JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Concerto do cuarteto Dextrum Ensemble o domingo na Praza Centinela

Este domingo 16 de abril a Praza Centinela, no Arrabal, acollerá un concerto de Dextrum Ensemble. A cita musical, que comezará ás 19.30 horas, forma parte do ciclo "Músicas no Camiño Portugués", que levará á formación galega por diversas localidades.

A proposta musical deste cuarteto de saxofóns preséntase como toda unha viaxe polos sons que invaden a peregrinación a Compostela desde o medioevo ata os nosos días. Terá unha hora de duración e o repertorio basearase en adaptacións de pezas clásicas corais xunto con outras de creación de compositores e compositoras procedentes tanto de Galicia como de Portugal, para alternar diferentes sonoridades e potenciar a cultura musical de ambos países.

A actuación está financiada pola Xunta e conta coa colaboración do Concello de Oia. Terá lugar nun dos lugares emblemáticos do barrio histórico do Arrabal e lugar de paso obrigado dentro do itinerario xacobeo: A Praza Centinela. En caso de choiva, o concerto trasladarase á praza do Calvario de Pedornes.

A Asociación contra o Cancro visita o Concello de Oia

Concello de Oia


Responsables da Asociación Española Contra o Cancro visitaron este mércores o Concello de Oia, onde se reuniron coa alcaldesa, Cristina Correa, para facer balance do traballo que a entidade está a realizar na zona.

Na xuntanza participaron o coordinador territorial da Asociación Española Contra o Cancro na Provincia de Pontevedra, Telmo Crespo, e máis a delegada no Baixo Miño, Pilar Barbosa, quen lle expuxeron á rexedora municipal a importancia de conseguir persoas asociadas para poder manter todos os servizos gratuítos que ofrece o colectivo.

Ambas partes coincidiron na relevancia de colaborar na visibilización dos servizos da asociación e no apoio a unha investigación científica de calidade.

A Asociación Española Contra o Cancro Provincia de Pontevedra é unha organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntariado, colaboradores e profesionais que traballan para diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a vida das persoas. Actúa educando en saúde, apoiando e acompañando ás persoas enfermas e o seu entorno e financiando proxectos de investigación que permitan un mellor diagnóstico e tratamento. Conta cun teléfono de información, asesoramento e apoio que funciona as 24 horas: 900.100.036.

Entre os seus servizos, que presta de xeito gratuíto, atópanse a atención social e económica, apoio emocional, programas de recuperación da fala, programa de deshabituación tabáquica, financiamento de investigación e accións de voluntariado.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais