JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Equipo de Goberno Municipal

Tralas últimas eleccións municipais de maio de 2023, o Grupo Municipal do Partido Popular asumiu a tarefa de gobernar o Concello da Guarda durante os vindeiros catro anos. Para iso conta cun equipo de goberno conformado polos seguintes membros que asumen as áreas sinaladas:

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO

Alcalde,
Urbanismo, Cultura e Patrimonio

ÓSCAR ALONSO ÁLVAREZ

Tenente de Alcalde
Facenda, Administración Local, Política Social e Xuventude

VANESA ALONSO GÁNDARA
Medioambiente e Biodiversidade

ISIDRO LOMBA LORENZO
Infraestruturas, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Persoal

SUSANA ÁLVAREZ CASTRO
Igualdade e Voluntariado

FERNANDO REYES GONZÁLEZ
Turismo, Deportes, Seguridade e Mobilidade

ANXO PENA PÉREZ
Empresa, Comercio, Industria, Emprego e Innovación Tecnolóxica

ASER ESTÉVEZ CIVIDANES
Educación e Xestión de Eventos Deportivos

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o xoves 6 de xullo

" O xoves 6 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o xoves 6 en horario de 10:15 ás 14:30 horas e de 16:30h a 21:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Concello de A Guarda


A Guarda organiza "Baños de natureza" no Monte Santa Trega

" Terá lugar o domingo día 9 de xullo ás 10:00h da mañá.

" As inscricións están abertas no 986 61 0000 ou en medioambiente@aguarda.es.

O Concello da Guarda continúa no mes de xullo coas actividades enmarcadas na terceira edición do ciclo "Sostendo o Futuro", realizadas coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.

O vindeiro domingo día 9 de xullo realizarase a actividade Baños de Natureza" no Monte Santa Trega, unha estancia no bosque para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos. Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimulan os sentidos mentres facemos o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral.

As inscricións están abertas no 986 61 0000 ou en medioambiente@aguarda.es.

Esta actividade terá lugar ás 10:00h con saída dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega e cunha duración aproximada de entre 1,5 e 2 horas. Actividade pensada para adultos e crianzas cun cupo máximo por grupo de 18 persoas.

Tamén en xullo, o día 21, realizarase na Xunqueira de Salcidos a actividade "Bolboretas nocturnas", unha actividade cunha duración aproximada de entre tres e catro horas que arrancará ás 21:15h.

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas baixo a terceira edición de "Sostendo o futuro".

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda recibe unha subvención de preto de 710.000€ xestionada polo anterior goberno socialista

" Esta fin de semana vimos de recibir a noticia da consecución dunha subvención da Deputación de Pontevedra para facer realidade a 1ª fase do proxecto de rehabilitación do Antigo Sinde, e para a que o Concello recibirá 709.738,81 euros.

" Os/as concelleiros socialistas amosan a súa satisfacción por ter acadado esta subvención grazas ao traballo desenvolto no anterior mandato.

Co fin de seguir apoiando o gran traballo que realizan as asociacións culturais, deportivas, veciñais, etc. da Guarda, e co fin de mellorar os espazos municipais nos que desenvolven o seu traballo, iniciamos neste último mandato as accións necesarias para rehabilitar e mellorar a eficiencia enerxética de dous edificios onde se atopan diversas asociacións, como son o Antigo Sinde e a Escola de San Lorenzo.

No primeiro caso presentouse o proxecto de reforma integral do pavillón número 1 a unha convocatoria de subvencións da Deputación de Pontevedra (PON2030) que viu aprobada estes días por unha cantidade de 709.738,81€.

A través desta obra integral crearanse espazos insonorizados para que os grupos podan ensaiar, despachos para as asociacións, salas de reunións e aulas de usos compartidos, mellorando a eficiencia enerxética e a accesibilidade do edificio.

Dita obra beneficiará non só as asociacións que están instaladas neste edificio, senón tamén a aquelas outras que se atopen ubicadas no outro pavillón e incluso a aquelas que aínda non dispoñan de local, xa que unha gran parte dos espazos están pensados para ter un uso compartido.

No caso da Escola de San Lorenzo, cuxa rehabilitación se presentou como proxecto de obra do próximo obradoiro de emprego, seguimos á espera da resolución da Xunta de Galicia, esperando que un proxecto tan interesante como este poda tamén vir aprobado, e que a través do mesmo podan formarse e traballar como albaneis 20 persoas desempregadas da localidade.

A través destes dous proxectos, que foron encargados a dous estudos de arquitectura da vila, realizouse unha firme aposta pola mellora de espazos que teñen usos

Partido Socialista Da Guarda


A Guarda sabe a Langosta

" A Guarda acolle esta fin de semana a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

" A Festa, de interese turístico de Galicia, foi inaugurada na xornada do venres, contando con David Perdomo coma pregoeiro.

Na xornada do pasado venres A Guarda daba o pistoletazo de saída para a gran cita gastronómica da comarca a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpre estre ano a súa 31º edición.

O acto de inauguración celebrouse na Praza do Reló, onde se contou coas intervencións do Alcalde, Roberto Carrera; o Concelleiro de Turismo, Fernando Reyes; o Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares e o pregoeiro desta edición, David Perdomo.

Este ano entregouse o galardón da Langosta de honra a entidade local San Xerome Emiliani, unha distinción que se fai a unha entidade de carácter social cunha longa traxectoria na vila.

Tralo remate do acto de inauguración as autoridades, convidados e asistentes trasladáronse ata a carpa instalada na explanada do Porto da Guarda, onde realizaron unha visita institucional aos diferentes stands participantes nesta edición: O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás.

Centos de persoas xa se achegaron para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, a un prezo de 40€ a unidade. Ademais a oferta gastronómica desta XXXI edición compleméntase con outros produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros. Destacan tamén as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda, que se pode mercar a un prezo de 20€ enteira.

Na xornada deste sábado arrancaba tamén a Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de stands, amosan produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos decorativos, entre outros.

A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, conta tamén cunha programación de actividades de ocio e lecer coma os inchables acuáticos(cancelados na xornada do sábado por motivos de seguridade polas fortes rachas de vento), os Paseos no volanteiro do Piueiro, actuacións de animación con Lila Star ou os concertos do grupo folk Os d´Abaixo(sábado ás 23:00h) ou De Vacas(domingo ás 20:00h).

Concello de A Guarda


A Guarda inaugura este sábado a Exposición de temática mariñeira "Os nosos mares"

" A exposición Os nosos mares, do ilustrador vigués Carlos Ramos inaugurase o sábado 1 de xullo ás 12:00h e estará nos baixos do Concello ata o 14 de xullo.

Este sábado día 1 de xullo ás 12:00 na Casa dos Alonso inaugurase unha nova exposición que ten como protagonista a temática mariñeira, especialmente centrada nos Faros, acantilados e portos. A proposta que chega da man do ilustrador vigués Carlos Ramos, que pretende facer unha ruta polos faros mais representativos do litoral galego, así como polas paisaxes características das nosas costas e do duro traballo das xentes do mar.

Cunha técnica e estilo propio da ilustración e moi próximo ao cómic, con colores moi definidos, trazos moi finos e moi marcados.

A exposición estará na Guarda ata o 14 de xullo no horario habitual de apertura do concello (de 9:00h a 14:00h) de luns a venres, mais todo aquel interesado queda convidado a asistir ao acto inaugural, no que contarase coa presenza do propio artista.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda celebrou o obradoiro "As abellas e as aromáticas"

" O obradoiro tivo lugar o pasado venres no Castelo de Santa Cruz

O Concello da Guarda celebrou o pasado venres día 23 de xuño un obradoiro o aire libre para os máis pequenos no Castelo de Santa Cruz.

O obradoiro "As abellas e as aromáticas" foi unha actividade enmarcada dentro do ciclo medioambiental Sostendo o Futuro, que chega este ano á súa terceira edición tratando neste caso sobre a importancia dos polinizadores, sobre todo centrándose nas abellas.

As crianzas xunto cos seus acompañantes puideron aprender xogando sobre como son as colmeas é como fan as abellas ese traballo tan importante para o ser humano e para a biodiversidade en xeral, de onde sae o mel, os tipos de aromáticas, a súa importancia, así como facer uns pequenos saquiños para poder botar esa noite na fogueira de San Xoan e que lles de sorte para todo o ano.

Xa que esta actividade estivo pensada para facerse unhas horas previas a noite de San Xuan, o concello repartiu a cada participante un ramiño coa flores para que esa noite as crianzas da Guarda as puxesen a remollo.

O Concello quere agradecer a Asociación Alfombras da Guarda que sempre está disposta a colaborar e encargouse da realización dos ramos, para así perdurar unha tradición que facían as nosas aboas, as nosas nais e para que continúe nas xeracións máis novas.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais