|
Maiores de Tomiño cultivan corpo e mente nunha nova edición do programa Reactívate
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa de envellecemento activo poden xa inscribirse de xeito presencial, a través da web ou chamando ao 986 622 001
As persoas maiores de Tomiño cultivan corpo e mente nunha nova edición do programa Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que busca mellorar a calidade de vida, promover as relacións sociais e a autonomía persoal a través dun enfoque multidisciplinar entre as tomiñesas e tomiñeses maiores de 55 anos.
En colaboración coa asociación Afaga Alzheimer, o Concello pon en marcha un ano máis este programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade. "Queremos ofrecer a todas as persoas interesadas un plan de actividades que lles resulte interesante, atractivo e útil para a súa vida cotiá, favorecendo que saian da casa, estean en contacto con outras persoas e se manteñan activos e activas", explica o concelleiro de Benestar Social, Rubén García.
As clases comezarán o vindeiro 2 de novembro e nelas as persoas participantes poderán gozar de diferentes actividades que favorezan a memoria, a actividade física moderada ou o lecer, sempre en compañía de máis xente da mesma idade ou incluso máis nova.
O programa de actividades desenvolverase ata o vindeiro mes de xuño con clases dous días á semana, luns e xoves, de 10.00 a 12.30 horas, e terá un custe de 20 euros ao mes. As sesións levaranse a cabo nas instalacións da Asociación Vontade, no Lugar A Rocha, 19B. En total serán 5 horas de actividades semanais nas que se abordarán da man de persoal profesional as áreas cognitiva, socioeducativa e física para mellorar a súa saúde e calidade de vida de todas e todos os participantes e manter as súas habilidades cognitivas o maior tempo posible.
Dende o Concello anímase a todas as persoas maiores do municipio a participar neste programa para manter un envellecemento activo. As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa poden xa inscribirse de forma presencial, a través da páxina web do Concello ou chamando ao teléfono 986 622 001.
Tomiño énchese de bo humor esta fin de semana con dous espectáculos imprescindibles
Ibuprofeno Teatro levará o rock&roll ao escenario do auditorio de Goián coa súa galardoada obra 'Smoke on the water'. Sábado 21 ás 21 h, de balde
O público familiar poderá desfrutar de 'Nina Ninette' de Paula Quintas Cía o domingo 22 ás 17.30 h
O mes do humor continúa en Tomiño con dúas obras de teatro imprescindibles esta fin de semana, dous espectáculos de gran nivel, un para público adulto e outro para toda a familia, que durante unhas horas transportarán ao público a divertidas e entretidas realidades.
Ibuprofeno Teatro desembarcará no auditorio de Goián este sábado 21 de outubro coa súa galardoada 'Smoke on the water', unha traxicomedia sórdida, unha historia de sexo, drogas e rock and roll na que todo flúe de xeito orgánico dende que se encende o primeiro foco ata o éxtase final.
O escenario é a casa de Amparo, enferma en cadeira de rodas, e onde viven o seu fillo Ritchie, ancorado na música dos 70 e cunha tenda de vinilos de colección, e a súa muller Janis, que hai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de 25 anos de crise permanente. Unha relación de dependencia que se ve ameazada pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora de Janis. O rock and roll é o pano de fondo deste enredo amoroso-financeiro entre un grupo de seres humanos torpes, frustrados, desgastados e maltratados pola vida que provocan tenrura e compaixón.
Recoñecida con dous Premios María Casares, un a Mellor Actor Protagonista e outro a Mellor Espazo Sonoro, a obra poderá verse ás 21.00 horas con entrada de balde.
O domingo 22 será a quenda de 'Nina Ninette', un espectáculo de danza contemporánea de Paula Quintas Cía para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer, no que a figura dunha cincenta actual representa unha nena oprimida que loita para transformar a súa realidade, converténdose nunha heroína por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe.
Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Pero estraña o seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto no que é moi doado entrar, pero moi complicado saír. O público poderá descubrir se Nina consegue saír airosa desta aventura ás 17.30 h no auditorio de Goián. As entradas, que terán un custe de 5 euros, estarán dispoñibles unha hora antes no despacho de billetes do auditorio.
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|