JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Máis de 3.300 persoas demandaron información en maio na Oficina de Turismo de Tui

Foron 2 mil turistas e 1.300 peregrinos e peregrinas os que se achegaron até este punto de información turística

Ao longo do mes de maio a Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu a 3.357 persoas das que 2.019 eran turistas e 1.338 eran peregrinos e peregrinas.

Esta cifra supón un incremento de 644 persoas con respecto ao mesmo período de 2022. O turismo é maioritariamente nacional, mentres que a orixe das persoas que realizan o Camiño Portugués é principalmente internacional.

Dos 2.019 turistas que en maio se achegaron até a Oficina de Turismo, no céntrico Paseo da Corredoira, a meirande parte, 1.813, eran de orixe nacional. Os principais puntos de procedencia foron Madrid, con 321 persoas, Pontevedra con 213, A Coruña con 166, Asturias con 152, e Ourense con 120. Mentres houbo 206 consultas de turistas estranxeiros dos que 46 eran de Portugal, 37 de Uruguai, 23 de Arxentina, 21 de Alemaña e tamén 21 de Francia.

Mentres entre os peregrinos e peregrinas que en maio pasaron por este punto de información turística a procedencia maioritaria era de persoas procedentes doutros países, en concreto 880 persoas. Alemaña con 246 peregrinos e peregrinas foi o principal punto de orixe das persoas que estaban a realizar o Camiño de Santiago e se achegaron até a Oficina de Turismo, amais 84 chegaron de EEUU, 63 de Reino Unido, 53 de Italia, 42 de Canadá e 31 da República Checa.

Por outra parte no que se refire aos peregrinos e peregrinas nacionais, un total de 458 en maio, 76 chegaron dende Madrid, 68 de Barcelona, 43 de Valencia, 43 de Badaxoz, e 26 de As Palmas.

Na Oficina de Turismo peregrinos e peregrinas selan a súa credencial, preguntan por aloxamentos, o tramo do Camiño, mentres os e as turistas interésanse polos puntos destacados para visitar na cidade.

Amais das consultas que realizan presencialmente cando turistas ou peregrinos están na cidade, son numerosas as chamadas telefónicas e os correos electrónicos que reciben que para planificar a viaxe, e no caso das persoas que realizan o Camiño Portugués unha das máis repetidas é coma chegar a Tui.

A Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira, abre de luns a domingo, de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 19 h. O seu teléfono de contacto é o 677 41 84 05 e o correo electrónico turismo@tui.gal, e están presentes en Instagram @oficinaturismotui.

Concello Tui


Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui con motivo do Día Internacional dos Arquivos

Será o xoves 8 de xuño ás 12 h sendo precisa inscrición previa

O xoves, 8 de xuño, haberá unha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui, con motivo do Día Internacional dos Arquivos.

O Día Internacional dos Arquivos celébrase o 9 de xuño, data na que se conmemora a creación en 1948, auspiciada pola UNESCO, do Consello Internacional de Arquivos, unha organización internacional non gubernamental destinada a promover a xestión e uso eficientes dos documentos de arquivo, así como a preservación do patrimonio arquivístico da humanidade.

As celebracións entorno a esta data ampliáronse hai uns anos a toda unha "Semana Internacional dos Arquivos", na que institucións de todo o mundo realizan distintas actividades orientadas a difundir o papel que xogan os arquivos na sociedade e a promover a utilización do patrimonio documental conservado neles.

Este ano a Semana Internacional dos Arquivos 2023 , #IAW2023, ten lugar entre o luns 5 e o venres 9 de xuño co tema da construción dunha comunidade global de #ArchivosUnidos (#ArchivesUnited).

O Arquivo Municipal de Tui súmase a esta celebración cunha visita guiada ás súas instalacións o xoves, 8 de xuño, ás 12 h, achegando á cidadanía o labor que se realiza dende este órgano da administración localm e dando a coñecer os fondos documentais que conserva. As persoas que desexen particpiar na visita deben inscribirse no correo arquivo@tui.gal.

No último ano o Arquivo Municipal de Tui ten continuado co seu labor de integración dos fondos documentais dos diversos servizos municipais, ao tempo que da resposta, nun prazo cada vez mais reducido, ás máis de cincocentas consultas producidas tanto dende a propia Administración Municipal como por cidadáns que reclaman o acceso á documentación. Nos últimos meses conta cun bolseiro financiado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Calquera cidadán pode solicitar a documentación que precisa, presentado en liña a solicitude, a través da sede electrónica ( https://concellotui.sedelectronica.gal/dossier.1) ou no apartado do arquivo na web municipal (https://tui.gal/gl/servizos/arquivo-municipal).

O Arquivo Municipal de Tui recolle documentos dende 1.597 ata a actualidade. Está composto por máis de 6.550 unidades de instalación cos instrumentos suficientes para o seu manexo e control, especialmente a base de datos do inventario descritivo formado por mais de 37.500 rexistros que detallan a nivel de expediente a maior parte dos fondos.

Dende o 1 de outubro de 2012 no Arquivo Municipal atópase tamén a documentación histórica do Concello de Tui depositada no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra dende o ano 1943. Esta documentación consta de 145 libros, de entre os anos 1597 e 1834, en soporte papel e encadernados en pergameo. Deles, 115 corresponden aos libros de acordos municipais e cartas ordes de 1597 - 1775; 5 libros con documentación varia de 1705-1771; 16 libros de copias das actas da Xunta do Reino de Galicia entre os anos 1608 e 1834 e 3 libros Reais do Catastro do Marqués da Ensenada da cidade de Tui e freguesía de San Xurxo de Saiáns.

Como curiosidade conserva un pergamiño, escrito en portugués, datado en 1688, que facía de tapa doutro documento sen data, referido a un "Prorrateo de aguas de la Virgen del Camino en la parroquia de Revordanes hecho por Don Juan Gil de la Barrera vecino de la ciudad de Tui". Este pergamiño, que inicialmente non ten relación co documento que resgardaba, é unha "carta de quitaçao" dada polo rei de Portugal Pedro ós herdeiros de Ignacio Monteiro de Souza, almoxarife falecido que prestaba os seus servizos na "Caça do Passo da Madeira".

Pese a que a maior parte da documentación corresponde aos séculos XX e XXI aínda se aprecia un elevado volume documental do XIX, destacando os libros de actas municipais dende 1782, con documentos de quintas dende 1874, de patrimonio dende 1849, de persoal ou contratación dende 1874, dos presupostos municipais dende 1845, dos padróns de habitantes dende 1884 ou das eleccións dende 1891.

No Arquivo Municipal tudense consérvase tamén o fondo do cárcere do partido xudicial, recuperado no seu momento por Aquilino G. Santiso. Este fondo contén información continuada, especialmente sobre os reclusos, dende 1897 ata 1960 figurando en diversas series documentais, tanto de expedientes (follas histórico-penais de penados, expedientes persoais de reclusos, expedientes procesais de reclusos, pases de penados, mandamentos de prisión e de liberdade e notificacións acordos de prisión e liberdade), coma de rexistros ( libro de entrada e saída de presos, libro rexistro de presos con condena de arresto maior, libro rexistro de presos preventivos). As súas condicións de conservación son precarias, pero é un dos fondos máis demandados por investigadores de temas relacionados coa memoria histórica.

Nos últimos tempos este Arquivo Municipal ten recibido dúas importantes doazóns: ás coleccións da xornal tudense "La Tetera" (1913-1914) e do periódico escolar "La aceituna" da Escola das Olivas (1935).

A documentación histórica do Arquivo Municipal tudense así como as actas de sesión do Pleno e das Xuntas de Goberno (que tiveron diversos nomes ao longo do tempo) foron dixitalizadas gracias ao programa Arpad e están accesibles para todos os interesado na biblioteca dixital de Galicia, Galiciana ( http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15078.ag/es/consulta/registro.do?control=ADGD20160032604 , así como no portal Atopo da Deputación Provincial de Pontevedra: https://atopo.depo.gal/Search/Results?type=AllFields&filter[]=institution:Arquivo%20municipal%20de%20Tui e en breve prazo tamén na web do Concello de Tui).

Os arquivos son garantes dos dereitos dos cidadáns e dos Estados e son esenciais para a democracia e a boa administración. Os arquivos son tamén a salvagarda da memoria da humanidade, xa que conservan os testemuños documentais do seu pasado

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais