JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Obradoiro dual de emprego mellorará a senda dende a praia de Areeiros até Caldelas

Vinte persoas formaranse durante un ano nas especialidades de forestal e madeira

Un total de vinte persoas comezaron a súa formación nas especialidades de "Forestal" e "Madeira" no novo obradoiro dual de emprego "Senda río Miño: Areeiros-Penedo" que foi presentado este mediodía na casa do concello de Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiron o acto que contou tamén coa presenza da concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o xefe territorial do xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualade, José Antonio Rodríguez, xunto á directora do obradoiro, Mª Dolores Pérez, persoal técnico e docentes e o alumnado.

Neste acto o alcalde, Enrique Cabaleiro, reafirmou "o compromiso de traballo para pór en marcha accións para mellorar a empregabilidade das persoas". Destacou coma neste obradoiro cúmprense dous obxectivos, por unha banda a formación das persoas e por outra realizar actuacións importantes que quedan no territorio. Destacou os catro obradoiros e os catro programas integrados de emprego desenvolvidos ao longo dos últimos anos, o que dicía "amosa o compromiso do goberno local e da Xunta para pór en marcha iniciativas de mellora da empregabilidade". Agradeceu á Xunta de Galicia o investimento que realiza neste eido.

Pola súa banda o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, na súa intervención quixo deixar tamén constancia do compromiso da Xunta co emprego. Dirixíndose ao alumnado indicoulles que "esta é unha oportunidade importante que debedes aproveitar para formarvos e para acceder a un posto de traballo", ao tempo que dicía "deixades unha pegada importante no voso pobo" en referencia ás obras que se executan neste tempo de formación.

Ao longo do próximo ano o Obradoiro traballará no proxecto de mellora da accesibilidade da Senda PRG-19 (Tui-Caldelas-Tui), no tramo comprendido entre a Praia de Areeiros e Caldelas de Tui, até conectar co Sendeiro Municipal do río Miño entre o río Caselas en Tui e o Parque Municipal da Canuda.

A actuación prevista realizarase nun tramo de 6.535 metros á beira do Miño nas parroquias tudenses de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas de Tui, mellorando a accesibilidade e establecendo zonas de lecer e descanso, para poñer en valor a súa contorna e achegar á poboación os recursos paisaxísticos e patrimoniais que se atopan neste entorno coma é o caso do Petróglifo das Carneiras, a Ínsua de Mouros, o xacemento de Igrexa Vella, o local social de Augas Termais de Caldelas de Tui e o xacemento romano do Pombal.

A Xunta de Galicia aporta 530 mil euros e o Concello de Tui 180 mil para a realización deste obradoiro.

Concello Tui


O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal

A aplicación municipal, posta en marcha en 2020, será actualizada este mes mellorando servizo que presta de comunicación coa cidadanía

O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal posta en marcha no ano 2020. A aplicación, de descarga gratuíta en Play Store e App Store, co nome de "Concello de Tui" permite o acceso ás noticias, á axenda, ao rueiro, a rutas, directorio, vídeos, ou servizos municipais. Amais as persoas usuarias reciben avisos mediante unha alerta tanto de eventos culturais ou deportivos, coma de avarías ou incidencias de tráfico.

Amais a APP permite enviar unha incidencia, achegando a xeolocalización, fotografías,… e estando informado do estado da mesma, o proceso e a resolución.

Das mil incidencias que se presentaron de media cada ano dende a posta en marcha da aplicación, foron resoltas favorablemente o 66%, o 29% están en proceso, e o 4% non procede. Dos avisos enviados pola cidadanía o 33% teñen que ver con iluminación, o 26% con pavimentos e sumidoiros, o 9% con tráfico e sinaléctica, o 8% con parques e xardíns,…

Deste xeito a APP é unha xanela aberta de comunicación as 24 horas dos 365 días do ano. Neste mes de decembro a aplicación será actualizada mellorando así o servizo que presta de comunicación coa cidadanía.

Dende o Concello de Tui convídase á cidadanía a descargar no seu dispositivo móbil a aplicación para ter así directamente a información de novas, axenda, avisos… e tamén poder presentar dende a mesma as incidencias que correspondan.

Concello Tui


A exposición "Re-construíndo os soños con ladrillos" achéganos ás construcións infantís e a maquetas de monumentos tudenses

Está organizada polo maquetista tudense Luis Arias Rodríguez

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a exposición "Re-construíndo soños con ladrillos" unha mostra de maquetas e construción infantís realizadas por Luis Arias Rodríguez, veciño de Tui e membro da Asociación Exin Castillos y West.

Como sinala o propio maquetista, "co xoguete faise historia, dicía un anuncio dos anos 70 do pasado século, e nesta mostra cos ladrillos de Exin Castillos (de patente española) podemos construír e reconstruír soños, tanto dos nenos actuais como dos que, hai ano,s fomos nenos".

Na exposición podemos contemplar maquetas con aventuras en castelos, cos Pitufos, con Shrek, con Lucky Luke, cos fortes do Oeste americano e mesmo a irredutible aldea gala de Asterix. Una escolma que nos permite xogar e imaxinar sen limites.

Completa a exposición diversas maquetas históricas de Tui: nesta caso a igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, un dos fitos patrimoniais tudenses, e as escavacións arqueolóxicas no seu subsolo, datadas nos últimos tempos do Imperio Romano e nos inicios da Alta Idade Media, ou a gran cruz monumental do monte Aloia, levantada pedra a pedra, no ano 1900.

Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, agradece o traballo de Luis Arias na montaxe desta exposición, que está convencida resultará de interese tanto para a rapazada tudense como para os adultos que evocaran os seus xogos e xoguetes de construción da súa infancia. Esta mostra permite achegarnos ao mundo das construcións e os xogos con Exin Castillos, pero tamén a unha parte escolmada do patrimonio cultural tudense, a través das maquetas realizadas con habelencia por Luis Arias Rodríguez.

Esta exposición está aberta ata o 5 de xaneiro, de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h, e os sábados de 9 a 13 h.

Concello Tui


A II San Silvestre Solidaria de Tui agarda superar as 600 persoas participantes

Celebrarase o domingo 31 ás 10.30 h. A inscrición está aberta ate ás 22 h do xoves 28. Será solidaria coa AECC

A San Silvestre Solidaria de Tui agarda bater un novo récord de participación, superando as 600 persoas participantes, na súa segunda edición o próximo sábado 31 de decembro. A proba foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui.

II San Silvestre foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui polo alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a presidenta, Cristina Piñeiro, e a vicepresidenta, Laura Solla, do Club Atletismo Tui, a delegada no Baixo Miño da Asociación Española Contra o Cancro, Pilar Barbosa, a traballadora social, Carmen González, e o xerente de COPLEGAL, unha das empresas colaboradora, Jesús Vaz.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, manifestou o seu agradecemento a todas as persoas que fan posible a celebración desta proba pola súa "participación e compromiso" nun evento lúdico-festivo-deportivo e cunha vertente solidaria. Nese senso quixo pór de manifesto o traballo que ao longo dos 365 días do ano realizan dende a AECC, entidade para a que serán as doazón recollidas na carreira. Enrique Cabaleiro reafirmou "o compromiso desta institución con todas as probas de carácter solidario".

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, agradeceu a boa acollida que está a ter esta segunda edición da San Silvestre, amosando o seu convencemento en que se van superar as cifras de participación de 2022. Salientou coma a proba é "unha festa popular para que os nenos e nenas e as súas familias disfruten". Tamén amosou o seu agradecemento ao Club Atletismo Tui, á AECC e ás empresas colaboradoras.

Laura Solla, do Club Atletismo Tui, salientou na súa intervención coma "Tui é unha cidade que vai co deporte, que se envorca co deporte". Indicou que a día de hoxe van xa 424 inscricións, polo que agardan superar as 600 persoas participantes, nunha proba sinxela de catro quilómetros que se poderá facer correndo ou andando, que será unha festa. Facía un chamamento para que o día da San Silvestre se acuda con suficiente antelación á recoller os dorsais, e tamén, por cuestións organizativas, non deixar a inscrición para o último día que será o xoves 28.

Pilar Barbosa, a delegada no Baixo Miño da AECC, sinalou que grazas a iniciativas coma estas poden seguir axudando a familias e persoas cunha enfermidade oncolóxica. Fixo amais un chamamento a sumarse á asociación coma voluntarios e voluntarias, un labor que dicía é moi gratificante, para o que as persoas interesadas poden contactar co 647 77 19 98.

A traballadora social do Concello de Tui, Carmen González, quixo tamén agradecer o seu traballo a todas as persoas os que se involucran nesta San Silvestre, e a Pilar Barbosa e á AECC pola axuda que prestan ás familias e persoas que están pasando por un proceso oncolóxico.

A II San Silvestre Solidaria de Tui "Correr e Andar" sairá o domingo, 31 de decembro, ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un sinxelo percorrido de catro quilómetros polo centro urbano. As persoas que desexen participar pódense inscribir até ás 22 do xoves 28 de decembro en https://clubatletismotui.wordpress.com/san-silvestre/. Ao remate haberá rosca e chocolate quente para todas as persoas participantes, así coma 12 uvas, que se tomarán ás doce do mediodía na praza da Inmaculada.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais