JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Música, cinema e maxia na programación cultural de agosto do Concello do Rosal

Unha decena de actividades que terán como escenario diferentes barrios do municipio

O concello do Rosal presenta unha programación cultural para o mes de agosto que ven chea de música, cinema e propostas para público familiar. As actividades realizaranse en diferentes espazos do municipio.

O martes, día 1 de agosto, terán lugar na Finca Son Rural, no Tabagón, a actuación do Mago Paco para público familiar, e o concerto do Quinteto Suso González, ás 20 e 21 horas, respectivamente.

Nesa mesma primeira semana de agosto, na Praza do Calvario, actuará o Cuarteto Caramuxo, o xoves ás 22 horas, dentro da programación do Rosal Cámara Fest. O sábado a partir das 20.30 horas o público poderá gozar do Festival de Músicos Xoves, que celebra este ano a súa edición número 32. Pola súa banda, o o Encontro de Corais celebrarase o domingo 6, a partir das 20 horas, na Igrexa de Santa Mariña.

O ensemble de cámara Camerata Arven será o protagonista do serán do 8 de agosto, cun concerto moi especial na Igrexa de Santa Mariña. San Vicente en Marzán acollerá o 18 de agosto a actuación musical de Que de que, e o sábado 19, será a Abadía Eiras o escenario para o Cuarteto do pianista vigués Sergio de Miguel.

A programación cultural do mes de agosto péchase coa proxección de dous filmes ao aire libre. O xoves 24 será a comedia 'Cuñados', ás 21.30 horas na praza de Novás, mentres que o martes 29 será a quenda de 'Matria', na praza de Fornelos. Unha oferta cultural aberta a todos os públicos e aos diferentes barrios do Rosal.

Concello de O Rosal


O Concello do Rosal mellora nove camiños nas parroquias de Santa Mariña e San Miguel de Tabagón

Con case 97.000 euros de investimento, os asfaltados son parte do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Máis de máis de 5800m2 foron asfaltados nesta actuación

O concello do Rosal ven de realizar obras de melloramento en nove camiños das parroquias de Santa Mariña e San Miguel de Tabagón, máis de 5800m2 en total. Cun orzamento de case 97.000 euros, estes traballos foron financiados polo Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, sinalou que "estes traballos forman parte do proxecto que puxemos en marcha para a mellora progresiva dos camiños rosaleiros, garantindo o seu mantemento e recuperación, empezando por aquelas zonas que presentan un maior estado de deterioro e que son empregados con maior frecuencia pola veciñanza".

As actuacións de mellora desenvolvéronse nos camiños da Chanqueira e as interseccións co Camiño do Xestal e coa Subida ao Picón, situados en Fornelos-As Cruces. En Pancenteo realizáronse obras no Camiño do Lavadoiro, na Transversal 1ª e no Camiño do Sestelo. No caso da parroquia de San Miguel Tabagón, as vías melloradas foron un tramo do Camiño da Cumieira, no Morán, e un tramo na rúa da Estrada, en Pías.

Estes traballos de limpeza e asfaltado das vías repararon o deterioro nas capas de rodadura, eliminando as irregularidades e fochancas e garantindo unha maior seguridade para os numerosos vehículos que utilizan estas estradas cada día.

Concello de O Rosal


A Banda da Agrupación Musical do Rosal pon o broche de ouro ás festas do verán do Pilar

Máis de 400 persoas asisten ao concerto que puxo fin a catro días de celebración cheas de actividades culturais e artísticas

A Banda da Agrupación Musical do Rosal pechou cun gran éxito de público as festas do verán do Pilar no Concello do Rosal, que contaron cunha decena de actividades para todos os públicos. A Banda, acompañada da soprano Ana San Martín e o tenor Enrique Martínez, levaron ao público a un percorrido polos mellores musicais de Broadway.

As actividades musicais das festas arrancaron o pasado sábado co concerto de Uxía e Javier Ruibal, que ateigaron a Praza do Calvario. Esta praza foi tamén o escenario do espectáculo infantil Pinga Pinga e do concerto do grupo galego Helen & Shanna.

O luns, o Festival Xente Xida superou as expectativas coas excelentes actuacións de Trebón dos Xidos, Os Melidaos e A Requinta da Laxeira. Nesta quinta edición deste festival a Praza do Calvario viuse ateigada pola afluencia de público.

O peche das festas tivo lugar onte con numerosas actividades. Comezou cunha misa de mañán, cantada pola Coral Ecos do Folón, e pola tarde xogouse o IV Torneo de Xadrez Concello do Rosal, grazas á colaboración do Clube de Xadrez Albatros, e contou con 90 participantes. O público infantil gozou do espectáculo 'Trogloditas na rúa' de Tanxarina, e á noitiña o Encontros dos Pobos uniu en escena aos grupos de baile tradicional galegos Vento Mareiro e Do Lusco ó Fusco, cos polacos Bychlewianka.

Desde o Concello agradecen a súa asistencia a todas as persoas que se achegaron a gozar da música e as actividades das Festas do verán do Pilar, que superaron as expectativas de público, así como a todos as asociacións, artistas e técnicos que fixeron actuacións do máis alto nivel para todos os rosaleiros e rosaleiras.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais