JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Mercado de Nadal, iluminación, música en directo e decoración sostible abren a programación festiva en Tui

Será o 1 de decembro, a partir das 17 h no Paseo da Corredoira

Todo preparado en Tui para dar a benvida ao mes de decembro marcado pola celebración das festas de Nadal. Nas distintas rúas ultímanse os detalles para pór todo a punto para mañá inaugurar tanto a decoración de rúa coma a iluminación que encherá de cor, ilusión e maxia o centro urbano durante o Nadal.

Mañá ás 17 h terá lugar a inauguración do Mercado de Nadal cos quince primeiros expositores nas casetas de madeira no Paseo da Corredoira que achegarán produtos vinculados ao Nadal dende decoración, agasallos, ou gastronomía.

Tui acenderá mañá o seu alumeado de Nadal que encherá de luz as distintas rúas e prazas. O acto simbólico de acendido da iluminación será ás 18.30 h na praza da Inmaculada, ou se chove na carpa na Corredoira.

Non faltará nesta primeira xornada da programación a animación. Así ás 17 h Barafunda Animación presentará na carpa situada na zona peonil do Paseo da Corredoira o seu espectáculo "Abordaxe Pirata". No mesmo lugar ás 19 h actuará o grupo de pandereteiras Arrancaxestas de Ribadelouro. Xa o sábado, 2 de decembro, a partir das 19 h realizará un pasarrúas a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.

A partir de mañá tamén se poderá visitar nas rúas e prazas a decoración sostible con elementos coma árbores, un poboado nevado, ou a frecha amarela que marca esta programación de Nadal.

A cidade vivirá así a programación "Tui, o Camiño do Nadal" con un amplo programa que se prolongará até o venres 5 de xaneiro.

Concello Tui


O Mercado de Nadal enchera de espírito festivo o Paseo da Corredoira durante un mes

A inauguración será este venres, 1 de decembro, ás 17 h cos quince primeiros expositores

Un ano máis, a maxia da temporada do Nadal estará presente no céntrico Paseo da Corredoira de Tui coa celebración do Mercado de Nadal. Dende mañá venres, 1 de decembro, e até o venres, 5 de xaneiro, este evento encherá de cor, alegría e espírito do Nadal este espazo, contribuíndo amais á dinamización comercial e turística da cidade.

Con quince postos rotativos en casetas de madeira, coidadosamente decoradas, as persoas visitantes terán a oportunidade de mergullarse nun mundo de decoración, agasallos especiais, delicias gastronómicas e moito máis. Este mercado contará con tres quendas, cada unha coa súa propia selección de expositores e produtos, brindando experiencias únicas.

Nesta primeira quenda participara Entre Telas de Tui con gorros de Elfo e Papá Noel, arbores de tea, mandís navideños, bolsas de tea, mochilas, peluches… Todo tipo de produtos en madeira dende chaveiros, bolas de Nadal, a portas do ratiño Pérez exporá no seu posto Feito de Pau Carpintería. Arte Terra achégase ao mercado con produtos de bixutería, xoeiría, ilustración, pintura e papiroflexia. D'Charo presentará na Corredoira produtos artesáns elaborados a gancho, bolas de Nadal artesás, e doces diversos. Na caseta de Isa e Loles Artesanía poderemos atopar diademas, pinzas, coleteiros, toallas… Apicultura Niño do Corvo presentará mel, pero tamén outros produtos coma velas elaboradas con cera de abella, produtos cosméticos ou caramelos. Deseños únicos de prendas artesanais sostibles e xoeiría será a proposta que que achegue ao Mercado Lace Copperwood, mentres que Mestura de Kores ofrecerá artigos de decoración, saquiños de sementes, calcetíns monecas, Papá Noel, árbores ou nomos. Dende Galicuero Light Wood achegarán produtos de coiro e madeira e hamabeats. Será tamén obrigada a visita a caseta do Club Patinaxe Artística Ribex con flores de Pascua, gofres, crepes e doces de Nadal, e á do CEIP nº1 de Tui con adornos de Nadal confeccionados polo alumnado do centro.

No Mercado de Nadal poderase gozar do café do Pancho 3.0 by Adri Vila xunto con chocolate, tostas e doces. Filloas Apedradaeaugas elaborará filloas artesanais sobre pedras de granito e a Asociación Cultural Cristo da Agonía ofertará doces caseiros sen glute e tamén sen azucre, específicos para celíacos e diabéticos. A proposta gastronómica complétase coa Churrería Chocolatería Patry e a foodtruck Ruta82 onde cociñarán hamburguesas e servirán tamén bebidas.

Esta primeira quenda do Mercado de Nadal de Tui celebrarase dende mañá venres 1 até o 12 de decembro. A segunda quenda será do 13 ao 24 de decembro, e a terceira do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. O horario de apertura será de luns a xoves, de 17:00 a 21:00 horas; os venres, de 17:00 a 23:00 horas; os sábados, festivos e vésperas de festivos, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 23:00 horas; e os domingos, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Cómpre destacar que permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

O mercado contará tamén con obradoiros e animación musical. Así dende este sábado 2 até o sábado 30 a música en vivo será parte esencial desta experiencia do Nadal coa presenza de grupos coma RMS, Dani Pazos e Xía Sar, Leira Rock, BlackLabel Dúo ou La Timba Mullallo. Mentres nos obradoiros serán de personalización de bolas de Nadal, de elaboración dun centro de mesa de Nadal, de coidados de mobles ou de consellos para facer pequenos arranxos e restauración.

O Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira promete ser un espazo de ledicia, encontro e a celebración que nos mergullará na maxia destas festas.

Concello Tui


Até o 22 de decembro aberto o prazo de inscrición no curso de Deshabituación Tabáquica

Comezará en xaneiro en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro

Até o 22 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

As persoas interesadas en participar neste cursos para deixar de fumar pódense anotar persoalmente nas dependencias de Servizos Sociais, na casa do concello, no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar. Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas.

O curso consta de sete sesións cunha duración de hora e media cada unha, que se impartirán en horario de tarde. No mes de xaneiro terá lugar unha primeira entrevista coa terapeuta e o curso comezará o día 15 de xaneiro. Este tipo de terapias brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.

Concello Tui


A 1 de decembro, abre a inscrición para a II San Silvestre de Tui

Celebrarase o domingo 31 de decembro en beneficio da Asociación Española contra o Cancro

Este venres, 1 de decembro, abrirá o prazo de inscrición para participar na II San Silvestre Tudense, que se celebrará o día 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira. Este evento está organizado polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración coa Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e varias empresas tudenses. Agárdase un novo éxito de participación superando a cifra de 500 persoas que a edición pasada realizaron a San Silvestre.

As inscricións realizaranse de xeito gratuíto a través da web do Club Atletismo Tui, www.clubatletismotui.wordpress.com, ata o día 28 de decembro. Ao igual que na primeira edición esta actividade será en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), polo que se solicita unha doazón voluntaria a través do número de conta da AECC, ES50 2100 2188 8302 0022 3608, indicando no concepto "DONATIVO SAN SILVESTRE TUI - nome completo", ou no día da carreira, nos petos que estarán nas mesas na recollida de dorsais.

Os dorsais e a camiseta de recordo, entregaranse o mesmo día da carreira, dende ás 09.00 horas, ao carón do edificio da Policía Local de Tui, na praza da Inmaculada.

A San Silvestre Tudense terá un percorrido urbano, de preto de catro quilómetros, e apto para todas as persoas. Estará controlado polas persoas voluntarias do Club Atletismo Tui, Protección Civil de Tui e Policía Local de Tui.

Ao remate da carreira, haberá chocolatada e rosca para todas as persoas participantes, así como uvas para tomar coas badaladas das doce do mediodía.

Concello Tui


As fotografías dos bosques españois, entre eles o Aloia, forman parte da mostra "Berces da Vida. De paseo polos bosques de España"

A mostra foi inaugurada esta mañá e pode visitase até o 4 de xaneiro

Unha fotografía tomada no Parque Natural do Monte Aloia de Tui é unha das 26 imaxes que conforman a mostra "Berces da Vida. De paseo polos bosques de España" que foi inaugurada esta mañá na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. A exposición chega a Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da Oficina de Tui de ABANCA, Mª Teba García.

Comisariada polo premiado biólogo e divulgador Joaquín Araujo a mostra, realizada en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías, de distintos autores, nas que se plasma a biodiversidade das fragas e bosques de España, entre eles do Parque Natural de Sierra Espuña en Murcia, da Selva de Irati en Navarra, do Faial de Montejo de la Sierra en Madrid ou da Ribeira Sacra en Ourense. A exposición pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar este espazos, imprescindibles para a vida no noso planeta.

Esta mostra está incluída en "Corrente cultural", un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. Tamén forma parte do proxecto "Cultura por alimentos", que convida aos visitantes a entregar produtos non perecedoiros a modo de entrada solidaria para a Federación Española de Bancos de alimentos (FESBAL).

A exposición pode visitarse na Sala Municipal até o 4 de xaneiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais