JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición para o campamento de verán

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 2 de xuño. Contará con 30 prazas

O Concello abriu este mesmo xoves 18 de maio o prazo de inscrición no campamento de verán municipal para nenos e nenas matriculados durante o curso 2022/2023 en educación infantil ou educación primaria que estean empadroados no Rosal ou que o seu pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio no municipio.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, salienta que o obxectivo desta iniciativa "é permitir ás rosaleiras e rosaleiros conciliar a vida familiar e laboral ofertando actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre de rapazas e rapaces tras rematar o período lectivo nunha contorna enriquecedora, fomentando o seu desenvolvemento e crecemento".

O campamento desenvolverase na Escola de Pancenteo durante os meses de xullo e agosto e contará con 20 prazas de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e outras 10 prazas en horario de 08.00 a 15.00 horas. De todas estas prazas, 3 estarán reservadas de inclusión. O prezo por persoa será de 100 ou 125 euros ao mes, dependendo do horario solicitado na inscrición.

As persoas interesadas en reservar praza poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro venres 2 de xuño presencialmente no Rexistro do Concello de 09.00 a 14.00 horas ou por Sede Electrónica. Entre a documentación a achegar, deberase presentar a solicitude de participación, a autorización de recollida da ou do menor, o cuestionario de saúde e autonomía persoal, a fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do ou da menor, a fotocopia do libro de familia, a vila laboral actualizada ou certificados específicos de discapacidade da persoa participante, familia monoparental, familia numerosa ou de traballar ou posuír un negocio no Rosal en caso de precisalo.

O Concello elaborará unha listaxe de persoas adxudicatarias das prazas, así como unha listaxe de reserva. No caso de renuncia, a listaxe irá correndo segundo orde numérica.

Concello de O Rosal


O famoso bandoleiro galego Toribio de Mañón chega ao Rosal da man de Viravolta

p>A compañía de monicreques ofrecerá un espectáculo infantil de balde este sábado 20 (12 h) ao abeiro do programa Primavera na Praza

A Praza do Calvario prepárase para acoller un novo espectáculo ao abeiro do Primavera na Praza, un programa co que empregar a cultura non só como actividade de lecer para a veciñanza, senón tamén como forma de convivencia e de encontro social para desfrutar do Rosal. A vindeira actividade será este sábado 20 de maio, cun novo espectáculo de balde dirixido a público a partir das 12.00 horas.

Os monicreques tomarán a praza da man da compañía Viravolta, que recreará con formas do teatro popular as andanzas que lle deron fama a Mamede Casanova, máis coñecido como Toribio de Mañón, un famoso bandoleiro galego de principios do século XX. Unhas aventuras que o levaron a rematar cos seus ósos no cárcere e que inspiraron a Ramón María del Valle-Inclán para escribir a súa obra 'Las galas del difunto'.

Viravolta Títeres é unha compañía creada en 1982 que ten participado en numerosos festivais, circuítos e feiras, como o Salón Internacional de Teatro Infantil 'Generation Nos', o Festival de Teatro de Ribadavia, o Festival Internacional de Monicreques de Santiago ou a Feira Internacional de Teatro de Monicreques de Lleida, entre outros.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais