JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

SETEMBRO XUDEU EN TUI

" MEMORIA"

ANO FRANCISCO SÁNCHEZ

PROGRAMA

Photocoll "Porta da memoria" na Praza do Concello

Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau

Establecementos participantes con oferta de pratos e tapas
1. Casa Pote. r/ Colón
2. Cruceiro do Monte. Randufe.
3. El Molino. Augusto González Besada
4. Enma. r/ Seixas
5. Época. Avenida da Concordia
6. Ideas Peregrinas. r/ Porta da Pía
7. Jaqueyvi. Praza do Concello
8. Monte Aloia.
9. O Albergue. r/ Seixas
10. O Novo Cabalo Furado. Praza do Concello
11. O Vello Cabalo Furado. R/ Seixas
12. Parador de Turismo San Telmo. r/ Tenencia
13. Puro Sabor. r/ Ourense
14. Tapas e Viños. r/ Seixas

Sábado, 2 de setembro
Ás 12.00 h Visita guiada "Nacemento e crise da comunidade xudaica, unha ollada no urbanismo histórico de Tui" polo historiador Suso Vila. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Domingo, 3 de setembro
Ás 12.00 h Visita guiada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.
Martes, 5 de setembro
Apertura exposición "Tu pueblo será mi pueblo" cedida pola Red de Juderías. Anexo Sala Municipal de Exposicións. Ata o 24 de setembro.
Mércores, 6 de setembro
Ás 20.00 h Conferencia Elyjah Byrzdett: "El problema converso". Na Sala Félix Rodríguez González.
Domingo, 10 de setembro
Ás 12.00 h Visita guiada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.
Xoves, 14 de setembro
Inauguración exposición divulgativa sobre Francisco Sánchez. No Paseo da Corredoira.
Sábado, 16 de setembro
Xornada de debuxo ao aire libre do patrimonio xudeu de Tui. En colaboración con Colectivo de Urban Sketchers de Galicia e de Portugal.
Ás 12.00 h Visita á Ruta Xudía de Tui pola historiadora da arte e guía oficial Sara Quintana. Inicio Oficina Municipal de Turismo.
Domingo, 17 de setembro
Ás 11.30 h Visita guiada "Ourives xudeus e criptoxudeus tudenses" polo historiador da arte José Ramón Fernández Fernández. Inicio na Oficina Municipal de Turismo
Ás 20.00 h Concerto de Marta Quintana. Na igrexa de San Domingos.

Mércores, 20 de setembro
Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez "A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos" por Suso Vila. Na Sala Félix Rodríguez González.
Venres, 22 de setembro
Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez "Francisco Sánchez médico" por Rosendo Bugarín. Na Sala Félix Rodríguez González.
Domingo, 24 de setembro
Ás 17.30 h Visita guiada ao patrimonio xudeu tudense. Inicio na Oficina Municipal de Turismo.
Ás 19.00 h Cociñando a historia. Elaboración e degustación de receitas do libro "Sabores de Sefarad, los secretos de la cocina judeoespañola" polo chef Javier Zafra. Na Praza de San Fernando. Prazas limitadas. Inscrición en turismo@tui.gal.
Luns, 25 de setembro
Ás 19.30 h Charla "Gastrosimbología, conocer las claves y los mensajes de la cocina judía" polo chef Javier Zafra. Na Sala Félix Rodríguez González. Prazas limitadas. Inscrición en turismo@tui.gal.
Mércores, 27 de setembro
Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez "Francisco Sánchez, un tudense universal" por Laureano Alonso Álvarez. Na Sala Félix Rodríguez González.
Inauguración exposición biográfica sobre Francisco Sánchez. No Anexo Sala Municipal de Exposicións. Até o 16 de novembro.

Visita autoguiada á ruta xudía de Tui: https://rutajudia.turismotui.mobi/

Concello Tui


O CEIP de Guillarei estreará este curso comedor escolar tras un investimento de 15 mil euros de fondos municipais

Todos os centros educativos públicos de Primaria contan con este servicio

O CEIP de Guillarei estreará no curso 2023/24 o servizo de comedor escolar tras as obras realizadas no centro cun investimento de 15 mil euros por parte do Concello de Tui con fondos propio.

Deste xeito todos os centros escolares públicos do municipio de Primaria contarán este servizo tan importante para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Esta é unha das obras de mantemento e mellora que o Concello de Tui está a realizar aproveitando as vacacións escolares do verán nos distintos colexios con fondos propio, pondo a punto ás instalacións para o inicio do novo curso.

A construción do comedor escolar no CEIP de Guillarei supuxo un investimento de 15 mil euros. Consistiu na instalación de tarima vinílica e zócalo no chan, e falso teito con nova luminaria, e mosquiteiras nas ventás. Amais colocáronse módulos de cociña con fregadeiro de 2 senos, billas de pedal con regulación de temperatura, e encimeira.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, indica que o investimento que o Concello de Tui está realizando nos últimos anos para que os centros educativos conten con comedor escolar "da resposta á demanda das comunidades educativas das nosas parroquias, e que ano a ano imos cumprindo". Salienta así que "nestes momentos todos os centros educativos do municipio contan con comedor escolar" de tal xeito que os colexios do rural contan cos mesmos servizos que os do centro urbano.

Sonsoles Vicente explica que a súa concellería "seguirá investindo nos centros educativos do municipio, aínda que non sexa da súa competencia, para cubrir as necesidades da comunidade educativa do noso municipio, e seguiremos apostando pola equidade entre o rural e a zona urbana".

Concello Tui


Tui solicita un programa integrado de emprego dirixido exclusivamente a mulleres

O obxectivo é mellorar a empregabilidade da poboación feminina

O Concello de Tui presentou ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Promoción do Emprego e da Igualdade a solicitude dun Programa Integrado de Emprego. O investimento previsto ascende a 247.191,01€. De ser concedido desenvolverase durante un ano, con inicio previsto en novembro, para mellorar a empregabilidade dun centenar de mulleres do municipio.

Tendo en conta que en Tui a taxa de desemprego feminina case duplica á masculina, e que o índice de paro feminino é notablemente superior ao masculino entre persoas cun mesmo nivel de estudos o concello de Tui aposta por mellorar con este programa a empregabilidade feminina. Outro dos datos tidos en conta para solicitar un programa integrado dirixido exclusivamente a mulleres é a desigualdade rexistrada tamén no paro por sectores, principalmente no sector servicios e na construción onde as mulleres non teñen practicamente presenza. Así con este proxecto o concello de Tui busca "ofrecer as mulleres de Tui unha oportunidade de mellorar a súa empregabilidade para facilitar a súa inserción no mercado laboral a través dun conxunto de accións organizadas ao redor dun proceso personalizado e individualizado que ten como obxectivo o crecemento persoal e profesional das participante". Ao tempo quérese contribuír á promoción da igualdade no ámbito económico, laboral e social, á prevención da violencia de xénero, tal e coma sinala a concelleira de Formación, Emprego e Igualdade, Ana Nuñez.

O programa solicitado iniciaría a súa actividade, unha vez seleccionadas ás participantes, con formación para mellorar os resultados da busca de emprego con talleres de coaching e orientación, de preparación dunha entrevista de selección de persoal, intelixencia emocional, ou emprendemento. Tamén se impartirán obradoiros de mobilidade laboral, centrados principalmente en Portugal en colaboración co Eures Transfronteirizo. Coma novidade incorporarase un obradoiro sobre o uso da Intelixencia Artificial para mellorar a procura de Emprego.

Pero amais impartiranse cursos de competencias dixitais, xestión informatizada e control de stocks, operacións básicas de liña de produción, técnicas de venda e post-venda, manexo de plataformas elevadoras, técnicas de paquetería, expendedor/a de gasolina, entre moitas outras completando un total 1.198 horas de formación previstas neste programa. Contará tamén con medidas de conciliación e prácticas non laborais en empresas.

O programa vai dirixido a 100 mulleres e fixa coma obxectivo a inserción de máis do 45% das participantes. Para iso o Servizo Municipal de Orientación do Concello de Tui realiza un labor de prospección empresarial tanto na rede de empresas colaboradoras con que conta, coma coas do resto do tecido empresarial da zona. Neste eido incidirá amais o equipo prospector do propio programa que detectará os nichos de mercado e das empresas diana en creación de emprego, detectará as necesidades de persoal existentes, e establecerá acordos para dar resposta a esas necesidades de traballadores e traballadoras por parte do tecido empresarial.

A actividade industrial e empresarial no municipio con tres parques empresarias, aos que se suman os de concellos da contorna e do norte de Portugal, as áreas comerciais existentes, e a puxanza do sector turístico, son puntos fortes destacados no proxecto deste programa para dar así resposta ás necesidades de persoal das empresas da contorna ou mesmo fomentar o emprendemento.

O Concello de Tui salientaba amais a positiva experiencia previa na celebración destes programas, xa que o Programa Integrado de Emprego que se está a realizar dende febreiro deste ano logrou xa a inserción laboral do 70% das persoas participantes.

Concello Tui


O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade e empresas e veciñanza para manter Tui limpo

Ponse en marcha unha campaña de seguimento do cumprimento da normativa de limpeza

O Concello de Tui considera que a actual temporada turística está sendo exitosa para a hostalería tudense. O gran número de visitantes que recibe a cidade fai que moitos negocios multipliquen por tres ou por catro a súa actividade nestes meses de verán. Este feito incide positivamente na economía global do concello.

Este bo comportamento do turismo ten que vir acompañado dun esforzo por parte de todos, administración, veciñanza e establecementos hostaleiros e de restauración, para dar unha imaxe dun Tui limpo e ordenado. Si está claro que por parte do concello existe a obriga de manter as rúas limpas, por parte da veciñanza e especial dos negocios debe esperarse tamén unha maior responsabilidade no cumprimento da Ordenanza de Limpeza.

As empresas dedicas á hostalería e ao turismo, ao igual que as de que calquera outro sector, teñen o que coñecemos coma 'responsabilidade social', é dicir, máis aló de ser rendibles economicamente para os seus propietarios, teñen o compromiso e a obriga de buscar e promover o benestar social e a mellora do entorno no máis amplo sentido da palabra, tanto físico coma social.

O Concello lamenta que nun mes no que os e as visitantes enchen as rúas de Tui teñamos imaxes absolutamente lamentables arredor dos contedores de lixo, con caixas de cartón amoreados a carón do colector baleiro, restos de cociña pousados xunto ao contedor correspondente, bolsas de lixo depositadas a pé de rúa sen introducir nos contedores, … dando unha sensación de sucidade e abandono, que en nada benefician a ninguén, nin a veciños, nin a negocios. Por iso dende esta semana o Concello pon en marcha unha campaña de control da Ordenanza de Ornato Público e Limpeza. Sen ser esta a intención do goberno o incumprimento da normativa pode acarrexar sancións, dende 200 € para as infraccións leves até os 800€ para as máis graves.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, considera que manter o atractivo turístico e a boa imaxe do noso concello é un labor de todos e todas, na que todas as persoas e empresas nos temos que implicar, e que tamén todos e todas temos responsabilidade.

Concello Tui


O Concello de Tui solicita un novo obradoiro para acondicionar a Senda río Miño: Areeiros - Penedo"

Vinte persoas formaríanse nas especialidades de forestal e madeira ao longo dun ano. Suporía un investimento superior ao 700 mil euros

O Concello de Tui presentou á Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia a solicitude dun obradoiro de emprego cunha duración de doce meses e un investimento previsto superior aos 700 mil euros. O obxectivo deste obradoiro será a recuperación da Senda Río Miño Areeiro-Penedo e formaría a vinte persoas coma alumnado-traballador en dúas especialidades Forestal e Madeira.

De ser concedido o Concello de Tui aportaría 183 mil euros e a Xunta de Galicia 526 mil euros.

O alumnado traballador que participaría sería de 10 persoas en cada especialidade. No caso da de forestal, as persoas interesadas non necesitarían nivel formativo previo, mentres que para a especialidade de madeira necesitarían un nivel formativo de ESO. Ao remate do obradoiro recibirán o correspondente certificado de profesionalidade.

A actuación centrarase na mellora da accesibilidade da Senda PRG-19 (Tui-Caldelas-Tui), no tramo comprendido entre a Praia de Areeiros e Caldelas de Tui, até conectar co Sendeiro Municipal do río Miño entre o río Caselas en Tui e o Parque Municipal da Canuda.

A actuación prevista realizarase nun tramo de 6,535 metros á beira do Miño nas parroquias tudenses de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas de Tui, mellorando a accesibilidade e establecendo zonas de lecer e descanso, para poñer en valor a súa contorna e achegar á poboación os recursos paisaxísticos e patrimoniais que se atopan neste entorno coma é o caso do Petróglifo das Carneiras, a Ínsua de Mouros, o xacemento de Igrexa Vella, o local social de Augas Termais de Caldelas de Tui e o xacemento romano do Pombal.

A senda transcorre en boa parte por terreos de titularidade municipal e o concello traballa xa na solicitude dos permisos necesarios para a súa realización. No proxecto contémplase o seu acondicionamento baixo criterios de máxima integración ambiental e respecto á paisaxe e contorna. O ancho da senda será de 1,50 metros, cunha pendente transversal do 2% para evitar a formación de charcos e favorecer a drenaxe, adaptándose ao terreo natural minimizando os movementos de terra. Para salvar pendentes considerables contémplase a execución de pasarelas elevadas de madeira, e na zonas con desniveis superiores aos dous metros colocaranse varandas de madeira.

Co proxecto presentado a este obradoiro de emprego o concello de Tui mantén a súa posta pola recuperación das sendas fluviais, coma está a facer o actual obradoiro coa senda do río Furnia, xunto a recente execución das sendas entre a Mariña e a praia de Areeiros, coa pasarela peonil sobre o Louro, e coa actuación proxectada dende Caldelas até o límite con Salceda, no entorno do río Caselas coa CHMS.

Ao tempo o Concello de Tui mantén o seu compromiso coa formación e o emprego, xa que as persoas que participen neste obradoiro ao seu remate recibirán o certificado de profesionalidade en dúas especialidades que contan con gran demanda na actualidade.

Con estas e outras iniciativas formativas desenvolvidas ao longo dos últimos anos mellórase a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, algo que queda reflectido nos positivos datos de descenso do número de persoas inscritas nas listas dos Servizos Públicos de Emprego, que suma cinco meses consecutivos de descenso.

Concello Tui


O Concello de Tui investirá case 1 millón de euros na humanización do entorno do Mercado Municipal

O Ministerio vén de conceder unha subvención de 725 mil euros para a execución desta obra

O Concello de Tui vai investir case un millóns de euros na humanización do entorno do Mercado Municipal. Para esta obra o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ven de conceder de 724.535,03 € dos 905.668,79€ a que ascende o proxecto a executar. O Concello de Tui asumirá o 20% restante do orzamento.

Trátase da segunda fase do proxecto de "Humanización do entorno do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui". A subvención recibida forma parte da liña de Axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles de comercialización do Ministerio.

Este proxecto contempla por unha parte a actuación en todo o entorno da praza de abastos e por outra parte unha serie de iniciativas concretas en formación, dixitalización e sensibilización para o comercio local.

Así porase en relación o edificio da praza de abastos co seu entorno, dotándoo de singularidade e espazos de lecer e esparexemento.

Na obra de humanización crearase unha nova praza urbana na traseira do edificio, que contará cun espazo interior cuberto - a executar na primeira fase - no que se poderán realizar eventos e actividades, e farase peonil un tramo da rúa Maristas. Ampliaranse as zonas verdes conectando a pequena zona boscosa existente nas inmediacións cun xardín a carón da praza, o que se reforzará coa plantación de árbores e a instalación de xardineiras na zona de aparcamento. Reconfigurarase esta zona destinada ao estacionamento dos vehículos trasladándose á zona leste, e se mellorará a dársena traseira de carga e descarga adaptando a súa altura para que poida ser empregada por furgonetas. Procederase amais á mellora das redes de pluviais, abastecemento e saneamento, ao tempo que toda a zona será moito máis accesible.

Esta segunda fase completa a posta en marcha dun conxunto integral de actuacións que comezará coa reforma integral do edificio. Esta obra sairá en breve á licitación, unha vez sexan aprobados en pleno os pregos técnicos. Este proxecto suporá a transformación nun gran espazo público do entorno do Mercado Municipal apostando pola humanización das rúas perimetrais e do espazo de aparcamento da propia praza de abastos mellorando a calidade urbanística deste espazo.

O proxecto inclúe tamén a dixitalización e revitalización do comercio local dando continuidade ás actuacións previstas tamén na primeira fase neste ámbito. Así contémplase a posta en marcha dunha APP de fidelización ao comercio local, unha plataforma Smart City sobre hábitos de compra, a implantación de redes wifi nas zonas comercias, cartelería dixital con información comercial así coma unha diagnose e a elaboración dunha folla de ruta para mellorar a competitividade do sector comercial. Por outra parte levaranse a cabo acción formativas en idiomas, inglés e portugués, e en economía circular. Na zona serán instalados cinco puntos de recarga para vehículos eléctricos nunha aposta pola sostenibilidade reducindo a pegada de carbono, o que irá en consonancia coa mellora da eficiencia enerxética ao instalar luminarias de baixo consumo.

Desta actuación beneficiaranse preto de 300 establecementos comerciais do municipio así coma os 140 postos do mercado semanal dos xoves.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta que "actuación busca mellorar a relación do mercado co seu entorno, enriquecéndoo e dotándoo de singularidade ademais de integralo dentro do urbanismo da cidade". A humanización desta zona xunto a reforma integral do propio edificio permitirán que o Mercado se converta "nun punto referencial dentro do tecido comercial local". Deste xeito indica que se "recupera un ámbito urbano importante" o que "contribuirá a recuperar da potencialidade comercial tanto da praza coma do propio municipio".

Concello Tui


Tui recuperará a senda do río Caselas pondo en valor este espazo natural e patrimonial

Concello de Tui e CHMS asinaron o convenio que contempla un investimento de 935 mil euros

O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio. Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.

Para iso o Concello de Tui asinou un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, para o financiamento, execución e entrega das obras de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas en Tui.

O convenio foi asinado o pasado 19 de xullo entre o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a tenente de alcalde e concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez. Onte luns, 31 de xullo, foi publicado no Boletín Oficial do Estado.

A primeira fase desta actuación consistirá nas obras de restauración e posta en valor dos muíños consistirán no acondicionamento das estruturas do Muíño do Medio no Souto de Arriba e do Muíño da Seña. En concreto levarase a cabo a limpeza, estabilización e consolidación dos paramentos e cubertas. Tamén se procederá a acondicionar as zonas exteriores, creando elementos de interpretación e posta en valor destes elementos patrimoniais. O convenio tamén contempla a creación de elementos de interpretación e posta en valor do antigo acueduto sobre o cauce do río Caselas.

A segunda fase comprende a execución dunha senda peonil na marxe dereita do río Caselas no termo municipal de Tui.

O investimento previsto ascende a 935 mil euros dos que a Confederación aportará 748 mil euros (80%) e o concello de Tui 187 mil euros (20%). Tres son as anualidades previstas, así este ano investirán 86 mil euros,123 mil en 2024 e 726 mil en 2025.

Agora tras a sinatura do convenio a Confederación Hidrográfica do Miño Sil asumirá a redacción dos proxectos, licitación e adxudicación das obras a executar. Unha vez completados os traballos o Concello de Tui recibirá as obras sendo o encargado do seu mantemento e conservación.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta a aposta que dende o Concello de Tui se ten realizado pola recuperación das marxes do río Miño e doutros ríos no termo municipal pondo en valor a súa riqueza tanto natural coma patrimonial. Nese senso apunta coma estas actuacións son de interese tanto para a poboación local coma para visitantes polo seu gran atractivo turístico.

A tenente alcalde e concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, destaca a importancia de recuperar e pór en valor todos os elementos patrimoniais e naturais do municipio, o que redunda tamén na dinamización turística e económica de Tui. Avanza a concelleira que o Concello de Tui vén de solicitar unha obradoiro de emprego para acondicionar o tramo de senda fluvial dende a praia de Areeiros até a senda do Caselas.

Nesta liña de traballo que busca a recuperación dos espazos naturais e patrimoniais en 2016 executouse a senda peonil dende a rúa Olímpicos Tudenses até a vella Ponte Internacional. Este ano realizouse o tramo dende a Mariña até a Metralla, e instalouse unha pasarela de madeira na desembocadura do río Louro, co que se deu cumprimento a unha demanda histórica, ao comunicar este tramo até a praia de Areeiros en Guillarei. Amais en breve estará rematada a senda do río Furnia, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro, que está levando a cabo o Obradoiro de Emprego.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais