JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Goián énchese de música clásica, teatro e comedia co espectáculo 'Desconcerto'

A proposta de Culturactiva Producións terá lugar na Praza do Pintor Antonio Fernández mañá sábado ás 21.30h

A parroquia tomiñesa de Goián recibe sábado, o espectáculo 'Desconcerto' de Culturactiva Producións. Unha proposta que mestura música clásica e teatro en clave de comedia. O escenario será a Praza do Pintor Antonio Fernández, ás 21.30h, e o acceso é de balde e para todos os públicos.

Os actores Félix Rodríguez e Fran Rei, dirixidos por Marcos Orsi, protagonizan este espectáculo nos que interpretan a dous solistas que chegan tarde ao recital. Coa orquestra preparada para comezar, deberán ir improvisando para saír do paso.

Con este punto de partida, 'Desconcerto' levará ao público de paseo pola obra de grandes compositores como Leroy Anderson, Bach, Khachaturian, Mozart, Beethoven ou Rossini, combinados con temas en directo e, sobre todo, moito humor.

Concello Tomiño


O Concello de Tomiño renova a iluminación exterior para reducir o consumo de enerxía no municipio

En convenio coa Deputación de Pontevedra, e a través dos fondos FEDER, instaláronse novas luminarias de baixo consumo en Sobrada, Currás e Amorín

O Concello de Tomiño vén de renovar o alumeado exterior nas parroquias de Sobrada e Currás ata Amorín, pola estrada xeral; así como a iluminación e sinalización exterior do Concello, co propósito de reducir o consumo enerxético. Conserváronse as carcasas pero instaláronse no seu interior unhas novas luminarias que permiten reducir as emisións de carbono.

As acción de mellora incluíron a substitución de 376 puntos de luz e a instalación de nove cadros de mando novos, cos que se acadará un aforro enerxético estimado de case o 60%. Tamén se substituíu o cableado en mal estado. As zonas nas que se levaron a cabo estas accións foron o contorno de PO-350 na parroquia de Sobrada, así como o contorno de PO-552 nas parroquias de Currás e Sobrada.

Esta actuación de cambio de luminarias realizouse no marco dun convenio coa Deputación de Pontevedra e foi financiada nun 80% por fondos FEDER, e está aliñado co Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que o Concello botou a andar no ano 2020. O orzamento total ascendeu a case 165.000 euros.

O cambio de luminarias permitirá reducir nun 40% as emisións de CO2 de aquí a 2030, aumentar a capacidade de resiliencia do Concello minimizando o consumo enerxético, e incrementar o uso de enerxías renovables.

Con estas medidas, Tomiño avanza no cumprimento do seu plan de Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Concello Tomiño


O Mercado de Tomiño renova por catro anos o selo de 'Mercado Excelente' que concede a Xunta de Galicia

O Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, acudiu hoxe ao Mercado Municipal de Tomiño para entregar a renovación do selo de 'Mercado Excelente', que avala por catro anos máis a calidade desta praza de abastos, en canto á súa innovación e modernización, sen perder o compromiso coa tradición e a profesionalidade dos e das praceiras.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a todas as persoas que traballan no Mercado o seu labor á hora de manter a calidade do servizo, así como á cidadanía que se achega a mercar alí cada día.

O selo de 'Mercado Excelente' valora catro aspectos globais dos mercados: a imaxe do mercado, as instalacións e accesibilidade, a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos, así como a implicación e integración do mercado na vida social do Concello.

Este selo é un distintivo difícil de acadar, de feito só tres concellos de Galicia o teñen: o mercado de Pontedeume, o de Vilagarcía e o de Tomiño. O selo renóvase cada catro anos, e neles o Mercado de Tomiño traballou para manter e mellorar os seus servizos, infraestructuras e trato ao público. Un selo no que a praza tomiñesa é pioneira, posto que foi a primeira en recibir esta distinción que outorga a Xunta de Galicia.

Concello Tomiño


Aberto o prazo de inscrición o curso de tenis do Plan Corresponsais do Concello de Tomiño

Esta actividade está dirixida á rapazada menor de 16 anos

O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para participar no Curso de Iniciación ao Tenis, que se desenvolverá ao longo do mes de agosto. Esta actividade está dirixida á poboación infantil e adolescente menor de 16 anos.

O Curso de Tenis realizarase os martes, mércores e sábados e conta con tres quendas: de 10 a 11h, de 11 a 12h e de 12 a 13h. Levarase a cabo nas pistas de tenis municipais no Mosteiro e será impartido por unha persoal profesional.

As inscricións faranse a través dun formulario que pon a disposición a OMIX: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgLHQssp6c2JqmrO6aXvci70T3b0HnHV-aWvDSiW5ZA5RBMw/viewform

As inscricións deberán ser realizadas polo pai, nai ou titor de cada participante. Unha vez pechado o prazo de inscrición, comunicaráselle a cada participante o programa e a duración por correo electrónico.

Para máis información: https://tomino.gal/omix/

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais