JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Guarda festexa o Samaín con actividades para todas as idades

" Será na xornada do martes día 31 de outubro na Praza do Reló.

A Guarda celebra o Samaín cunha xornada festiva para todas as idades que terá lugar o martes día 31 de outubro na Praza do Reló, que será o epicentro das celebracións.

As actividades programadas para esta ocasión especial están divididas en dúas partes. Á tarde, entre as 17:00h e as 19:00h, terá lugar unha sesión especialmente deseñada para os máis pequenos e para as familias. Nesta parte, animadores percorrerán as rúas do centro en busca dos cativos que saen a pedir caramelos, e interactuarán con eles, propoñéndolles retos divertidos e proporcionando entretemento.

A partir das 19:00h, a atención centrarase na Praza do Reló. Neste lugar, haberá máis animación infantil e sesións de baile ata as 20:00h. A Praza do Reló será o escenario perfecto para que os máis cativos desfruten dunha festa inesquecible e se divirtan coas súas familias.

A partires das 22:00h chega o momento para os máis maiores cunha sesión DJ coas mellores músicas do momento.

Non perdas a oportunidade de participar nesta celebración do Samaín en A Guarda, onde a diversión e a alegría están garantidas para todas as idades.

Concello de A Guarda


Un campión do mundo na conquista do Trega

" Luis Alberto Hernardo será o flamante padriño da X edición do Trail do Trega.

Seguimos coas novidades para celebrar o décimo aniversario do Trail do Trega. Hoxe desvelamos un dos grandes atractivos deste ano, que é a presenza de Luis A. Hernando, triplo campión do mundo de Tríatlon.

O xogador do Burgos, (Adidas Terrex), tamén conseguiu o Mundial de Ultras e unha medalla de bronce ao mérito deportivo outorgada pola Real Orde do Mérito Deportivo.

Sen dúbida, estamos ante un dos líderes mundiais de trail, que ademais de ser o padriño, participará no Trega Grand Trail, con 19 km e 900 metros de desnivel.

Os atletas que participen nesta distancia poderán dicir que disputaron a mesma carreira con este deportista de primeiro nivel.

Así mesmo, Hernando visitará un dos lugares máis espectaculares que temos na nosa comunidade, que é o monte Santa Trega.

Lembra que o Trail do Trega será a 3a e última competición correspondente á Liga Pontevedra Trail 2023, despois das do Monte Aloia e Muíños do Folón, poñendo punto e final á liga para este ano.

Os que non se rexistraron agora teñen un motivo máis para facelo. O prazo é ata as 23.59 horas do 15 de novembro, en www.traildotrega.com

Non hai que esquecer que só hai 200 prazas reservadas para cada distancia.

A cita, o domingo 19 de novembro, Trail do Trega con Luis Alberto Hernando, un evento que... NON TE PODES PERDER

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de novembro

O vindeiro martes día 31 de outubro de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de novembro de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en novembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 31 de outubro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 10 de novembro e a recollida de documentos terá lugar o 15 de novembro.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Esta será a última visita deste ano 2023 das unidades móbiles no concello da Guarda para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI).

Concello de A Guarda


O BNG cualifica de "inxustificada" a subida do 22% da contribución que o PP quere aplicar na Guarda

Anxo Baz lembra que a veciñanza pagará dos gravames máis altos da provincia, só por baixo de Vigo e Pontevedra, pero sen recibir máis servizos

O grupo municipal do BNG na Guarda non apoiará a suba da contribución (IBI) do 22% que o Partido Popular e Fariñas pretenden facer pagar á veciñanza do municipio. Para as e os nacionalistas a subida do gravame do 0,5 ao 0,61 está totalmente "inxustificada", xa que non está sustentada en ningún tipo de estudo económico nin suporá ningunha mellora directa para a vila nin en servizos nin en investimentos.

O BNG destaca que a suba do PP só fará que a veciñanza da Guarda soporte unha das presións fiscais máis altas da provincia, posto que só Vigo e Pontevedra cobran por riba da cifra proposta polo novo alcalde Roberto Carrero.

O grupo municipal cuestionou no Pleno a motivación que leva ao novo goberno a subir o IBI, cando de maneira xeral o PP presume de defender as baixadas de impostos e o liberalismo que claro está sempre beneficia aos que máis teñen. Preguntou que ten cambiado con respecto a hai un ano cando, na oposición, o grupo popular falaba de que guardesas e guardeses debían facer fronte na súa vida diaria a "facturas disparatadas" de gas, luz e carburantes, e votou en contra da subida da Plusvalía para adaptala á lei a pesares de estar motivada por unha sentenza do Tribunal Constitucional.

"Sorprende que a primeira medida do grupo de goberno sexa unha suba de impostos cando hai un ano e dende a oposición demandaba rebaixas nos impostos municipais. Non é o mesmo estar na oposición que no goberno, verdade?", subliñou o portavoz nacionalista.

O grupo nacionalista do BNG recoñeceu que os impostos municipais como IBI son unha fonte importante de ingresos para os concellos, que igual que a cidadanía deben facer fronte ao incremento xeneralizados dos prezo e á asunción de competencias impropias -como son o servizo de Axuda ao Fogar, que deberan ser atendidas pola Xunta de Galiza-, máis insistiu en que propostas como a do PP para o IBI deben estar correctamente xustificadas cun estudo económico, ademais de explicar a que irá destinado o aumento nos ingresos.

BNG de A Guarda


A Deputación de Pontevedra presenta no concello da Guarda o Proxecto de Arqueoloxía Trazas

O acto de presentación deste importante proxecto que pon en valor os castros da provincia tivo lugar na Casa dos Alonso na tarde do pasado mércores.

Ás 16:30h deu comezo o acto o Alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, quen deu a benvida aos alcaldes e concelleiros presentes e que tamén forman parte deste proxecto que engloba a 16 concellos pontevedreses. O Alcalde agradeceu a Deputación que escollese A Guarda para ser escenario desta presentación onde o Castro de Santa Trega destaca pola súa extensión,

O Proxecto Trazas comezou no ano 2015 coa firma do convenio entre a Deputación e o Ministerio de Fomento e incluía na súa primeira fase a escavacións dos 17 castros seleccionados da provincia. A primeira intervención arqueolóxica foi no Castro de Santa Trega, reescavando o sector coñecido como barrio de Mergelina.

Nesta nova fase do proxecto presentada no Concello da Guarda apostase pola dixitalización dos castros co lanzamento dun portal web específico que contribúa á posta en valor destes xacementos e onde se localizan diversos contidos como pezas audiovisuais. Ademais completase coa creación de materias didácticos para os escolares e material para familias, científico,... Esta web e os contidos irán mudando e ampliando a medida que avance este proxecto coa musealización dos castros escavados.

Estas novidades foron presentadas por Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación e responsable das 17 escavacións realizadas dos 16 concellos. Nesta proposta dixital o Castro de Santa Trega destaca con imaxes espectaculares e contidos pero sobre todo porque identifican ao noso castro como a primeira cidade da provincia pola súa extensión, complexidade no urbanismo e na que habitaron unhas 5.000 persoas.

O acto continuou coa intervención de Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster de Turismo, que amosou a satisfacción pola aposta de produtos que desestacionalicen o turismo na provincia. Despois interviu Nava Castro, Deputada Provincial de turismo, quen agradeceu o esforzo pola dixitación dos castros porque permite que veciños e visitantes podan coñecer a riqueza arqueolóxica da provincia.

Luis López, Presidente da Deputación, pechou a rolda de intervencións amosando así o compromiso da Deputación para ampliar este programa integral e recoñecendo que esta presentación tiña que ser no Concello da Guarda pola importancia do castro de Santa Trega.

Como peche do acto fíxose a entrega simbólica aos concellos presentes dun exemplar impreso do seu castro. Todo este material xa está dispoñible en www.trazas.turismoriasbaixas.com

Concello de A Guarda


A Omix da Guarda organiza o programa "Tardeo"

" Tardeo, mocidade, ocio e asociacionismo van da man na Guarda cunha nova proposta para a xuventude.

Neste mes de novembro, coordinado pola OMIX do Concello da Guarda, sae á luz o programa Tardeo, un programa de actividades e obradoiros dirixido á mocidade, levado a cabo polas asociacións da Guarda.

A proposta é un programa de accións diversas realizadas polas asociacións que se desenvolverán durante o tempo de ocio da mocidade. O mapa de actividades son tan diferentes como as propias entidades xa que contamos cun nutrido abanico de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación nova alternativas e propostas atractivas.

As accións programadas son:

- Obradoiro: RCP - Enrólate á vida. Transmiño 4 novembro - 18:30-20:00 horas

- Obradoiro de música: Descubrindo á Boalleira. Percamino 11 novembro - 19:30-21:30 horas

- Obradoiro: Iniciación á batería. San Xerome 17 novembro - 19:30-21:30 horas

- Obradoiro: Upcycling de roupa. Érguete BM 18 novembro - 17:00 -20:00 horas

- Obradoiro: realización selos de fotopolímero. San Xerome 24 novembro - 18:30 - 20:30 horas

- Obradoiro: Improvisando teatro. Foco - 1 decembro - 19:00-20:30 horas

- Obradoiro: Remoergómetro. Club Robaleira - 2 decembro - 19:00 - 20:30 horas

As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas entre 14 e 30 anos. Levaranse a cabo nas sedes das entidades agás as de Érguete e FOCO que utilizarán espazos municipais.

Para inscribirse terá que facerse a través deste enlace https://forms.gle/63GqvFaT61xSyS18A ou contactando coa OMIX da Guarda a través do 986610000 ext 7 ou no mail informacion@aguarda.es

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais