JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

1.200 mozos e mozas de Xetafe preparan en Tui a Xornada Mundial da XuventudeVai

Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa. Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.

Onte á tarde a tenente alcalde, Ana Núñez, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse ás instalacións do Colexio Marista Santa María para darlle a benvida a estes 1.200 mozos e mozas que están en Tui acompañados polo bispo da diocese de Xetafe. Os representantes municipais desexáronlles boa estadía en Tui. A súa ledicia deixase contaxiar nas rúas de Tui por onde transitan os distintos grupos coñecendo a cidade, os seus valores artísticos, patrimoniais, históricos e naturais.

O próximo luns a primeira hora máis de 15 autobuses sairán dende Tui con destino a Lisboa.

Concello Tui


Un neno e unha nena saharauí pasan o verán en Tui

Esta mañá foron recibidos polo alcalde na casa do concello xunto ás súas familias

Sahla Abba-Lehbib Bahía e Yusef Abderrahman Sluj son a nena e o neno sasharauí que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Tras chegar o pasado día 17 a Galicia hoxe foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos.

Yusef é o segundo ano que vai compartir estes meses de verán cunha familia tudense, mentres que Sahla é a primeira vez que participa nesta programa, no que unha irmá súa estivo tamén con anterioridade en Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deulles á benvida á cidade desexándolles que pasen un bo verán disfrutando de actividades propias desta época coma a praia e a piscina. Amosou amais o rexedor o seu agradecemento ás dúas familias acolledoras por sumarse a este programa permitindo que estes cativos poidan pasar os meses de xullo e agosto lonxe das extremas temperaturas que no verán hai nos Campamentos de Refuxiados. Durante a súa estadía, até o 2 de setembro, Shala e Yusef, aproveitarán tamén para mellorar o seu castelán, pasar revisións médicas e sobre todos disfrutar do tempo de convivencia e lecer coas súas familias.

Concello Tui


Renovada a iluminación do campo de fútbol de Guillarei con tecnoloxía led

O Concello de Tui investiu 4.500€ de fondos propios nesta actuación

O Campo Municipal de Fútbol "A Gándara" de Guillarei conta con novo sistema de iluminación. O Concello de Tui vén de investir 4.500 € de fondos propios para a renovación das torretas de iluminación e o cambio a tecnoloxía led das luminarias.

Deste xeito o Concello de Tui segue apostando pola mellora das instalacións deportivas municipais para que reúnan as condicións máis axeitadas para a práctica deportiva.

Así en concreto no campo da Gándara, ante o mal estado das torretas estas foron substituídas por unhas novas. As novas torres de iluminación e as luminarias LED proporcionan unha iluminación máis potente, uniforme e eficiente enerxeticamente. Amais a tecnoloxía LED permite un maior aforro de enerxía en comparación coas luminarias convencionais, reducindo así o impacto ambiental.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, sinala que este investimento reflicte o compromiso do Concello co deporte mellorando as condicións das distintas instalacións para a práctica deportiva.

Concello Tui


O Concello de Tui rehabilitará cinco vivendas municipais en Caldelas para destinalas a alugueiro social

O IGVS concedeu 250 mil euros dos 425 mil de investimento previsto. As obras deben estar rematadas en outubro de 2024

O Concello de Tui vai rehabilitar 5 vivendas no edificio de titularidade municipal en Caldelas, o que suporá un investimento de 425.743,84€. Deste total o Instituto Galego de Vivenda e Solo financiará 250 mil euros ao abeiro da convocatoria das Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social. O prazo de execución remata o 25 de outubro de 2024.

En concreto as vivendas a rehabilitar serán no portal 1 o baixo C, no portal 2 os baixos D, E e F, e a vivenda adaptada do Portal 3.

Nas vivendas procederase ao cambio da carpintería exterior e a colocación dun elemento metálico para ocultar a unidade exterior de aerotermia. As obras a executar contempla o cambio da instalación de fontanería, saneamento, calefacción, eléctrica e de telecomunicacións, así coma da carpintería interior. Tamén se procederá ao revestimento e trasdosado, con cambio dos pavimentos, alicatados, guarnecidos e pinturas. Nas cociñas instalarase o mobiliario e electrodomésticos , mentres que nos baños cambiaranse os sanitarios, instalarase un moble de lavabo e a mampara de ducha.

Amais no caso da vivenda adaptada mellorarase a accesibilidade da mesma. Así para facilitar a mobilidade igualarase a cota do solo da garaxe á da vivenda, farase unha redistribución da zona eliminando a actual porta de acceso á garaxe e substituíndoa unha ventá que dará iluminación ao rocho, e abrirase unha nova porta de acceso ao garaxe na fachada. Tamén se modificará a rampla de acceso á vivenda e a súa varanda.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que o arranxo destas vivendas para dedicalas a vivenda social "era unha reivindicación histórica á que este goberno lle quería dar cumprimento", ao tempo engadía que con esta actuación comeza "a cumprirse ese compromiso de comezar a colocar vivenda de uso social" o que engadía "é unha magnífica noticia". Dos 425 mil euros de investimento previsto o IGVS aportará 250 mil euros, polo que Enrique Cabaleiro indicaba que terán que estudar se financiar con fondos propios o importe restante ou conseguir unha subvención adicional. Así sinalaba que "estudaremos cal é a forma menos onerosa para a Tesourería local e tamén a máis áxil, e ese é o traballo que teremos que facer a partir de agora".

Salienta o alcalde de Tui que tras esta actuación quedarán xa rehabilitadas todas as vivendas que neste intre están baleiras neste edificio municipal. Lembraba amais como no mandato anterior con financiamento da Deputación acometéronse obras importantes de rehabilitación neste edificio.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais