JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Catorce touroperadores percorren o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño na procura de experiencias e sinerxías

" Nesta primeira aproximación ao territorio visitaron o Mosteiro de Oia, as redeiras da Guarda, unha adega no Rosal e un viveiro en Tomiño

" Durante a xornada mantiveron un encontro con empresas do Xeodestino para tecer unha rede de traballo e fomentar a creación de paquetes e produtos turísticos

Coñecer de primeira man as oportunidades turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Ese era o obxectivo co que 14 touroperadores de Galicia e Portugal estiveron percorrendo o territorio nunha visita que supuxo dar os primeiros pasos para estreitar lazos e crear sinerxías co tecido empresarial dos 14 concellos do Xeodestino.

Convidadas e convidados polo Xeodestino, durante toda a xornada, representantes de Rutas Meigas, Tee Travel, Galiwonders, Circuítos Galicia, Always Spain Incoming, Simply Galicia, Pambre Tours, Arribeirados, Grupo Acuña Ons, Go Travel Portugal e Art Natura coñeceron algúns puntos de referencia para o turismo da comarca do Baixo Miño na procura de experiencias que trasladar á súa clientela.

A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, recibía á delegación antes de entrar a unha interesante visita ao Mosteiro de Oia, un lugar con séculos de historia no que puideron coñecer de primeira man o proxecto de recuperación previsto e as actividades que xa se están a desenvolver, como as visitas guiadas, as actividades culturais ou o museo no que se conservan partes das inscricións e debuxos feitos nas paredes polos reclusos que pasaron polo mosteiro durante a Guerra Civil.

A seguinte parada no percorrido foi na Guarda, onde tras a recepción do concelleiro de Turismo, Fernando Reyes, as redeiras da Asociación Atalaia ensinaron o seu labor diario, un oficio tradicional no que todo se fai a man con moitas horas de traballo e paciencia. Ademais de elaborar e reparar redes, as sete mulleres que actualmente forman parte da asociación tamén fan visitas guiadas e obradoiros e elaboran pezas de artesanía tecidas con redes e nos mariñeiros.

Na procura de experiencias diferenciais, os touroperadores amosaron especial interese tamén polo traballo realizado nas adegas do Rosal. En Terras Gauda puideron achegarse ao mundo da viticultura, á historia da enoloxía na comarca e degustar algúns dos viños con DO Rías Baixas Subdelegación O Rosal. Parada imprescindible tamén nos viveiros tomiñeses para coñecer o labor cotiá realizado nun sector que exporta produtos do territorio a todo o mundo. A delegación de visitantes percorreu Viveiros Río Tollo para familiarizarse co mundo da planta ornamental e as súas posibilidades turísticas.

Con moita ilusión polas iniciativas atopadas, os touroperadores achegáronse ao Hotel Talaso Atlántico para degustar un menú feito polo chef Javier Fins con produtos do territorio, pratos todos elaborados con materia prima do mar e da horta e con viños da comarca como acompañamento.

A xornada pechouse cun encontro entre os touroperadores e máis dunha trintena de empresas do territorio para tecer unha rede de traballo e fomentar a creación de paquetes e produtos que involucren á oferta turística e ao sector terciario. Como sinalou a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, "workshops como o que estamos a celebrar hoxe son unha iniciativa fundamental para que todos os sectores se comuniquen e complementen para potenciar o turismo no territorio". Unha idea na que incidiu o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que agradeceu "que se fagan estas cousas para coñecernos e traballar xuntas e xuntos polo territorio".

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, explicou a todas e todos os participantes que o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño naceu "para promocionar todos a unha o noso territorio, que ten un potencial incrible. Só fai falla unir aos touroperadores ás nosas gañas e ilusión para facer do Xeodestino un referente turístico". Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, recalcou a importancia de "saír da esfera do local para entender o territorio como un conxunto de oportunidades". Durante a xornada tamén estiveron presentes o representante institucional do Xeodestino e alcalde de Nigrán, Juan A. González; a concelleira de Turismo de Soutomaior, Silvia Cernadas; a concelleira de Mos Sara Cebreiro e a edil de Turismo de Baiona, Sheila González.

Esta colaboración coas axencias de viaxe que posúen unha ampla experiencia na comercialización de produtos turísticos a nivel nacional e internacional permitirá facilitar o acceso das empresas turísticas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño ás canles de comercialización e promoción máis relevantes.

Concello de A Guarda


A Guarda presenta a nova marca institucional, a mellora da APP municipal e un novo sistema de incidencias para os veciños

O Alcalde da Guarda, Roberto J. Álvarez Carrero, presentou no día de hoxe o novo logotipo do Concello proposto para unificar a imaxe do Concello, aproveitando a mellora nos diferentes soportes como a App municipal.

Na súa intervención explicou que o deseño e o manual de identidade visual corporativo foi elaborado pola deseñadora local Ana Cividanes quen recibiu o encargo de renovar a imaxe corporativa pero sempre integrando a imaxe do escudo. Escolleuse a cor azul porque A Guarda é auga, polo que a deseñadora empregou un sutil xogo na tipografía empregada representado a nosa vila rodeada polas ondas do mar e do río. O escudo mantén os seus elementos sendo simplificado as liñas e as cores que nas décadas anteriores foron mudando.

O Concelleiro de Turismo, Fernando Reyes, informou que a concellería tamén renova a súa imaxe e o lema, mantendo a nova marca pero coa característica que esta versión é a múltiples cores representando así a variedade dos elementos e recursos da Guarda: praias, monte, patrimonio, mar, gastronomía,...

O novo lema turístico é "A Guarda é teu destino" continuando coa mesma idea que os visitantes escollen gozar da Guarda por diferentes motivos pola arqueoloxía, polo espazo natural, pola gastronomía, pola cultura mariñeira, polo Camiño Portugués da Guarda,... chegando a atraer a diferentes perfís de visitantes. O Concelleiro tamén adiantou que na vindeira semana estará dispoñible unha nova ferramenta turística para os visitantes que son uns mapas interactivos que recollen os elementos turísticos da vila. Esta nova marca turística vai convivir co logo do Camiño Portugués da Costa lanzado o ano pasado por que é específica para a promoción do camiño e aínda ten vixencia.

Neste acto tamén participou Anxo Pena; Concelleiro de Comercio, Empresa e Innovación Tecnolóxica, quen foi o responsable de presentar a mellora da aplicación móbil municipal e a creación dun novo sistema de incidencias para que os veciños podan comunicar os problemas da vía pública dunha forma rápida e sinxela. A nova ferramenta que se atopa no menú principal da aplicación é indispensable para fomentar a participación da veciñanza nos procesos de mellora do pobo de A Guarda. Para a súa descarga en iOS e Android é preciso escribir na AppStore ''municipio inteligente A Guarda''.

Nos vindeiros días a nova marca será incorporada nos diferentes soportes e na xestión municipal.

Concello de A Guarda


Programa de activades do Concello da Guarda con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

O Día 25 de novembro terá lugar ás 12:00h, na Casa dos Alonso un acto conmemorativo onde as e os portavoces dos diferentes partidos políticos terán a oportunidade de manifestar a súa repulsa contra todas as manifestacións da violencia machista e o seu compromiso coa igualdade. Este acto estará acompañado dunha actuación a cargo do Grupo Dansá

O mesmo 25, terá lugar no Centro Cultural ás 20:30h, a representación de" Iphixenia na porta do súper", un monólogo actual que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista, unha moza de barrio que pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Interpretada maxistralmente por Alba Caneda, a súa personalidade magnética e directa amosa sen filtros e con humor aos dilemas da protagonista na súa particular historia de amor/desamor, nas decisións que lle seguen e as consecuencias finais as que se ve abocada polos recortes sociais.

A protagonista do noso espectáculo chámase Iphixenia, "Ifi", como adoita a grafitear nas paredes e paradas do seu barrio. É unha rapaza de vinte e poucos anos, que non estuda nin traballa. Unha moza de clase baixa que vive coa súa avoa e que pasa o día na rúa intentando pasar o tempo nun bucle de resacas. É esa persoa que atopas na porta do supermercado agardando conseguir unha moeda pero que non queremos ver. En certo modo, a pesar de cruzarnos con ela tódolos días, resulta invisible aos nosos ollos, non queremos saber nada da súa vida. E a vida de Ifi garda moitas sorpresas.

Actividade financiada con cargo aos créditos do Fondo do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Continuando coa programación, o 28 de Novembro desde as 9:30h a 13:30h levarase a cabo na Praza do Reló do Concello da Guarda, a Campaña 'AGRESIÓN OFF, EU DIGO NON Á VIOLENCIA SEXUAL', impulsada pola Secretaría Xeral de Igualdade, dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ten como finalidade informar a? cidadani?a sobre a violencia sexual en particular e sobre a a violencia de xe?nero en xeral: como previla, como detectala e como combatela, ofrecendo pautas claras de actuación.

Igualmente tra?tase de sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacio?ns sociais como de parella, principalmente entre a xente moza, facendo fincape? na identificacio?n das mu?ltiples formas de micromachismos e violencias cotia?s que sofren as mulleres, e promovendo modelos de relacio?n afectivo-sexual baseados no respecto e a tolerancia.

Concello de A Guarda


O Alcalde da Guarda e a Conselleira de Infraestruturas pactan a construción da senda ao redor do Monte Santa Trega

Roberto Carrero, alcalde da Guarda, e Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela onde o rexedor guardés trasladou a necesidade de iniciar a construción da senda que circunvala ao Monte Santa Trega e que une A Guarda con Camposancos (PO-352).

En palabras de Roberto Carrero: "esta infraestrutura resulta fundamental para o municipio pois permitirá, non só mellorar a seguridade na zona, pola que a diario transitan centos de persoas, peregrinos ou vehículos, senón que dará maior conexión ao casco urbano da Guarda e Camposancos. Ademais, ao longo do verán, a densidade de usuarios e vehículos aumenta de xeito exponencial ao ser o acceso principal cara ás praias e á desembocadura do Miño

A conselleira Ethel Vázquez, despois de analizar a situación en detall, pactou co alcalde da Guarda incluír no proxecto, construción e execución da senda ao redor do Monte Santa Trega, PO-352 Camposancos-A Guarda de titularidade autonómica, na solicitude que o goberno da Xunta de Galicia realice dos próximos fondos FEDER.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais