|
Nadal con pegada eco no Rosal
Veciños e veciñas das parroquias crean con materiais naturais e de refugallo enxeñosos elementos para decorar rúas e prazas nestas datas
O Rosal mantén a súa aposta polo medio ambiente e a sostibilidade, tamén no Nadal. Un ano máis, veciños e veciñas das parroquias únense nestas datas para celebrar un 'Nadal sostible' grazas ao deseño e elaboración dunha orixinal e enxeñosa decoración realizada con diferentes materiais naturais e de refugallo.
Trátase dunha iniciativa que leva poñendo en práctica a veciñanza de barrios do Picón e Caselas dende hai moitos anos, que xa dende o pasado Nadal se estendeu a outros barrios ou parroquias e na que este ano participan tamén A Fecha, As Eiras, Fornelos, Martín, Novás, Pancenteo, Portecelo e O Xestal. Beléns feitos con madeira, estrelas de ramas, animais decorados con follas, árbores adornados con bonecos de neve feitos con botes de iogur, personaxes realizados con verde ou piñas, elementos recheos de palla, decoración feita con gancho, árbores con palés, adornos con botellas de plástico... son algúns dos elementos que decoran durante estes días as parroquias rosaleiras. Por outro lado, durante estes días está aberto ao público de 16.00 a 19.00 horas o belén da Igrexa do Rosal.
"É un orgullo ver a toda a veciñanza participar nun proxecto tan marabilloso que non só fomenta o coidado do noso medio ambiente, senón que une ás persoas e fomenta a colaboración e a socialización para gozar todas e todos xuntos da maxia do Nadal", destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A rexedora quere felicitar a toda a veciñanza "por participar nesta fermosa iniciativa que recalca o marcado carácter asociativo do noso concello, un dos sinais de identidade do Rosal. Esta segunda edición do noso 'Nadal sostible' recalca a implicación de rosaleiros e rosaleiras en todas as actividades do municipio". Fernández Callís convida a toda a veciñanza a ir polos barrios e visitar durante estes días estas creativas obras de arte.
Concello de O Rosal
O alumnado rosaleiro descobre de forma interactiva a Axenda 2030
Máis de 200 rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria do CPI Manuel Suárez Marquier participaron en sete talleres para achegarse aos ODS e á Axenda Urbana
O Concello do Rosal continúa traballando para achegar á veciñanza á Axenda 2030 e deseñar un plan de acción propio coa implicación do tecido asociativo, económico, educativo e social rosaleiros. Máis de 200 nenos e nenas de educación primaria e secundaria do CPI Manuel Suárez Marquier participaron estes días en sete obradoiros deseñados para que a rapazada descubrira dun xeito divertido, participativo e interactivo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente o ODS11, vinculado ás cidades e comunidades sostibles e á Axenda Urbana.
O alumnado de maior idade achegouse aos ODS a través dun escape room en liña, no que se enfrontou ao desafío de decodificar a través de diferentes enigmas os ODS e descubrir a data límite para que a humanidade logre os obxectivos que permitan protexer ao planeta. En primaria a actividade sacou a relucir o lado máis creativo de nenos e nenas, facendo tormentas de ideas para detectar os problemas do mundo, idear unha máquina que puidera solucionalo e trasladalo ao papel para compartir co resto do centro educativo a través de distintos carteis.
Estas actividades forman parte do plan estratéxico do Concello do Rosal para a localización, implementación e seguimento dos ODS da Axenda 2030 adaptados á realidade local, unha iniciativa que busca a implicación e participación de toda a veciñanza, independentemente da súa idade.
"Nun mundo cada vez máis complexo, é fundamental plantar o xermolo da sostibilidade dende ben pequenos e pequenas, porque achegar á infancia e adolescencia aos ODS e a Axenda 2030 non é só unha opción, é unha responsabilidade compartida para construír un futuro máis sostible", salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora destacou que con talleres como estes "introducimos a nenos e nenas neste diálogo dende unha idade temperá e lles proporcionamos as ferramentas para converterse en axentes do cambio informados e comprometidos".
O Concello do Rosal deseña un plan de acción que funcionará como ferramenta de planificación estratéxica coa que establecer actuacións que permitan incorporar os ODS adaptados á realidade do municipio, unha liña na que o Goberno municipal leva anos traballando. O obxectivo é continuar avanzando na loita contra o cambio climático, camiñar na transición cara a economías baixas en carbono, mellorar a eficiencia enerxéticas, procurar unha economía circular e construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.
O Concello contou para este proxecto coa subvención da Secretaría de Estado para la Agenda 2030 del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 destinada á posta en marcha de accións para o impulso da Axenda 2030 nas entidades locais.
Concello de O Rosal
A explotación sexual, no punto de mira dos 'Cafés en Igualdade' do Rosal
O Concello pecha este ano o programa cunha charla o vindeiro xoves 28 de decembro ás 17.30 horas no Nenza Xida
O Rosal despide o ano cunha nova cita cos seus 'Cafés en Igualdade', un espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que conversar sobre temas de interese de xeito cómodo e distendido, ao tempo que se promove a conciliación familiar, laboral e persoal. Un novo encontro que permitirá afondar da man dunha experta nunha temática que preocupa á sociedade actual: a prostitución.
A socióloga, profesora e directora da Unidade de Igualdade de Oportunidades da Universidade de Vigo, Águeda Gómez, dará unha interesante charla sobre a explotación sexual, debuxando para todas as persoas asistentes un completo mapa desta problemática social que mantén a España como o país de Europa como maior demandante de prostitución.
A cita será o vindeiro xoves 28 de decembro ás 17.30 horas na Cafetería Nenza Xida, na Praza do Calvario. O Concello do Rosal pon en marcha en diferentes épocas do ano estes 'Cafés en Igualdade' co obxectivo de ofrecer un balón de osíxeno ás familias rosaleiras, creando un recuncho no que deixar a un lado todas as obrigas diarias para abordar temas de especial interese para a sociedade. O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|