|
O Concello de Tui e AFAGA clausuran unha nova e numerosa edición do programa 'Cultiva a Mente'
A ribeira de Caldelas acolleu o acto de entrega de diplomas aos 134 participantes das nove parroquias tudenses
A ribeira de Caldelas de Tui acolleu este mediodía a clausura dunha nova edición do programa 'Cultiva a Mente', iniciado en 2019 e impulsado polo Concello de Tui en colaboración AFAGA, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia). Nel participaron 134 persoas nun programa que se desenvolveu este ano en nove parroquias de Tui: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns, Randufe, Ribadelouro, Pexegueiro e Malvas.
Nese sinxelo acto de clausura entregáronse os diplomas aos veciños e veciñas participantes nesta edición, que logo compartían unha comida informal na ribeira de Caldelas. Presentes no acto estiveron o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais Ismael Diz, e membros de AFAGA, entre eles o seu presidente Juan Carlos Rodríguez.
O rexedor tudense tomou a palabra para dar os parabéns e agradecer aos presentes a súa participación neste programa. Amais, incidiu na aposta do goberno municipal en materia de servizos sociais, engadindo que seguirán investindo neste programa e en máis iniciativas que favorezan o envellecemento activo e a mellor calidade de vida para as persoas máis vulnerables e que máis o precisan do municipio.
O principal obxectivo do programa 'Cultiva a Mente' é previr o deterioro neurodexenerativo e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo, emocional, físico, funcional e social, promovendo un envellecemento activo. Actualmente, o 83% das participantes son mulleres e a idade media dos usuarios e usuarias é 76,5 anos.
Dende o primeiro ano, continúan no programa 42 persoas (o 56% do total) e o motivo máis habitual das baixas é o deterioro de saúde, seguido de falecementos ou incompatibilidade de horarios e asuntos persoais. A inversión total do programa ascendeu aos 83.927,39€ en total nestes catro anos.
Catorce bandas de Galiza e Portugal presentarán os seus traballos no mercado musical do MUMI en setembro
A feira avanza as primeiras confirmacións do seu programa profesional integrado por unha selección de bandas e artistas que abrazan a diversidade estilística e que comparten en moitos casos un sustrato onde as músicas de raíz son a fonte da que beber. Un feixe de propostas de moitísima calidade onde estarán representadas a música tradicional, o rock, a electrónica, o jazz, as músicas urbanas, o indie-pop ou a canción de autoría, e que dan conta do gran momento creativo dos dous territorios. Ademais, o programa contará tamén cunha proposta musical catalana, froito dun intercambio coa Fira Mediterrània de Manresa.
Eurocidade Tui-Valença, 27 de xuño.- Despois dun duro proceso de selección motivado polo éxito de convocatoria que se pechou cun total de 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI anuncia as bandas e artistas que van configurar o programa profesional da feira entre o 21 e o 24 de setembro. Oito nomes de Galiza e seis de Portugal amosarán ao pu?blico, profesional e tame?n xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.
Galiza presentará os directos de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatla?ntico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta.
Desde a equipa organizativa destacan que a diversidade continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2023, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa. Das novas abordaxes da música tradicional á electrónica, pasando polo jazz, o pop, as músicas urbanas ou a canción de autoría, os showcases programados recollen a efervescencia musical que bule a ambas beiras do Min?o cunha presencia moi destacada das músicas que experimentan a partir da raíz, e que felizmente non deixan agromar. Un total de catorce propostas de bandas e artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, que xa están funcionando moi ben nos seus territorios e queren abrirse a outros mercados, un feito que demostra a solidez da escena e a necesidade da industria musical de contar cun espazo como o MUMI.
Colaboración coa Fira Mediterrània de Manresa
A este primeiro adianto sumaranse nos próximos meses un programa de conferencias e sesio?ns de traballo conxunto, e tamén outras propostas musicais que serán convidadas a participar no encontro, entre as que se inclúe unha colaboración coa Fira Mediterrània de Manresa, o mercado de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo. Grazas a este intercambio, o MUMI vai contar na súa programación cunha proposta musical catalana seleccionada pola Fira que tamén recibirá na súa próxima edición en outubro unha proposta galega da pasada edición do MUMI, que terá a oportunidade de realizar un showcase neste importante mercado onde se dan cita programadores de todo o mundo.
Continúan abertas as inscricións profesionais
As inscricións profesionais para o MUMI 2023 continuarán abertas a trave?s da pa?xina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesio?ns de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos entre profesionais. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestio?n cultural, responsables de programacio?n, xornalistas e pu?blico xeral, daranse cita neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as mu?sicas galega e portuguesa, construi?r unha relacio?n estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e te?cnicos de cultura de ámbolos dous países.
O 25 Concurso de Patrullas da Brilat entre Tui e Santiago partirá mañá da Corredoira
A proba militar forma parte dos actos conmemorativos polo 57 aniversario da Brigada "Galicia" VII - Brilat. Sairán ás 8.45 h dende Tui
Un total de 216 militares participarán na vixésimo quinta edición do Concurso de Patrullas da Brilat que partirá mañá mércores ás 8.45 h dende o Paseo da Corredoira, en Tui. Nela, os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.
A competición, de carácter militar, consiste nunha marcha rápida con equipo e armamento regulamentario sobre a base do percorrido coñecido como Camiño Portugués, dende Tui até Santiago de Compostela. Durante o itinerario os equipos terán que afrontar distintas probas militares. Ditas probas serán recorrido topográfico, tiro de precisión con fusil, paso de pista de obstáculos, paso de rápel, paso de río, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.
Está considerada como unha das probas militares máis duras de España posto que, ao percorrido de 120 quilómetros portando mochila, equipo e armamento, hai que engadir a realización de sete probas nun período de tempo dun máximo de 26 horas. A meta e a entrega de trofeos terá lugar na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela este xoves 29 a partir das 18 h. Previamente as patrullas participantes e a Banda de Guerra da Brilat desfilarán dende a Alameda pola rúa do Villar até a Praza do Obradoiro.
Ao igual que na edición anterior, este ano establecéronse dúas categorías: "Compostela", formada por equipos de catro militares e que realizarán os 120 quilómetros do camiño incluíndo as sete probas; e a categoría "Azor", na que participan equipos de tres patrullas de tres compoñentes cada unha que, por relevos, percorren un terceiro do percorrido cada unha. En total participarán 216 militares de unidades da propia Brilat, como doutras unidades do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire.
O Concello de Tui recibirá case 800.000€ do plan PON2030 da Deputación para a humanización de Augusto González Besada e a Corredoira
As obras comezarán o próximo ano 2024. A contía total ascende aos 994.643,81 euros
O Concello de Tui humanizará a rúa Augusto González Besada e a Corredoira Sur, incluíndo a praza da Inmaculada. Deste xeito, reunificarase a rúa Augusto González Besada, a praza da Inmaculada e a Corredoira nunha plataforma única.
O proxecto redactouse con cargo a financiación da Deputación de Pontevedra dentro do proxecto Ágora 1. O ente provincial aprobou a pasada semana en pleno a financiación da execución da obra con cargo ao plan de subvencións PON2030, dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes. Con dito plan financiaranse centros de maiores, escolas infantís, sendas peonís, instalacións deportivas e reformas urbanas.
A Deputación destinará á execución das obras en Tui un total de 795.715,05 €, e o Concello de Tui os restantes 198.928,76€ con cargo a fondos municipais. A contía total do proxecto ascende a 994.643,81 €.
Aínda que non se coñece a data exacta do comezo das obras, prevese o seu inicio a principio do próximo ano 2024.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que este é un proxecto no que veñen traballando "dende a anterior lexislatura" e que, segundo defende, "trátase dun proxecto ambicioso que vai cambiar a fisionomía e a configuración dese entramado urbano". Asemade, o rexedor tudense defende que con esta reforma "se dignificará un dos principais accesos ao ámbito central da cidade e ao casco histórico".
O grupo de Facebook "Camiño portugués. Tui" acada os 6.000 seguidores
O grupo "Camiño Portugués. Tui" na rede social Facebook, promovido polo Concello de Tui en xullo de 2020, acadou estes días a cifra de 6.000 seguidores. Neste período de funcionamento son xa 6.000 os membros activos pertencentes a este grupo na rede social, un número récord no mundo das redes sociais no caso dun grupo centrado nunha ruta e nunha cidade dela.
A medida de visitantes diaria supera as setecentas persoas, tendo chegado a unha media de máis de millar e medio no verán pasado, con picos de dous mil. O perfil de membros é maioritariamente feminino, o que concorda co propio Camiño Portugués onde a presenza de mulleres é moi alta.
Préstase especial atención ao tramo Ponte de Lima - Santiago, así como ao do Camiño Portugués da Costa entre Caminha e Valença. É un grupo de servizos, non tanto de debate, aínda que non se rexeita especialmente no que atinxe ao carácter histórico deste Camiño Portugués fronte a outras rutas como o Camiño Portugués da Costa ou a Variante Espiritual, carentes desa dimensión.
Este grupo xurdiu co obxectivo de cubrir unha das eivas que se detectaban na promoción da ruta xacobea ao seu paso pola cidade e a súa escasa presenza nas redes sociais, especialmente en Facebook, xa que esta rede é a máis empregada no ámbito da peregrinación.
Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, esta cifra de revela o éxito desta iniciativa de promoción da cidade tudense como a porta de entrada dos Camiños Portugueses en Galicia e ten respondido aos obxectivos para o que foi creado: ofrecer información sobre a nosa cidade para todos os usuarios e usuarias interesadas no Camiño Portugués e contribuír deste xeito ao posicionamento de Tui como referencia central das rutas de peregrinación xacobeas de Portugal.
Segundo as últimas estatísticas de Facebook e as liñas de extrapolación ofrecidas polos estudos sociolóxicos, pódese afirmar que, sumada ás visualizacións e os replicados nos outros grupos, a cifra de visualizacións deste grupo rondaría os 2.500.000 de impactos.
Este perfil está atendido por catro persoas. Diariamente suben unha foto de actualidade a Instagram (onde hai máis de 1.250 seguidores) e entre dous e catro publicacións ao grupo de Facebook, incitando á interacción dos propios peregrinos e peregrinas. As entradas replícanse diariamente en varios dos grupos que existen centrados no Camiño e Santiago e en varios idiomas.
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|