JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Guarda presenta unha programación de teatro para Outono pensada para tódalas idades

Como cada ano, o Outono na Guarda é sinónimo de teatro, xa que é neste último trimestre do ano cando se concentra a programación cultural adicada as artes escénicas. Cinco serán as representacións que acollerá o Centro Cultural entre os meses de outubro a decembro con tres títulos adicados ao público infantil e familiar e dúas pensadas para público adulto e xuvenil. As propostas foron escollidas dentre as principais compañías teatrais galegas na procura de amosar as últimas novidades e velando sempre por atraer a máxima calidade.

O ciclo comeza o vindeiro sábado 28 de outubro en horario de tarde (18h.) coa representación "O Secuestro da Bibliotecaria" pensada para público familiar con motivo da celebración do Día das Bibliotecas. Esta representación corre a cargo da compañía Sarabela Teatro, que con mais de corenta anos de traballo ás súas costas, forman parte indisoluble da historia do teatro galego. O Secuestro da Bibliotecaria nos conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, cando é secuestrada por uns bandidos xerando un caos cultural na vila.

O ciclo continuará o 4 de novembro ás 20:30h. coa representación da obra teatral "As Alumnas", que ven de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática. As Alumnas, trata a historia de dúas alumnas da pedagoga María Barbeito, que se volven a atopar en 1970 trala morte da súa mestra, lembran a infancia e o mundo que lles abriu antes de que o Comité de Depuración afastase a María do seu traballo na escola. Elvira e Rosa son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía. Ademáis deste percorrido íntimo os temas centrais da obra, son a memoria histórica, a educación e o retroceso que esta sufriu nos anos posteriores á Guerra Civil.

Para público adulto e xuvenil lle seguirá a función "Iphixenia na porta do súper"(Sábado 25 de novembro), un monólogo actual que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista, unha moza de barrio que pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Interpretada maxistralmente por Alba Caneda, a súa personalidade magnética e directa amosa sen filtros e con humor os dilemas da protagonista na súa particular historia de amor-desamor, nas decisións que lle seguen e as consecuencias finais as que se ve abocada polos recortes sociais.

Para o público infantil e familiar as representacións continuarán o Sábado 11 de novembro e 16 de decembro coas funcións "Hugo"- que nos relata unha bonita historia de amizada dende a optica dun neno con síndrome do aspecto autista- e "Abracadáver", un espectáculo de circo terroríficamente divertido, pensado para desfacerse dos medos a través do clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver...

Toda esta programación conta co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2023 e do programa Tornar ás Táboas

Concello de A Guarda


A Guarda acolle a cuarta sesión dos "Encontros en Familia" o vindeiro 24 de outubro

" Martes 24 de outubro de 19:30h a 21:00h na Casa dos Alonso.

O próximo martes día 24 de outubro continúa na Guarda Encontros en familia coa cuarta sesión "O bo uso da tecnoloxía, Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que non te controlen a ti". Nesta ocasión trataremos a importancia de saber traballar coas novas tecnoloxías e sacarlles o máximo partido nunha sociedade en continua evolución

Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.

O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.

Na súa organización se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.

En total son 7 encontros, o primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.

PROGRAMA

- OUTUBRO

24.10.23
o "O bo uso da tecnoloxía". Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti.

- NOVEMBRO

07.11.23
o "Ruptura de parella". Moitas perdas e algunhas ganancias.

21.11.23

o "O acoso escolar". Detección, prevención e intervención familiar.

- DECEMBRO

12.12.23
o "A afectación do duelo ás relaciones familiares". Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.

Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais