JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O alcalde de Caminha, Rui Lages, e o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero, reuníronse en Caminha, para tratar os expedientes comúns entre os dous concellos " Cómpre buscar financiamento dos Estados para que o río Miño poida ser dragado e garantir unha conexión fluvial máis robusta e eficaz.

Os alcaldes de Caminha e A Guarda reuníronse este mércores en Caminha, para tratar os expedientes que ambos teñen entre mans e que son comúns aos dous concellos do río Minho.

Algúns dos expedientes tratados refírese á conexión fluvial entre Caminha e A Guarda que, desde 2020, está suspendida, inicialmente pola imposición de restricións de circulación como consecuencia do Covid-19 e, posteriormente, pola seguridade do peirao de embarque na Pasaxe , que se atopa actualmente en reparación.

Unha das preocupacións expresadas tamén se relaciona coa colmatación do río Miño e da canle do Ferry, que pon en risco a súa navegabilidade. "Cómpre buscar financiamento dos Estados para que o río Miño poida ser dragado e garantir unha conexión fluvial máis robusta e eficaz. Non só para que o Ferry poida navegar, senón tamén para que as actividades pesqueiras e náuticas se desenvolvan dun xeito máis seguro". Cruzar o río Miño é un punto de preocupación común. "Hai que ter unha conexión efectiva e regular entre os dous pobos, que sempre viron o río Miño como un espazo común que nos une, pero o certo é que, nos últimos tempos, converteuse nun espazo que nos separa, debido a imprevistos, alleos aos propios concellos", sinalaron os alcaldes.

A cooperación institucional tamén foi un tema central do encontro, onde presidente e alcalde se comprometeron a manter boas relacións entre os concellos.

A creación dunha eurocidade entre Caminha e A Guarda é un dos temas que os alcaldes pretenden desenvolver a curto prazo.

Cultura e deporte serán unha ponte que pretendemos explorar entre as dúas ribeiras do río Miño.

Na xuntanza tamén se tratou un tema sobre a construción de parques eólicos na costa atlántica que limita cos dous municipios. Unha preocupación de ambos os alcaldes, e o seu compromiso, é facer todo o que estea no seu alcance, xunto coas entidades competentes, para minimizar os impactos no territorio transfronteirizo, defendendo a pesca, a poboación, o turismo e o territorio.

Tamén esta prevista unha nova reunión, para revalorizar o estado dos citados expedientes, no concello da Guarda.

Concello de A Guarda


A compostaxe doméstica afiánzase na Guarda con case 600 composteiros repartidos dende o ano 2017

" O concello da Guarda solicitou a SOGAMA mais composteiros individuais xa que na vila guardesa a compostaxe ten moi boa acollida.

A Guarda, que no seu momento se uniu o Plan de Compostaxe Revitaliza da Deputación de Pontevedra, leva xa varios anos formando e promocionando a compostaxe entre os seus veciños e veciñas.

O complexo medioambiental de Cerceda, desta última vez doou o Concello da Guarda un total de 25 composteiros individuais, que se suman aos 50 que xa doara o ano pasado, conseguindo así que a vila Guardesa chegue a ter case seiscentos composteiros repartidos entre os veciños.

Dende o Concello quérese salientar a estupenda acollida que ten a compostaxe individual, xa que o pasado mércores 23 repartíronse no Centro Cultural da vila os tan demandados composteiros.

Nesta cita, a mestra composteira fixo unha pequena formación aos veciños para ensinarlles dende como se monta o composteiro ata que se debe botar ou onde é o lugar mais axeitado para telo.

A reunión de entrega dos composteiros acudiron tanto o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero como a Concelleira de Medio Ambiente, Vanesa Alonso.

Hai que salientar que tratar os nosos residuos orgánicos a través da compostaxe ten innumerables beneficios tanto para o medio ambiente como para a vila xa que reduce os custos do servizo de lixo e limpeza ademais de reducir o número de contedores nas rúas, evitando así numerosas problemáticas asociadas.

A través deste tipo de xestión conseguimos transformar un residuo nun recurso moi valioso para o nos solo.

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro

O vindeiro martes día 29 de agosto de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de setembro de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 29 de agosto de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 8 de setembro e a recollida de documentos terá lugar o 13 de setembro.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro

" Baixada de Carrilanas, Torneo da Cachiza, Carreiras Pedestres, concertos, exposicións, Festa da Zorza… e moito máis.

Na xornada do mércores día 23 de agosto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda a presentación oficial da programación das Festas das Mercedes da Gándara 2023, contando coa asistencia do Alcalde, Roberto Carrero; do Presidente da Comisión de Festas, Juan Carlos, do Concelleiro de Deportes, Celso Rodríguez Fariñas e o Concelleiro de Deportes, Aser Estévez.

A programación de eventos e actividades na edición 2023 da Festa das Mercedes é unha programación moi extensa que congrega actividades deportivas, culturais, gastronómicas e de ocio, contando coa Baixada de Carrilanas, o Torneo da Cachiza, as Carreiras Pedestres, os concertos, as exposicións, a XXXV Festa da Zorza e moito máis.

As actividades arrancan na xornada do sábado día 2 de setembro coa VI edición da Baixada de Carrilanas, cun percorrido entre a Praza de Avelino Vicente(AS de Copas) e o Porto da Guarda. As inscricións están abertas cun prezo de 10€ en rifas das festas con data límite ata o 31 de agosto chamando ao 649 887 379 ou 661 281 254, tamén participarán os Drift Trikes.

Seguindo a programación, na xornada do sábado día 9 de setembro terá lugar o XIV Torneo da Cachiza a partires das 16:00h na Rúa As Pozas, cunha inscrición de 10€ por parella que se realizará ata as 15:30h antes do torneo. Haberá premios e as inscricións se poden realizar nos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.

O sábado 16 de setembro a partires das 18:00h terá lugar a XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, un evento deportivo gratuíto para o que é preciso realizar unha inscrición previa ata o 12 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no enderezo opercamino@gmail.com, ou ben no mesmo día da carreira en horario de 16:30h a 17:30h na mesa de secretaría da Carreira. Haberá un total de 8 categorías en función das datas de nacemento dos participantes e cunhas distancias entre os 100m. e os 6500m.

A partires das 21:00h do 16 de setembro terá lugar na Praza dos Seixiños o XI Serán que contará coa participación de diferentes grupos tradicionais e de pandeiretas da zona, haberá chocolate e biscoito para os asistentes.

O domingo 17 de setembro ás 20.00h actuará os Reguefeiros(do Luar), Luis o Caruncho e Bieito Lobariña e os Veciños, para rematar a xornada co Grupo Folk Na Revolta.

O venres 22 de setembro a partires das 18:00h comezarán as degustacións na XXXV edición da Festa da Zorza ata a media noite, cando realizarase a gran Queimada Popular e contarase coa animación da Charanga Patocar.

O sábado 23 de setembro a partires das 22:00h arrancará a verbena coa actuación do Grupo Ritmo e rematando cun único pase o Grupo América.

O domingo 24 de setembro a partires das 9:00h pasarrúas polas rúas do pobo a cargo do Trebón dos Xidos, ás 17:00h Xogos populares na Praza dos Seixiños e a partires das 20:00h actuación da Escola de Danza "Dansá".

Ademais do 16 ao 17 de setembro haberá unha exposición de maquetas de corcho elaboradas por Tino, o sábado 16 de setembro en horario de 17:00h a 21:00h e o domingo 17 en horario de 19:00h a 2:00h.

Actos relixiosos: Venres 15 comezo da novena ás 18:30h con rosario e misa e domingo 24 ás 12:30h Misa Solemne con sermón cantada polo Coro Cantábile e procesión acompañda polo Grupo de Gaitas A Boalleira.

Concello de A Guarda


A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará na Guarda no mes de outubro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 04/10/2023 ao 05/10/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:

" 05/10/2023 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:

" Por teléfono: 902 30 90 00

" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Mensaxe do Concello sobre a conservación dos elementos públicos ante actos de vandalismo

" As rúas, o mobiliario, os vehículos e os fornecementos son de todas e todos os guardeses e están á súa disposición, polo que deben de coidarse e respectarse como tal.

Tras un domingo do Monte de troula e xuntanza, queremos facer unha pequena reflexión sobre diferentes actos que tiveron lugar durante a noite deste domingo e que están totalmente fóra do que realmente significa a nosa festa grande.

Todos somos conscientes de que durante os días das festas prodúcese unha gran concentración de xente na nosa vila, implicando un enorme esforzo por parte dos traballadores e traballadoras municipais en materia de limpeza, orde público e mantemento, de maneira que as nosas rúas luzan da mellor maneira durante estes días tan especiais para todas e todos nós. Sen embargo e desgraciadamente, as accións duns poucos van máis alá, producindo danos de consideración no mobiliario urbano, fornecementos e incluso vehículos municipais. É preciso recordar que, as accións de vandalismo, ademais das posibles consecuencias legais que poidan derivarse das mesmas, implican unha dedicación de recursos públicos, tanto humanos coma económicos, para a recuperación do mobiliario ou os equipamentos vandalizados, que se deixan de dedicar á mellora ou conservación doutros elementos.

A sociedade guardesa somos unha sociedade pacífica e respectuosa e non debemos tolerar que uns poucos provoquen este tipo de danos e desperfectos, difundindo unha imaxe da nosa vila como un lugar sen orde e sen lei. As rúas, o mobiliario, os vehículos e os fornecementos son de todas e todos os guardeses e están á súa disposición, polo que deben de coidarse e respectarse como tal.

A Guarda é a nosa casa e así debemos coidala, erradicando das nosas rúas comportamentos incívicos e vandálicos, ben sexan o domingo do monte ou calquera outro día do ano; porque o coidado e o respecto do que é noso é fundamental para que A Guarda sexa sempre un lugar admirado por nós, como guardesas e guardeses, así como por todos aqueles que nos visitan.

Concello de A Guarda


Licitación da xestión do Servizo de Axuda do Fogar

" As ofertas poderán presentarse ata o día 12 de setembro de 2023.

O Concello da Guarda procede á licitación do Contrato da xestión do servizo de axuda no fogar (SAF) na modalidade de dependencia e libre concorrencia por procedemento aberto por 2.138.451,28 €.

O novo equipo de goberno nunha aposta decidida por impulsar os Servizos Sociais do concello acaba de licitar o contrato do Servicio de Axuda no Fogar para os próximos catro anos por un importe de 2.138.451,28 €

O obxecto desta contratación é a prestación do servizo de axuda a domicilio, sendo a finalidade a atención a persoas ou unidades de convivencia, no seu propio domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, que facilite a permanencia das persoas usuarias na súa contorna habitual.

As ofertas poderán presentarse ata o día 12 de setembro de 2023.

Concello de A Guarda


A Unidade Móbil de inspección técnica de turismos estará na Guarda no mes de setembro

A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 12/09/2023 ao 25/09/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:

" 25/09/2023 que será horario só de mañá

Para solicitar cita previa:

" Por teléfono: 902 30 90 00

" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Presentación do libro sobre a Historia do Traxe Galego nas Festas do Monte

" Terá lugar o sábado día de agosto ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda.

O vindeiro sábado día 5 de agosto ás 20.00h o Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do libro coordinado por María del Carmen González sobre a historia do traxe galego na vila mariñeira da Guarda dende o século pasado ata a actualidade, unha acción promovida dende a Asociación pola Recuperación do traxe galego.

No acto de presentación, ademais da propia autora, participará tamén J. Luis Álvarez, membro do grupo "Sete Espadelas" de Pontevedra, que realizará unha intervención sobre o traxe tradicional e as súas particularidades no sur da nosa provincia.

O acto estará amenizado polo grupo de gaitas tradicional Raigames, de Vigo.

Ademais, dende o día 5 ata o día 11 de agosto haberá una exposición de traxes tradicionais na sala de exposicións do Concello de A Guarda.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais