A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas. En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.

Concelho de Oia


Compostaxe doméstica, clave para a redución do lixo en Oia

O Concello de Oia proporcionará, de balde, composteiros e asesoramento para que a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, poida autoxestionar os residuos orgánicos que se producen no fogar

Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.

É por este motivo polo que, dende o Concello, anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica. Grazas a ela, no só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.

Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web no enlace https://oia.rsu.gal/ ). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.

Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Concelho de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais