Fin de semana cargado de propostas culturais para pechar o mes de setembro na Guarda
Teatro, música e unha exposición de escultura dan o sorpasso ao mes de Outubro.
O outono se estrea na Guarda cargado dunha ampla programación para este fin de semana, na que se concentran diversas propostas no venres, sábado e domingo.
O venres 29 de setembro ás 21h. será o momento do Teatro, esa disciplina que tanto gusta á xente da nosa vila e que nos trae nesta ocasión a sátira de Vicente Risco "O Porco de Pé". Unha comedia protagonizada por Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo, que ven de xirar por toda Galicia colleitando éxitos (con tres premios María Casares) e sobre todo o favor e as risas do público. O acceso será de balde ata esgotar o aforo da sala. Non é precisa a reserva previa.
Ao día seguinte, o sábado será o momento do concerto do programa Musigal 2023 da Deputación de Pontevedra, que cada ano aposta pola difusión da música en galego. Nesta ocasión chega ata A Guarda o grupo Laroá, que composto por nove músicos de disciplinas e orixes do mais variado propoñen un repertorio que pasa polo jazz e o swing fusionado cos ritmos tradicionais galegos, mediterráneos, centroeurpoeos...Unha proposta melódica de gran calidade artística para a noitiña do 30 de setembro, ás 21h. Na Praza do Reló
E por último, para pechar o fin de semana o artista José Luis Correa, inaugura o domingo 1 de outubro ás 18:00h. a súa exposición Ikarus na Casa dos Alonso. O artista, que xa tivo unha mostra no mesmo lugar no mes de marzo, achéganos agora un monográfico das súas creacións escultóricas, nas que se poderán observar diferentes técnicas artísticas, materiais e incluso momentos da súa creación.
O IES A Sangriña por Europa
" O alumnado dos ciclos formativos de Informática, de Administración e Xestión e de Secundaria están a aprender sobre as distintas culturas dos seus correspondentes alemáns, italianos ou turcos.
O IES A Sangriña está a participar nun programa Erasmus + KA210 denominado Digilinc. Trátase dun proxecto internacional de inclusión social que pretende tamén protexer a nosa lingua i expresións culturais por medio da dixitalización. O programa, que foi aprobado pola Unión Europea de xeito meritorio, reúne a diferentes institucións colaboradoras: o Käthe-Kollwitz - Berufskolleg (Alemaña), o I.I.S. Alberti (Italia), o Falez Mesleki ve Teknil Anadolu Lisesi (Turquía) e o propio IES A Sangriña da Guarda.
O alumnado dos ciclos formativos de Informática, de Administración e Xestión e de Secundaria están a aprender sobre as distintas culturas dos seus correspondentes alemáns, italianos ou turcos. Os acollen durante esta semana nos seus fogares e comparten con eles unha serie de actividades lingüísticas (presentacións, vídeos, xogos de pistas) e visitas culturais a empresas e a espazos da nosa contorna (visitas guiadas polo casco vello da Guarda, sendeirismo polos Muíños do Folón e do Picón, paseo en batiscafo pola ría de Arousa ou a propia visita á catedral de Santiago de Compostela).
Pero as actividades desenvolvidas non terían o mesmo carácter sen a axuda e colaboración dos membros de organizacións locais, como Avelaíña, a residencia Monte Sta. Tecla, a adega Terras Gauda ou o mesmo Concello da Guarda.
As delegacións tiveron o privilexio de explorar a beleza do Baixo Miño a través de visitas guiadas e rutas de sendeirismo, todo grazas ao xeneroso apoio do Concello de A Guarda. Ademais, a experiencia enriqueceuse coa colaboración desinteresada de Terras Gauda, unha adega de recoñecemento internacional, que abriu as portas dos seus viñedos para desfrutar dunha experiencia única de degustación e dunha fascinante radiografía do mundo do viño. O máis especial da semana veu da man de Avelaíña, xa que os agasallos para os visitantes foron deseñados polos talentosos nenos da organización, nenos con necesidades especiais que deixaron unha pegada inesquecible nos visitantes.
Este itinerario en A Guarda representa a segunda mobilidade das catro que inclúe o programa, tras a visita a Antalya no pasado mes de maio, e terá a súa continuación a vindeira primaveira en Alemaña e o próximo outono en Italia, con máis proxectos e actividades. Todo, co gallo de que o respecto e a inclusión sexan fíos condutores no diálogo cultural e na loita por un mundo sen fronteiras.
Abertas as inscricións para o Trail do Trega 2023
" A proba deportiva terá lugar no Monte Santa Trega da Guardao vidneiro 19 de novembro.
Comeza a conta atrás para unha nova subida ao Monte Santa Trega da Guarda. Xa están abertas as inscricións para participar na carreira dos famosos castros celtas, sendo esta a terceira e última proba da competición correspondente á Pontevedra Trail League 2023, tralas do Monte Aloia e a dos Muíños do Folón. Por iso, os que aspiren a gañar a "liga" terán que loitar por ocupar os primeiros postos.
Nesta décima edición haberá algunhas novidades, a primeira, as dúas distancias, 12 km con 450 metros de desnivel positivo para o Mini-trail e 19 km con 900 metros de desnivel para o Grand Trail. Ámbolos dous, por primeira vez, sairán á mesma hora, compartindo parte do percorrido.
A segunda novidade é o límite de prazas, 200 para cada unha das probas, xa que o Monte Santa Trega é un ben patrimonial e non pode, nin debe, estar saturado de corredores.
A terceira novidade, unha gran sorpresa para todos e todas, que será comunicada pola organización cando nos acheguemos un pouco ao propio día do evento.
Cabe lembrar que o sábado 18 de novembro terá lugar unha andaina popular para as persoas que o desexen, previa inscrición.
Os deportistas que xa participaron en anteriores edicións coñecen ben as fabulosas vistas que ofrece o monte Santa Trega, o segundo lugar máis visitado de Galicia, só por detrás da Catedral de Santiago. Os que se apunten por primeira vez descubrirán unha experiencia única "ver as augas do Atlántico bañando a vila guardesa", unha imaxe que sempre se lembra e queda para o recordo.
Por iso ata as 23:59 horas do día 15 de novembro, os que o desexen poderán anotarse para participar no X TRAIL DO TREGA, a través de www.traildotrega.com
15K DO ATLÁNTICO: UNA CARRERA "10"
La prueba celebra este domingo su décimo aniversario, con muchas novedades
El Monte Santa Tegra, segundo lugar más visitado de Galicia, tras la Catedral de Santiago, era este mediodía el escenario de la presentación de la 15K DO ATLÁNTICO Banco Mediolanum.
Tanto el día, como las espectaculares vistas, invitaban a prepararse para la carrera que se va a celebrar este domingo 1 de Octubre.
Abría el acto el Alcalde de A Guarda, Roberto Carrero, que se estrenaba en la prueba como recién elegido regidor de la villa marinera, dando " la bienvenida al Monte Santa Tegra, este lugar idílico de Galicia, en el que el Océano Atlántico, acaricia nuestras aguas ".
Estamos, decía, "sumamente implicados en este evento que cumple 10 años, y que superará los 1000 participantes".
Tras él, el director de la carrera, Serafín Martínez, de la empresa NOKO 360, explicaba todas las novedades de esta edición que llega ya a la decena. Así, empezaba hablando, del "aumento de participación, casi un 30% más, alcanzando los mil, entre las dos distancias y la andaina". " Nos estamos volcando aún más por cumplir los 10 años, y se mostraba "supersatisfecho de
La acogida por parte de los atletas de la carrera corta, de 7,5 km, demandada ya otros años, aunque no estoy seguro que pueda volver ha haberla en un futuro".
La camiseta conmemorativa, "está siendo un éxito", teniendo que ampliar los pedidos debido " a la gran demanda" .
Refiréndose al padrino de la prueba, Álvar Pino, aseguraba que "tenemos el honor de contar con una persona muy especial para mí como es Álvaro". Recordemos que el ponteareano había sido su director en el club ciclista Xacobeo Galicia.
Para finalizar, invitaba a " todos los nuevos miembros de las corporaciones de los Ayuntamientos de O Rosal, y A Guarda a conocer la carrera desde dentro, que vean el ambiente que hay ese día, porque es un evento que tenemos que cuidar, intentando cada año, ganar, ya no en cantidad, sino sobre todo en calidad".
La carrera como siempre tendrá su salida en Oia, y eso mencionaba su Alcaldesa, Cristina Correa, que recordaba "el escenario único, como es el Monasteiro de Oial, con esa iglesia recién rehabilitada", haciendo una año más, "una apuesta por Serafín, porque todos los años tiene un gran éxito" ; "Desde las administraciones públicas tenemos que seguir colaborando, junto a las privadas".
En Oia, "sigue creciendo la afición de runners, pero también de otro tipo de deportes"
Otro de los que se estrenaba en el cargo era el Concejal de deportes de O Rosal, Jose Carlos Martínez Crespo, que se "comprometía a participar, al menos en la andaina", además, añadía " se da la circunstancia de que soy Rosaleiro, mi casa materna está en Oia y yo trabajo en A Guarda"
Si la 15K do Atlántico puede llegar a su décima edición es, en gran medida, por la apuesta de su patrocinador privado, el Banco Mediolanum, representado por Ángeles Franco, Family Bancker, que recordaba el nacimiento de esta 15K " tras una carrera en Vigo, le dije a Sera que teníamos que hacer algo así en nuestra zona porque él es de O Rosal y yo de A Guarda".
Hacía mención Ángeles, del carácter solidario de la 15K a través del programa Mediolanum Aproxima, " conocemos ONGs y lo que hacen, estando en esta ocasión dirigida a la Asociación Española contra el Cáncer"; "es un reto personal, en el que queremos recaudar fondos para un proyecto dirigido a niños en fase avanzada o terminal con un diagnóstico de cáncer". En Mediolanum hemos comprado camisetas de la prueba para regalar a donantes, 1 € de cada uno de los participates de la andaina se donará, intentando llegar a los 5.000 € de recaudación, que van a ser doblados con otros 5.000 por parte del Banco Mediolanum".
Finalmente, invitaba a todos a entrar en "Mi gran de Aréa 15K", y realizar una aportación tan necesaria.
María Gómez, responsable de sostenibilidad en Vigo de la Asociación Española contra el Cáncer, afirmaba que " gracias a iniciativaos como las del Banco Mediolanum, podemos seguir ayudando a familias del Baixo Miño, y de toda la provincia, con nuestros servicios gratuítos, así como seguir invirtiendo en investigación"
"El objetivo a nivel nacional, es el de conseguir en el 2030 un 70% de supervivencia. Estamos ahora en un 50%. Recordaba que en el primer semestre de 2023 llevaban " más de 300 intervenciones en el Baixo Miño, por lo que estamos muy contentas y comprometidas".
Cerraba la jornada, el flamante padrino de esta 10ª edición, el exciclista Álvaro Pino, en otra época director deportivo de Sarafín Martínez, con el desaparecido Xacobeo Galicia. Decía el pontareano que le "había hecho mucha ilusión la llamada porque normalmente tengo muchas invitaciones, pero a eventos ciclistas, no a carreras a pié". Afirmaba ser " buen conocedor de la zona "ya que paso muchas veces en bicicleta por este camino de la costa que tiene cada vez más gente"
" Haré la andaiana, ya a que mi edad no estoy para correr", finalizaba el Campeón de la Vuelta ciclista a España en los 80.
Antes de las fotos de familia finales, las representantes del Banco Mediolanum han hecho entrega de un regalo al propio Álvaro Pino en agradecimiento a su participación.
Recordamos que las inscripciones finalizarán a las 23.59 horas de mañana miérrcores, pudiendo anotarse hasta ese momento en https://www.deporticket.com/web-evento/8730-15k-del-atlantico-banco-mediolanum
A Guarda participa o 1 de outubro no proxecto Libera de limpeza de praias
" O domingo 1 de outubro realizarase unha limpeza de praias dende O Puntal ata o Codesal ás 11:00h.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, participa un ano máis no proxecto "Libera, unidos contra la basuraleza", que consistirá nunha limpeza de praias na zona da desembocadura do Río Miño, un proxecto no que tamén colaboran SEOBirdLife e Ecoembes.
O punto de encontro asignado será o Parque do Puntal en Camposancos, onde se repartirá o material preciso(luvas, bolsas…) para realizar a limpeza e se realizará unha pequena charla explicando como será a actividade, que se desenrolará dende O Puntal ata a zona do Codesal, pasando polas praias do Muíño, a Lamiña, a Armona e O Codesal.
A duración aproximada da actividade é de 2 horas, abrindo a participación a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.
Dende o Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta actividade, a limpeza e mantemento do noso entorno é cousa de tod@s.
|