JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O BNG de Tomiño leva ao Parlamento Galego a situación do Consultorio de Goián

O consultorio segue sen persoal médico asignado, e o Concello corre cos gastos do local dende marzo

O SERGAS segue sen retomar o servizo no consultorio de Goián, o cal decidiu pechar no ano 2020 con motivo da crise do COVID, trasladando o servizo ao centro de saúde de Tomiño.

Nunha visita recente ás instalacións, o deputado do BNG Luís Bará, xunto co responsable local da organización, Manuel Fernández, o tenente-alcalde, Uxío Benítez e as concelleiras Cristina Martínez e Ana Belén Casaleiro, veñen de denunciar ante o Parlamento Galego a situación de parálise que hai entorno a reapertura do centro, cando o seu peche só era unha medida temporal que se subsanaría unha vez superada a pandemia.

Con data de decembro de 2022, a Xerencia da Área de Vigo comunica ao Concello a necesidade de dispor dun novo inmoble que cumprise cos parámetros da nova guía de protocolos por mor da pandemia. Así, de xeito inmediato, o equipo de goberno de Tomiño comezou a traballar para conseguir no menor tempo posible un novo espazo que cumprise co requirido e, tras localizalo e emprender as obras necesarias, só 3 meses despois, o 31 de marzo de 2023, puxo a disposición da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo un novo inmoble.

Dende ese momento, o Concello paga cada mes o alugueiro do local, que ascende a 630,15€, e máis os suministros correspondentes, que xa suman máis de 20.000 €, sen que o SERGAS teña provisto de persoal sanitario ao centro, seguindo o servizo interrompido.

Por todo isto, o BNG de Tomiño, por mediación do deputado Luís Bará, presentou unha iniciativa parlamentaria esixindo a reposición de todos os servizos médicos en Tomiño e solicitando a reapertura inmediata do consultorio de Goián, así como que o Sergas se faga cargo da totalidade dos gastos que o Concello leva asumindo dende o 1 de abril, data na que se prevía a súa reapertura co inmoble xa plenamente operativo.

BNG de Tomiño


Tomiño participa nunha reunión coa comisaria europea de cohesión para presentar experiencias transfronteirizas

A Comisaria Europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, visitou o Baixo Miño para reunirse cos axentes territoriais de cooperación transfronteiriza e coñecer os proxectos da zona

A Comisaria Europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, que participa estes días no Encontro Anual INTERREG 2030 que se celebra en Compostela, visitou hoxe o Baixo Miño para reunirse cos axentes territoriais e coñecer directamente proxectos de cooperación que se realizan entre Galicia e Portugal no marco do programa Interreg-POCTEP.

No marco de este encontro participaron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara de Vila Nova, Rui Teixeira, para dar a coñecer as experiencias innovadoras promovidas pola Eurocidade Cerveira Tomiño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu á comisaria o oportunidade da reunión e do seu interese, lembrando a súa participación hai 3 anos nas II Xornadas da Amizade Cerveira Tomiño.

No encontro, a alcaldesa de Tomiño e o presidente da cámara de Vila Nova de Cerveira destacaron experiencias como os orzamentos participativos e o programa de valedoras transfronteirizas, para o que contaron coa asistencia á reunión de Zara Pousa, quen fora valedora por Tomiño entre 2017 e 2022, e de Manuela Ferreira, proveedora por Vila Nova dende 2022. Ambos, alcaldesa e presidente, expresaron o compromiso da eurocidade de ampliar a cooperación aos ámbitos da igualdade e da conciliación da vida laboral e familiar, así como da adaptación do territorio ao cambio climático.

Finalmente, fíxose entrega á comisaria da Axenda 2030 da Eurocidade Cerveira Tomiño, recentemente presentada, da que a alcaldesa destacou dous aspectos de entre as 14 prioridades e centos de accións que contén: a necesidade de por o foco na participación da xente nova como aposta clara polo futuro, e a mobilidade transfronteiriza sostible, buscando alternativas limpas como os espazos peonís, a bicicleta e o ferrocarril.

Concello Tomiño


Faladoiros para mellorar o inglés charlando

A cargo de Sam Arbon, nativo británico, están dirixidos a persoas de niveis de A2 a C2

Nun mundo cada vez máis globalizado, a competencia lingüística en inglés é cada vez máis importante e máis valorada. Contar cun bo nivel de inglés abre moitas portas laborais, permite traballar fora, desenvolverse en reunións con clientes ou provedores internacionais e conseguir mellores condicións e retribucións no traballo. Pero o mundo do ocio non é alleo a esta realidade, e as persoas que gustan de viaxar polo mundo saben da importancia de ter un bo dominio da lingua inglesa.

Por todo isto, e tamén para desfrutar charlando e coñecer a outras persoas, a OMIX de Tomiño promove uns faladoiros en inglés, da man de Sam Arbon, mozo británico afincado en Tomiño e membro do grupo de voluntariado da OMIX.

Os faladoiros serán reunións informais en formato english speaking coffee, e están dirixidos a persoas de calquera idade, cun nivel de inglés aproximado do A2 a C2. Trataranse temas como viaxes e vacacións, deportes, música e pasatempos, cinema, libros, ...

Os faladoiros organizaranse en dous grupos cas seguintes datas:

GRUPO 1: luns ás 11h no primeiro andar do Mercado de Tomiño.
Inicio: 6 de novembro.
Remate:18 de decembro

GRUPO 2: martes ás 19h na OMIX de Tomiño.
Inicio: martes 7 de novembro.
Remate: martes 19 de decembro

Concello Tomiño


Tomiño aprobará en pleno o convenio para a rehabilitación enerxética da Casa de Cultura e as melloras na contorna

O Concello captou o pasado mes de xuño un millón de euros do Plan PON2030 para levar a cabo o proxecto 'Integra Tomiño'

O Concello segue dando pasos para construír un Tomiño máis sostible e no que as persoas sexan as grandes protagonistas. O Goberno municipal aprobará en pleno o convenio coa Deputación de Pontevedra para a posta en marcha do proxecto 'Integra Tomiño', a través do que se levará a cabo a rehabilitación enerxética da Casa de Cultura e se implementarán melloras no espazo público de toda a contorna, buscando unha conexión peonil entre os equipamentos do Seixo.

Trátase dun proxecto para o que o Concello acadou xa en xuño, antes da celebración das eleccións municipais, unha subvención dun millón de euros do PON2030, un plan extraordinario para transformar os concellos para seguir avanzando na execución da Axenda 2030. Dentro do proceso de avaliación dos proxectos presentados, a proposta de Tomiño acadou a oitava mellor puntuación entre as 40 iniciativas finalmente subvencionadas.

Cun investimento total de 1,3 millóns de euros, o proxecto 'Integra Tomiño' non só abarcará a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura, senón tamén a mellora e acondicionamento de todo o espazo adxacente situado diante do edificio de Benestar Social, na rúa República Arxentina e na vía situada tras a Casa de Cultura, ata o Centro de Día. A proposta busca a integración de equipamentos a través do espazo público co obxectivo de crear unha contorna cohesionada e funcional para desfrute da veciñanza.

O concelleiro de Planificación Estratéxica, Uxío Benítez, salientou que acadar este importante investimento "permitirá que levemos adiante un proxecto que mellorará e modernizará a infraestrutura existente e creará un espazo máis accesible e atractivo para a veciñanza".

Concello Tomiño


A OMIX de Tomiño achega á mocidade ao traballo arqueolóxico

O sábado 18 de novembro celebrará un obradoiro para rapazada a partir dos 12 anos no Espazo Praza Cultura de Goián

O Concello continúa ampliando a oferta formativa e de lecer para a mocidade tomiñesa. A OMIX de Tomiño organiza o vindeiro mes un obradoiro de arqueoloxía, un curso de dúas horas de duración no que a rapazada participante coñecerá e vivirá en primeira persoa como se traballa neste campo.

Dirixido a mocidade a partir de 12 anos, durante o obradoiro as e os participantes aprenderán como se localiza un xacemento arqueolóxico e participará nunha escavación clonada de xacementos reais, onde aparecerán pezas orixinais ou réplicas indistinguibles das reais. Como detectives do pasado, o alumnado fará unha interpretación do acontecido alí, datando os materiais coa técnica do Carbono 14 e realizando un exame forense de ósos humanos antigos.

Estas serán algunhas das actividades deste obradoiro "cheo de leccións prácticas e divertidas sobre os coñecementos que achega a arqueoloxía". O curso celebrarase o vindeiro sábado 18 de novembro de 11.30 a 13.30 horas no Espazo Praza Cultura de Goián. As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa na web do Concello.

Concello Tomiño


Tomiño entra na directiva da Rede Cidades que Camiñan

Esta asociación ten por obxectivo que as e os peóns sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público

O concelleiro de Planificación Estratéxica, Uxío Benítez, participou na décima edición do congreso da entidade abordando a rede peonil tecida en Tomiño

O Concello de Tomiño amosa unha vez máis ser un exemplo de compromiso coa mobilidade peonil. O concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, Uxío Benítez, foi elixido en asemblea xeral para formar parte os vindeiros catro anos da Xunta Directiva da Rede Cidades que Camiñan, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo que as e os peóns sexan os máximos protagonistas da mobilidade urbana e do espazo público.

Formar parte da Xunta Directiva é un gran recoñecemento para Tomiño, "que dende hai anos asume un forte compromiso coa mellora do espazo público para camiñar, estar e socializar, abordando proxectos que fomentan esa mobilidade peonil", explica Benítez. A directiva, presidida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, incorporou este ano tamén a Pamplona e Valladolid. A rede está conformada por 80 cidades asociadas e tres deputacións que suman case 10 millóns de habitantes.

Uxío Benítez participou ademais como conferenciante na décima edición do congreso da rede Cidades que Camiñan que se celebrou a pasada semana en Valladolid e que baixo o lema 'A rúa é vida' aglutinou 15 intervencións temáticas e dous talleres prácticos. Benítez falou da realidade da rede peonil tecida en Tomiño dentro dunha rolda de conferencias titulada 'Máis alá dos centros urbanos', na que compartiu espazo co alcalde de Estepona, José María García, ou co Catedrático do Departamento de Análise Económico da Universidade de Sevilla, José Ignacio Castillo.

Cidade premiada en 2022

O pasado ano, o Concello de Tomiño foi o gañador do Premio 'Cidades que Camiñan' 2022 pola transformación da Praza Antonio Fernández de Goián, un galardón que recoñece aos municipios que promoven accións destacadas en favor da mobilidade peonil. Este premio destacaba a recuperación do espazo público realizado a través do proxecto Máis Goián, unha iniciativa que permitiu transformar de xeito integral o corazón de Goián, recuperando o espazo público, agora colonizado pola veciñanza, que dispón dun espazo novo, libre de coches e totalmente renovado para atoparse, charlar, camiñar ou gozar de diferentes eventos. O proxecto xerou zonas de prioridade peonil, reconectando os accesos, eliminando a circulación, mellorando o mobiliario, xerando espazos de deporte e recuperando parques e arboredas.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais