JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A RENUNCIA A SUBVENCIÓNS E AS MENTIRAS CONTINUADAS DO GOBERNO DO PP DE CARRERO PREOCUPAN AO BNG GUARDÉS

Anxo Baz: "Este goberno vai a deriva e leva A Guarda ao retroceso. Intranquilízanos o seu xeito de actuar, e preocúpanos entre outras moitas cousas o futuro da piscina municipal"

As mentiras continuadas e a renuncia inxustificada de subvencións por parte do alcalde da Guarda preocupan no grupo municipal do BNG.

Foi público e notorio como o Sr Carrero prometía rebaixas fiscais hai un ano para acabar facendo xustamente o contrario. Algo similar aconteceu coa súa promesa electoral de recuperación e mantemento dos lavadoiros e fontes públicas. Non só non levou adiante os traballos prometidos, senón que ademais renunciou a unha subvención para a recuperación do lavadoiro de Carballidos.

A súa actitude antigalega e partidista levouno tamén a rexeitar unha subvención para a divulgación e fomento da nosa lingua, privando neste caso a sociedade guardesa dunha ampla programación de cine en galego. A renuncia a outra subvención, desta volta para a retirada de simboloxía fascista, supuxo non só perder unha oportunidade para cumprir coa lei, senón un desprezo a todas as persoas represaliadas por defender a liberdade fronte a sen razón da ditadura franquista.

E cando un pensa que xa non caben máis trapalladas no que vai de mes, constátase o que denunciou o BNG. Carrero minte afirmando que o estado das contas municipais impedían o pago a provedores ata 2024. Unha semana despois de facer esta afirmación aprobouse en pleno o pago de facturas por valor de máis de 63.000 €.

Carrero trata de agochar a súas limitacións como xestor público a golpe de propaganda e vetando a retransmisión dos plenos desde que chegou ao goberno, tratando de impedir deste xeito, que a sociedade guardesa poida coñecer directamente o que realmente acontece no Concello.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, considera que "estamos diante de flagrantes mentiras e perdas para A Guarda que mostran con claridade por onde vai realmente o goberno do PP de Carrero e de Fariñas", para acabar concluíndo " este goberno vai a deriva e leva A Guarda ao retroceso. Intranquilízanos o seu xeito de actuar e preocúpanos entre outras moitas cousas o futuro da piscina municipal, da que teñen parada a día de hoxe a súa licitación. Tampouco sabemos nada do proxecto de reforma, a pesar de ter unha subvención concedida dos fondos Next Generation de máis de un millón e medio de €."

Concello de A Guarda


"Visita A Guarda na Ponte da Constitución" nova campaña para dar a coñecer a nosa vila

Os visitantes e turistas, que escollen A Guarda, percorren o noso territorio grazas ás rutas, gozan da nosa natureza no Esteiro do Miño, visitan o Monte Santa Trega, descobren a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustan a nosa gastronomía e produtos locais.

Para completar a visita a estes recursos e para que veciños e visitantes coñezan en detalle o noso patrimonio e historia ofreceranse visitas guiadas de balde coincidindo co días principais da Ponte da Constitución.

Para esta campaña especial as visitas guiadas centrase nos dous grandes referentes da Guarda: o Monte Santa Trega e o porto pesqueiro xunto co casco antigo.

Visita guiada ao Castro Santa Trega

O Monte Santa Trega é un dos recursos máis destacados de Galicia e un dos exemplos mellor conservados da Cultura castrexa.

Esta visita guiada comeza ás 12:00h e conta cunha duración máxima dunha hora e centrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Trega.

O punto de encontro é a Casa Forestal que se atopa despois de cruzar o castro, alí pódese aparcar o vehículo.

A ruta, de menos dun quilómetro, percorre o Barrio Mergelina e remata nas vivendas reconstruídas o que permitirá coñecer en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega xa hai máis de 2.000 anos.

O prezo por acceso ao monte en vehículo non está incluído nesta actividade.

Recorre o casco antigo e porto pesqueiro

A Guarda é unha vila mariñeira que creceu en torno á pesca e, polo tanto, o seu porto. A novidade para esta ponte é a oferta desta visita guiada que trasladará aos visitantes ao pasado medieval da vila.

Esta visita comeza ás 17:00h na Praza do Reló, xunto a Oficina Municipal de Turismo, e grazas a explicación desta praza poderase coñecer unha parte importante da historia da Guarda. O percorrido inclúe os edificios relixiosos do casco antigo como a Igrexa Parroquial e o Convento de San Benito, os puntos máis antigos como rúa Colón ou Malteses, e amosarase a importancia na historia deste porto pesqueiro.

Estas visitas guiadas realizaranse os días mércores 6, xoves 7, venres 8 e sábado 9 de decembro e non precisan inscrición previa. Os interesados tan só terán que presentarse minutos antes do comezo da visita.

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura ampliada:
o MASAT (Museo Arqueolóxico). Do martes ao domingo: 10:00 a 19:00h
o Museo do Mar. De mércores a domingo (excepto xoves 7/12): 11:00 - 14:00 / 16:00 -19:00h
o Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario especial e estará aberta de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h. Tamén pódese consultar no mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46.

Concello de A Guarda


A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará na Guarda no mes de xaneiro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 29/01/2023 ao 29/01/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá.

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais