JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

ANA PONTÓN O MARTES 11 ÁS 20.30 HORAS NA ALAMEDA DA GUARDA NO ACTO DO BNG DAS ELECCIÓNS XERAIS

A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, participará xunto a Carme de Silva, cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, no acto das eleccións xerais do BNG que se realizará o martes día 11 ás 20:30 horas na Alameda da Guarda . O acto será presentado polo Portavoz municipal na localidade, Anxo Baz e tamén intervirá o candidato da comarca e concelleiro da Guarda Xosé Manuel Méndez.

BNG de A Guarda


A Guarda continúa recibindo fondos a través de subvencións xestionadas polo anterior goberno socialista.

O concello da Guarda recibe 1.573.655,26 € procedentes de fondos europeos, unha subvención para a "Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal".

As actuacións que se propoñen na piscina responden a un enfoque integral, dotándolla dunha imaxe exterior máis limpa, moderna e adecuada ao seu entorno, conseguindo un aforro enerxético próximo ao 80 %.

A Guarda a 30 de xuño de 2023. O concello da Guarda continúa recibindo subvencións dos fondos europeos NextGenerationEU xestionadas na etapa do goberno socialista do alcalde Antonio Lomba.

Tendo en conta que o anterior goberno consideraba a piscina municipal unha dotación estratéxica de utilidade pública por a súa función terapéutica e de promoción da vida saudable. Considerando que as súas instalacións e o propio edificio teñen equipamentos obsoletos e espazos desaproveitados, o goberno socialista promoveu un estudo enerxético, arquitectónico e funcional, coa participación da cidadanía, co fin de concretar as necesidades de mellora da piscina municipal dende o punto de vista da eficiencia enerxética, de optimización de espazos e de modernización das instalacións.

As actuacións máis importantes que se propoñen responden a un enfoque integral que combina a adaptación funcional, estética, económica e social do edificio; dotándollo dunha imaxe exterior máis limpa, moderna e adecuada ao seu entorno. Conseguindo un aforro enerxético próximo ao 80 %. Amplíase o ximnasio. Ábrese un novo vaso para aprendizaxe de 1m de profundidade e créase unha nova sala de usos múltiples reordenando os espazos e reducindo a zona de recepción.

Unha vez elaborada a documentación coa proposta de mellora tocaba buscar financiamento, e así, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o goberno de Antonio Lomba solicitou, fai uns meses, fondos para a rehabilitación da piscina municipal climatizada do concello da Guarda. A solicitude de subvención canalizouse a través da convocatoria da Liña 2 do programa de rehabilitación integral de edificios públicos de titularidade local (Pirep Local).

O "Ministerio de Transportes Movilildad y Agenda Urbana", xestor dos fondos Pirep, comunicou ao concello que o importe concedido para a "Reforma e Rehabilitación Enerxética da Piscina Municipal da Guarda" é o solicitado e ascende a 1.573.655,26 € tendo que estar rematada e recepcionada antes do 31 de marzo do 2026.

O Grupo Municipal Socialista quere manifestar a súa satisfacción polo éxito das xestións que permitiron a obtención desta subvención tan importante para A Guarda, tanto pola contía como polo seu destino. Antonio Lomba declara que "estes son resultados do traballo feito no noso mandato. Estamos moi satisfeitos por conseguir esta subvención e esperamos que non sexa a última xa que aínda ahi solicitudes de financiamento sen resolver para proxectos importantes para a nosa localidade".

Antonio Lomba Baz


Recepción ao campión de España Álex Sierpes

" O pasado xoves realizouse unha recepción oficial ao atleta guardés na Casa dos Alonso.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, organizou na xornada do pasado xoves día 6 de xullo unha recepción oficial ao deportista local Álex Sierpes, integrante da Sociedade Atlética do Trega e actual Campión de España nos 1500 metros obstáculos en pista ao aire libre na categoría Sub 16.

Neste acto estiveron presentes representantes da corporación local, familiares e amizades do deportista, que expresaron a súa gratitude polos seus éxitos deportivos, recibindo un agasallo conmemorativo. No acto tamén se proxectou un vídeo con algunhas imaxes da súa participación en diferentes probas deportivas.

Como manda a tradición, Álex, o seu irmán Christian e os seus pais, remataron esta recepción no balcón da Casa dos Alonso, onde saudaron aos asistentes que agardaban na Praza do Reló baixo lemas de "Campión! Campión!".

A traxectoria deportiva de Álex Sierpes é digna deste recoñecemento, polo seu esforzo, traballo e sacrificio ao longo destes anos, no cal tivo unha evolución imparable no mundo do atletismo.

Concello de A Guarda


A música Blues invade A Guarda esta fin de semana

" O Festival de Música A Guarda Mar de Blues traerá á Guarda artistas como Tommy Castro & The Painkillers, Javier Turnes & The Hake Men, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa ou Julián Maeso

" A banda americana "Tommy Castro & The Pankillers", dará na Guarda o seu único concerto en Galicia.

A Guarda prepárase para acoller esta fin de semana a terceira edición do festival musical "A Guarda Mar de Blues", que chega este ano á Praza do Reló os días 7 e 8 de xullo, organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Onme Producciones - Mais que Blues e patrocinado por Cervezas Alhambra.

A programación arranca na xornada do venres día 7 de xullo ás 22:30h co concerto de Julián Maeso, un dos pratos fortes desta edición. Un dos músicos máis versátiles que existen no noso país e cualificado por moitos como o "Dr. John" español ou mesma reencarnación do gran "Jimmy Smith", grazas ao dominio e manexo do órgano Hammond. Deleitaranos cun concerto cheo de momentos Funk indescriptibles, Soul, R&B,... que quedarán gardados para sempre na retina de aqueles que se acheguen á primeira xornada do Mar de Blues.

As actividades continúan cunha Sesión Vermú o sábado 8 de xullo ás 12:00h con "Javier Turnes y The Hake Men", Javier Turnes estará na Guarda presentando o seu novo proxecto musical. Falar de Javier Turnes é falar dun dos grandes estudiosos do Blues en Galicia, e xunto a The Hake Men ofrecerán un precioso percorrido polo son de Chicago ata as beiras do río Mississippi.

O prato forte chega o sábado ás 22:30h con "Mingo Balaguer & Pablo Sanpa", Mingo Blagauer é un dos grandes mestres da armónica no país... un veterano músico con máis de 30 anos sobre os escenarios e que ten tocado xunto a lendas do Blues como Hubert Sumlin, Johnny Winter ou Magic Slim, entre outros moitos. Contará co apoio de Pablo Sanpa, un dos guitarristas con máis recoñecemento no panorama nacional do blues.

"Tommy Castro & The Painkillers" subirán ao palco do Mar de Blues sobre as 23:30h cheos de Blues, Soul, R&B, Rock…. todo elo e moito máis é esta banda procedente de San Francisco. Tommy Castro ten mais de 3 décadas de carreira profesional, infinidade de premios como o recente "Blues Music Awrad" á mellor banda en directo do ano, milleiros de concertos, unha suculenta e ampla discografía e infinidade de colaboracións xunto a grandes nombres como Carlos Santana, Bob Weir, Greg Alman, Dr. John, Willie Nelson, Jeff Beck, Joe Bonamassa, Elvin Bishop, Charlie Musselwhite, Magic Dick of J Giles, Taj Mahal, Los Lobos ou John Lee Hooker, que fixo a súa última aparición pública, para gravar o disco "Guilty of Love" de Tommy Castro.

Tommy será el encargado de pechar esta terceira edición do Mar de Blues.

Tal e como manifestou o Alcalde, Roberto Carrero, na presentación deste evento "é un festival cunha organización impecable e que traerá á Guarda a artistas moi recoñecidos que promoverán a música blues no municipio."

O Concelleiro Fernando Reyes indicou na presentación deste festival que axudará a converter A Guarda nun punto de referencia musical na comarca do Baixo Miño, cun evento cultural que se celebra nun espazo patrimonial tan importante para a vila como é a Praza do Reló, dinamizando tamén a economía local en todos os seus ámbitos, posto que traerá á Guarda a numerosos asistentes de varios puntos de Galicia, España e Portugal.7

Óscar Martínez, membro da organización do festival, destacou os grandes músicos que visitarán A Guarda os días 7 e 8 de xullo, grandes referentes que farán as delicias dos asistentes coa súa calidade e experiencias musicais, coma é o caso de Tommy Castro & The Painkillers, Javier Turnes & The Hake Men, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa ou Julián Maeso.

LUGAR: Praza do Reló - A Guarda

VENRES 7 XULLO :
CONCERTO: JULIÁN MAESO 22:30 H

SÁBADO 8 XULLO:
SESIÓN VERMUT: JAVIER TURNES & THE HAKE MEN 12:OO H

CONCERTOS: MINGO BALAGUER & PABLO SANPA : 22:30 H
TOMMY CASTRO & THE PAINKILLERS: 23:30 H

Concello de A Guarda


Regresan as saídas de navegación co volanteiro Piueiro durante este verán <p>" O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana

No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s.XX.

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Ademais do patrocinio das saídas, o Concello da Guarda xestionará as reservas das saídas a través da Oficina de Turismo (Praza do Reló) que conta cun horario de apertura de luns a domingo.

O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail aguarda.oficina.turismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00h, horario de apertura do domingo.

Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Estas saídas de navegación comezaron esta pasada fin de semana coincidindo da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Os horarios previstos das saídas diarias son 17:00h, 18:00 e 19:00h e das datas previstas segundo semana son:

Xullo:
o Martes 4 e venres 7
o Mércores 12 e sábado 15
o Martes 18 e venres 21
o Mércores 26 e sábado 29

Agosto:
o Mércores 16 e sábado 19
o Martes 22 e venres 25
o Mércores 30

Setembro:
o Mércores 6 e sábado 9
o Martes 12 e sábado 15

Concello de A Guarda


Milleiros de comensais degustan os manxares do mar na Guarda

" A Guarda despide a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1000 racións servidas ao longo da fin de semana.

" A Festa, de interese turístico de Galicia, contou coa participación de 4 restaurantes que ofertaron máis dunha trintena de pratos da cociña mariñeira.

A Guarda despide este domingo a gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpriu estre ano a súa 31º edición e na que se serviron preto dun milleiro de racións de langosta.

Nesta edición contouse coa participación dos establecementos O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás, cunha oferta gastronómica con produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros. Destacaron tamén nesta XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda.

Milleiros de persoas achegaronse ao longo desta fin de semana ata o Porto da Guarda para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, con máis de 700kg. vendidos deste crustáceo.

Esta edición tamén contou coa xa tradicional Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de stands, que amosaron produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos decorativos, entre outros.

A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, despídese cun bo sabor de boca, a afluencia de comensais foi constante ao longo da fin de semana e a experiencia foi moi positiva para por en valor A Guarda coma destino gastronómico de excelencia.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais