JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño reivindica a memoria oral e histórica cunha nova edición do libro de Josefa García Segret

A obra presentarase o vindeiro 23 de abril ás 12.00 h na Casa dos Mestres de Forcadela

O libro vai acompañado dun vídeo no que a veciñanza toma a palabra para contar a dura represión vivida en Forcadela

Reivindicar a memoria oral e histórica da dura represión vivida na parroquia de Forcadela. Ese é o obxectivo co que o Concello de Tomiño vén de publicar unha nova edición de 'Abaixo as ditaduras', de Josefa García Segret, unha nova versión que recolle a tradución ao galego de María Alonso Seisdedos e que se completa cunha intensa contextualización histórica e coa testemuña de familiares dalgunhas das persoas que sufriron esa represión en primeira persoal.

Esta nova edición do Concello de Tomiño forma parte da Colección Afranio e súmase á colección que inclúe a reedición do libro 'O Siñor Afranio', que narra as memorias do político e líder agrarista Antón Alonso Ríos, e doutra obra sobre Daniel Calzado, xornalista e político tomiñés moi vinculado á República. A nova edición do libro de Josefa García Segret presentarase o vindeiro domingo 23 de abril ás 12.00 horas na Casa dos Mestres de Forcadela, aínda que en caso de choiva o acto trasladarase ao auditorio municipal de Goián.

"A obras de Josefa García Segret fainos ver o importante que é dar voz dalgún xeito a todas aquelas mulleres que sufriron a represión nas súas propias carnes e que non tiveron a oportunidade de contar a súa historia, a memoria dunha xeración de mulleres oprimida e soños aniquilados", sinala a alcaldesa Sandra González.

'Abaixo as ditaduras!' é unha nova edición do libro escrito en castelán por García Segret, as memorias dunha muller represaliada, mestra nacional que chegou a Forcadela no ano 1930 cando o seu marido Hipólito Gallego, tamén mestre nacional, fora destinado a esta parroquia tomiñesa. Unha historia autobiográfica pero extensiva á doutras mulleres represaliadas a partir de xullo do 36 que editou e publicou ela mesma en 1982, catro anos antes da súa morte, e na que fala en primeira persoa do seu periplo por diferentes cárceres; da súa vida fóra da cadea e das cartas dirixidas ás mulleres que tan solidariamente lle axudaran dentro e fóra da cárcere; e da represión vivida en Forcadela.

A obras ábrese cun prólogo de Marga do Val, escritora e directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, no que contextualiza esta nova edición e no que fala das memorias das mulleres represaliadas e da importancia de continuar reivindicándoa.

O libro continúa coa investigación realizada pola historiadora Natalia Jorge, do grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela, coa que se busca dar resposta a por que a represión en Forcadela foi tan dura. "É unha análise histórica do que pasa en Forcadela na que a voz da memoria, a memoria oral, ten un peso fundamental e que vai acompañada tamén por moitas imaxes", explica Jorge. O libro continúa coa tradución ao galego da obra feita por María Alonso Seisdedos e péchase cun epílogo do escritor e profesor da Universidade de Vigo Manuel Forcadela construído a través das memorias da súa nai, que foi rapada nesta parroquia.

Con esta nova edición o Concello de Tomiño busca "dar a coñecer que o pasado non está tan afastado, que ten unha canle que o conecta co presente, e que é preciso reconstruír o quebracabezas do que pasou para poder entendernos e entender por que hai familias que aínda sofren como consecuencia desa represión". Como destaca a historiadora, "queremos dar voz tamén a esas mulleres que calaron, que non tiveron a formación ou as posibilidades de Josefa García Segret para falar da súa historia e que atoparon na transmisión oral da memoria a súa forma de reivindicar, resistir, adaptarse e sobrevivir neses tempos de represión".

Por ese peso tan importante da transmisión oral, o libro vai acompañado dun vídeo no que a veciñanza de Forcadela toma a palabra para contar as historias vividas na parroquia publicado nas redes sociais e na web do Concello este 14 de abril, coincidindo co Día da República.

Concello Tomiño


O alumnado do CEP Pedro Caselles esculpe soños coa Asociación Avelaíña

Puxeron en marcha un proxecto que busca achegar aos rapaces e rapazas de 4º de primaria á saúde mental e á importancia de coidala

Sensibilizar e previr problemas de saúde mental nas aulas pero tamén nos fogares. Con ese obxectivo nace 'Esculpindo soños, tecendo ás', un proxecto que busca poñer en contacto ao alumnado de 4º de primaria do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán con usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña, unha entidade sen ánimo de lucro que axuda ás persoas con enfermidades mentais, ás persoas coidadoras e ás súas familias.

Para a posta en marcha deste proxecto, dende as aulas o alumnado traballou aspectos fundamentais como que é a saúde mental, a importancia de coidala e a necesidade de pedir axuda cando esta vese afectada. Arredor desta iniciativa, os nenos e nenas do centro educativo levaron a cabo varias actividades relacionadas, como unha saída ao pleno do Concello de Tomiño para expoñer todo o traballado sobre a saúde mental ou unha visita ás instalacións da Asociación Avelaíña na Guarda para comprobar de primeira man o importante labor que leva a cabo esta entidade. Ademais, os usuarios e usuarias de Avelaíña tamén estiveron nas aulas do colexio para realizar diferentes actividades cos nenos e nenas.

Esta iniciativa desenvólvese ao longo de todo o curso e pon en contacto directo ao alumnado coas persoas usuarias da asociación a través de correspondencia postal. Cada neno e nena cartéase cun usuario ou usuaria de Avelaíña, "establecendo así un vínculo especial entre eles e elas, ao mesmo tempo que traballamos en promover esa sensibilización e concienciación da sociedade plural e singular que nos rodea", como sinalan dende o CEP Plurilingüe Pedro Caselleres Beltrán.

A alcaldesa, Sandra González, destaca o gran labor que están a realizar tanto a dirección, o equipo docente e o alumnado do centro como a Asociación Avelaíña con 'Esculpindo soños, tecendo ás', "un proxecto que proporciona ao alumnado distintas experiencias e aprendizaxes, achegándoos á realidade da súa contorna, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos, potenciando o pensamento crítico e a empatía e creando comunidades de aprendizaxe".

Concello Tomiño


A OMIX de Tomiño, un dos dez participantes de toda España nun dos grupos de traballo do proxecto Hey!

Esta iniciativa do programa europeo Erasmus+ busca fortalecer as capacidades da poboación nova, especialmente das persoas con menos oportunidades

Tomiño segue achegando o seu gran de area e participando en proxectos europeos a prol da mocidade. A OMIX tomiñesa é un dos dez integrantes dun dos grupos focais do proxecto Hey!, unha iniciativa do programa europeo Erasmus+ na que colaboran seis países e que busca fortalecer as capacidades da poboación nova, especialmente daquelas persoas con menos oportunidades.

A OMIX de Tomiño participa no segundo grupo focal, integrado por 10 persoas, entre as que se atopan traballadores e traballadoras xuvenís, líderes da mocidade, provedores de servizos sociais, operadores, docentes, formadores ou institutos. Neste grupo de traballo os esforzos céntranse en analizar a situación da mocidade en aspectos como o apoio do sistema para o retorno de mozas e mozos migrados e a súa incorporación ao mercado laboral, sobre a transparencia e calidade da información recibida sobre oportunidades formativas e laborais, sobre as medidas para tomar conciencia das oportunidades para a mocidade no país ou os principais desafíos que enfrontan cando regresan ao seus países.

"Temos que traballar para acompañar á nosa mocidade, que sufre as consecuencias socioeconómicas e sanitarias provocadas non só pola pandemia, senón tamén pola crecente exclusión social en campos como a educación, o mercado laboral, o acceso á vivenda ou a saúde como resultado da falta de políticas sociais xerais que non respondían ás súas necesidades", destaca a alcaldesa, Sandra González.

O proxecto Hey! establece unha estratexia transnacional de traballo xuvenil intelixente e dixital con diferentes accións que rematarán no ano 2024 con seis conferencias en cada país socio para difundir os resultados do proxecto e compartir o coñecemento adquirido durante a implementación do proxecto cos axentes públicos e privados.

A raíz do proxecto elaborouse a guía 'Aumentar o compromiso da mocidade', que representa o primeiro resultado do proxecto e busca entender o contexto dos mozos e mozas con menos oportunidades, as súas necesidades de aprendizaxe e motivacións, o seu nivel de acceso a oportunidades e ferramentas que poidas axudarlles a involucrarse como actores de cambio nos seus contextos locais. As persoas interesadas en obter esta guía poden contactar coa OMIX de Tomiño.

Concello Tomiño


Tomiño, unha vila chea de arte

O Concello conmemora o Día Mundial da Arte cunha exposición de Nadia Otero no Mercado Municipal de Tomiño e o espectáculo 'Frida' para alumnado

En Tomiño a arte e a cultura teñen un papel e un espazo destacado. Por este motivo, o vindeiro sábado 15 de abril, o concello conmemorará o Día Mundial da Arte con varias actividades coas que dar a coñecer a importancia da arte, da innovación e da creatividade na sociedade. "A arte é unha forma de comunicación, un xeito de expresar ideas e emocións, porque cada actividade artística agocha tamén unha parte importante da nosa idiosincrasia, da nosa cultura e do noso facer como pobo", destaca a alcaldesa, Sandra González.

Ao abeiro deste día, o propio sábado a artista galega Nadia Otero encherá o Mercado Municipal de Tomiño coa súa mostra 'Do Lérez ao Tambre', coa que exporá 14 obras realizadas ao longo da súa vida artística. Nada hai 24 anos no Grove, Otero descubrirá ao público a través das súas pezas unha peregrinación dende Pontevedra ata Santiago de Compostela paralela á que se fai no Camiño de Santiago. Unha viaxe que levará ás e aos espectadores por diferentes puntos da xeografía galega todos unidos baixo o fío conector da auga, que a artista representa a través do mar ou do río. Nesta exposición poderá verse a progresión que fai a pintora por medio das súas pinceladas, xa que nalgunhas obras son máis indecisas e noutras máis seguras e maduras.

O Concello de Tomiño e a propia artista convidan a toda a veciñanza a gozar desta viaxe a través da pintura, que poderá ser visitada nas instalacións do Mercado Municipal tomiñés ata o vindeiro 6 de maio.

Tomiño conmemorará tamén este día co espectáculo 'Frida', da Cova das Letras, unha peza dirixida a público familiar onde a través do corpo en movemento, monicreques e obxectos ponse en valor o poder transformador da arte. A obra representarase para o alumnado de infantil e secundaria de Tomiño o vindeiro 18 de abril, pero tamén contará cunha sesión de balde aberta a todos os públicos o domingo 23 de abril ás 17.30 horas no auditorio de Goián.

Con esta obra, o elenco reconstruirá cadros vivintes a través da danza e do movemento de obxectos no que a música xoga un papel fundamental e co que se crea un espectáculo poético colorido e con moita, moita vida. Ademais, ao coincidir co Día Internacional do Libro agasallarase a todas as familias asistentes cun libro.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais