JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Guarda inaugura a Praza Tito Lemos e o nomea Fillo Adoptivo

" Foi nun pleno extraordinario cargado de emoción que tivo lugar esta mañá na Casa dos Alonso.

" Tamén se descubríu un busto realizado por Magín Picallo na que, dende hoxe é, a Praza Tito Lemos na Rúa Manuel Álvarez.

O Concello da Guarda e a Asociación Pro-Homenaxe "Tito Lemos", continúan coas accións para por en valor a figura do médico falecido en novembro de 2019, tendo en conta a súa ampla traxectoria profesional e o seu compromiso e adicación coa cidadanía guardesa, ben coñecida por todos os guardeses e guardesas, cunha actitude sempre cordial e servicial que deixou pegada nos seus pacientes, familiares e amigos.

Joaquín Lemos Zunzunegui "Tito Lemos", destacou sempre pola súa calidade humana e é precisamente por este motivo polo que se creou na Guarda a Asociación Pro-Homenaxe "Tito Lemos" que pretende homenaxear a figura deste doutor na Guarda, pola súa traxectoria profesional e persoal vinculada a esta vila, ademais do recoñecemento e agarimo dos seus pacientes e dos seus compañeiros de profesión.

Dentro das accións e obxectivos fixados pola Asociación, destaca o xa inaugurado observatorio no Monte Santa Trega, a declaración como fillo adoptivo na Guarda ou a colocación dun busto diante da que foi a súa clínica, dando o seu nome tamén á praza onde está ubicada.

Na xornada deste sábado día 15 de abril o Salón de Plenos acolleu unha emotiva sesión extraordinaria cun único punto na orde do día, a declaración de Joaquín Lemos Zunzunegui "Tito Lemos" coma Fillo Adoptivo da Guarda, sesión plenaria que se seguíu en streaming na canle de Youtube do Concello da Guarda e na que tiveron a oportunidade de intervir os representantes de cada grupo político con representación municipal, así coma os familiares do homenaxeado, que tamén puideron facer o mataselado especial para esta homenaxe.

Unha vez rematada a sesión plenaria, realizouse a descuberta do busto realizado por Magín Picallo na que é, dende este sábado, a Praza de Tito Lemos na Rúa Manuel Álvarez da Guarda.

Dende o Concello da Guarda e a Asociación Pro-Homenaxe "Tito Lemos" agradécese a toda a cidadanía e persoas que interviron nestas accións para manter viva a súa figura.

Concello de A Guarda


A Guarda acolleu a primeira Barferencia de Primavera 2023

" Celebrouse este pasado venres 14 de abril no bar-Restaurante O Couto de Camposancos, contando cunha excepcional acollida de público.

" Para a concelleira de cultura Montse Magallanes as Barferencias "supoñen unha vía moi interesante para a divulgación do patrimonio da nosa localidade, por medio deste formato achegamos aos nosos veciños e veciñas a historia e o patrimonio da Guarda dun xeito ameno e participativo, onde se propicia o encontro e a transmisión dos coñecementos dos ponentes".

Unha nova programación de barferencias arrancou este venres no Bar-Restaurante O Couto de Camposancos na xornada deste venres día 14 de abril, unha moi boa oportunidade para ampliar información sobre os últimos traballos arquelóxicos e investigacións históricas realizadas na Guarda e que contou cunha excepcional acollida de público.

Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero presentaron aos máis de 50 asistentes os resultados do estudo do concheiro do Castro Santa Trega, trala intervención realizada no ano 2019. Os concheiros, que son os vertedoiros dos castros, brindan unha gran información sobre a vida dos castros, ao acumular os desperdicios e facilitar a conservación de útiles e outro tipo de restos coma ósos, xoiería, etc.

O Concheiro fala da dieta dos habitantes do Castro Santa Trega polos restos de animais, peixes e mariscos, das súas relacións socioeconómicas, polos restos de vestimentas, armamento, xoias defectuosas, etc. A barferencia foi complementada pola intervención de Óscar García Vuelta, que falou concretamente do estudo da orfebrería a raíz dos restos atopados no cuncheiro.

Para a concelleira de cultura Montse Magallanes as Barferencias "supoñen unha vía moi interesante para a divulgación do patrimonio da nosa localidade, por medio deste formato achegamos aos nosos veciños e veciñas a historia e o patrimonio da Guarda dun xeito ameno e participativo, onde se propicia o encontro e a transmisión dos coñecementos dos ponentes".

Así, a razón dunha barferencia por mes, nesta primavera poderemos coñecer as conclusións, resultados e relacións co resto de casos galegos e peninsulares do noso pasado prehistórico e medieval.

Para o 11 de maio no Restaurante Os Remos ás 20:00h. Daremos un salto ao pasado medieval da nosa vila, para coñecer mais da muralla da que aínda se conserva un bo lenzo na Rúa Muro e que foi recentemente datada e estudiada por Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido. Rebeca Blanco é investigadora principal da Universidade do Minho, e unha dos maiores referentes en arqueoloxía da arquitectura e da paisaxe, tendo estudado en profundidade, a través da súa tese doutoral e traballos posteriores a paisaxe fortificada na fronteira galego-portuguesa no contexto da Guerra de Restauraçao (1640-1668). Francisco Alonso, pola súa parte é investigador da Universidade de Santiago de Compostela, no departamento de Historia I, especialista en cerámica medieval e arqueoloxía medieval.

Por último, o 2 de xuño ás 20:30h., teremos a derradeira cita adicada no restaurante Casa de la Abuela, onde Luis F. López González, arqueólogo responsable das actuacións de restauración tanto do sector de Mergelina (2018) como da porta norte da muralla do Castro Santa Trega mais recentemente, falaranos sobre os sistemas construtivos empregados nas murallas dos castros, prestando especial atención ao accesos como os lugares máis destacados dos castros.

PROGRAMA "BARFERENCIAS 2023"

XOVES 11 DE MAIO
"Cal é a orixe da antiga muralla da Guarda?", a cargo de Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido
20:00h. Restaurante Os Remos

VENRES 2 DE XUÑO
"As murallas dos castros: modelos, reconstruccións e interpretacións" po Luis F. López González
20:00h. Restaurante Casa de la Abuela

Concello de A Guarda


ANTONIO LOMBA PRESENTA "UN MAGNÍFICO EQUIPO PARA QUE A GUARDA AVANCE, UNHA CANDIDATURA PROGRESISTA E SOCIALISTA PARA MELLORAR A VIDA DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS"

--"Temos importantes proxectos xa encamiñados e o aval do traballo feito nos últimos anos", asegura Lomba no acto de presentación da candidatura do PSOE da Guarda para as municipais do 28 de maio

--"O PP de Roberto Carrero non está a altura desta vila e actúa en contra dos intereses da Guarda; votou en contra de investimentos por valor de máis de 3,5 millóns de euros", lembrou o candidato socialista

Os socialistas da Guarda presentaron esta tarde a súa candidatura para as eleccións municipais do próximo 28 de maio. "O mellor equipo para que a nosa vila avance, unha candidatura progresista e socialista para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas", asegurou Antonio Lomba, alcalde e candidato do PSOE á alcaldía.

No acto, celebrado na Casa da Cultura da Guarda, interviron Montserrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da Agrupación Socialista da Guarda; David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Antonio Lomba.

Na súa intervención, o candidato á alcaldía fixo un repaso do mandato municipal. "Tivemos un inicio convulso e unha pandemia, pero conseguimos gobernar con total liberdade, A Guarda tivo un goberno estable e unha lexislatura tranquila", afirmou.

"A pesar das dificultades estamos moi satisfeitos de todo o traballo feito no concello. Fixemos moita xestión, conseguimos financiamento externo, incluídos fondos europeos Next Generation, sacamos adiante grandes proxectos para A Guarda e puxemos en marcha outros moi importantes para o futuro da vila", manifestou.

No repaso da xestión destes catro anos, Lomba lembrou "a nova Escola Infantil Galiña Azul; a reactivación do polígono empresarial A Guarda-Rosal; o cambio da iluminación pública do concello por luminarias LED, e as políticas para as persoas maiores".

O candidato á alcaldía citou tamén "a modificación puntual do PXOM para habilitar chan deportivo na zona da Sangriña; a consolidación do parque deportivo do Codesal, e a reforma e ampliación do pavillón municipal da Sangriña", ademais "da mellora do acceso a praia do Muíño e as actuacións de humanización". "A Guarda é unha referencia turística e coidamos os nosos barrios e parroquias, mellorando os servizos públicos e as infraestruturas da vila", engadiu.

En contraposición a este balance, lamentou que "o PP de Roberto Carrero non estivo nin está a altura, por facer dano político ao equipo de goberno actúa en contra dos intereses da Guarda, dos veciños e veciñas da Guarda; nestes últimos anos, votou en contra de investimentos para a nosa vila por valor de máis de 3,5 millóns de euros".

Futuro

Antonio Lomba anunciou, xa pensando no futuro a curto prazo, que "temos proxectos importantes moi encamiñados, como a senda arredor do monte Trega; a seguridade viaria na zona da Sangriña; o centro Sociocultural do Sinde Vello; a renovación integral da Piscina Municipal; o Centro de desenvolvemento local; o Auditorio Municipal na finca de Fínola, e a xestión dun Centro de día público no casco urbano".

En palabras de Lomba, "necesitamos, para rematar coa humanización do centro da Guarda e ter unha comunicación eficaz co porto, executar o acceso sur ao Porto da Guarda; un proxecto, anuncio hoxe en primicia, que ten xa luz verde de Patrimonio. Luz verde polo trazado escollido polo noso equipo de goberno".

Lomba amosouse convecindo "de que teremos o apoio dos nosos veciños e veciñas, apoiarán este equipo que ten veteranía, mocidade, capacidade e resiliencia para afrontar o que nos veña, a mellor candidatura posible para capitanear A Guarda nunha nova singladura".

Máis viva que nunca

Pola súa parte, Montserrat Magallanes defendeu na súa intervención que "A Guarda está máis viva que nunca, porque temos unha xeración de mozos e mozas empurrando, porque as nosas rúas e prazas están cheas de vida, porque hai proxectos e moito futuro".

"Entre todos e todas o faremos posible, porque os guardeses e guardesas somos quen de lograr metas incribles, de acadar os logros máis imposibles e de crear futuro cando traballamos xuntos. E a por iso imos, imos traballar moi duro porque temos claro que o noso obxectivo é o progreso da Guarda e acadar un futuro cheo de oportunidades e de igualdade para os guardeses e guardesas", afirmou.

CANDIDATURA PSOE A GUARDA

1 Antonio Lomba Baz
2 Monserrat Magallanes Álvarez
3 Fátima Rodríguez Marcos
4 Rafael Álvarez Martínez
5 Lucía Trigo González
6 Alejandro González Vicente
7 Pablo Woodward Alberte
8 Miguel Sousa Alfonso
9 Bárbara Domínguez González
10 María del Carmen Covadonga Mosquera Pérez
11 Marcos Freitas Baz
12 María Luz Alonso Carrero
13 José Antonio Moraleda Santos
14 María Elena Baz Rodríguez
15 María Teresa Vicente Baz
16 Luisa Baz Vicente
17 Miguel Angel Español Otero
18 Paulino Rodríguez González
19 Marina González González
20 José Luis Pacheco González
21 Carmen María Castro González
22 Pedro Borrajo Rivas
23 Julia Sobrino González
24 José Manuel Domínguez Freitas

CAMPOSANCOS

C Monserrat Magallanes Álvarez
Sup Alberto Lomba González
Sup José Manuel Domínguez Freitas

Socialistas A Guarda


A Sangriña acoge este fin de semana las Finales a cuatro juveniles

o A Guarda será el epicentro del balonmano formativo gallego el sábado 15 y el domingo 16


o El Guardés peleará por un billete para el sector nacional con Porriño, SAR y Xiria en la competición femenina, mientras que Porriño, Cisne, Lalín y Xiria se medirán en la masculina
o El evento fue presentado en el Concello de A Guarda por el alcalde Antonio Lomba
o Gracias partido de la Liga Guerreras Iberdrola entre el Mecalia Atlético Guardés y el Málaga, los encuentros del sábado se jugarán en la espectacular pista verde del duelo estrella de la jornada

A Guarda se convertirá el próximo fin de semana del 15 y el 16 de abril en el epicentro del balonmano de base en Galicia. Y es que el pabellón de A Sangriña va a acoger las Finales a cuatro juveniles, que ponen en juego sendos billetes a los sectores nacionales de la categoría. El Club Balonmán Atlético Guardés será el anfitrión y su equipo juvenil participará en la competición femenina junto a Porriño, SAR y Xiria. La masculina se la disputarán Porriño, Cisne, Lalín y Xiria.

El evento, ya de por sí espectacular, tendrá un plus gracias a la pista verde que se monta para el partido estrella de cada jornada en la Liga Guerreras Iberdrola. En este caso, será el que el Mecalia Atlético Guardés dispute contra el Costa del Sol Málaga el sábado a las 21:00. La guinda del pastel a una jornada sabatina sensacional, con todas las semifinales sobre la icónica superficie verde.

El plato fuerte de la jornada juvenil se vivirá a las 12:30, con la semifinal femenina que enfrentará al Mecalia Atlético Guardés con la SAR de Redondela. Antes, a las 10:30, comienza el día con el duelo masculino entre Cisne y Lalín. Por la tarde se completa el programa con un doble enfrentamiento Porriño-Xiria, tanto para las chicas como para los chicos. Para el domingo quedan los partidos por el tercer y cuarto puesto -a las 11:00 el masculino y a las 13:00 el femenino- y las finales: a las 16:00 ellos y a las 18:00 ellas. Todo se podrá seguir en directo, ya sea en el propio pabellón o a través del servicio de streaming que la Federación Galega de Balonmán pone a disposición de los usuarios en su canal de Youtube.

El evento se presentó este miércoles por la mañana en el Concello de A Guarda. Fue el alcalde de la localidad, Antonio Lomba, el encargado de presidir el acto, que contó también con Santos Héctor, de la Deputación de Pontevedra, y con las vicepresidentas de la Federación Galega y del Club Balonmán Atlético Guardés, Carla Abad y Gloria Rodríguez, respectivamente. El trío estuvo acompañado por la edil de Deportes de A Guarda, Montse Magallanes; la directiva de la Federación -y extécnica del Guardés- Elena Estévez; así como el presidente de honor de la entidad miñota, Juan Rodríguez, su coordinador de base y entrenador del equipo juvenil, Fabio Lima, y varios miembros de la junta directiva.

El club ha trabajado para que las finales a cuatro sean mucho más que ocho partidos de juveniles. Habrá varias actividades paralelas como una charlas con entrenadores de élite el domingo por la mañana, espectáculos de danza, música y alguna que otra sorpresa añadida. Además, la entidad quiere que todos los participantes se lleven un bonito recuerdo de esta experiencia, por lo que ha invitado a todos los jugadores y jugadoras, así como a sus técnicos, a presenciar el partido de Liga Guerreras Iberdrola entre el Guardés y el Málaga. No solo eso. También facilita a cada uno de ellos dos entradas a un precio reducido de 5 euros. Un esfuerzo destinado a poder garantizar el futuro del balonmano.

El programa

Sábado:

- 10:30 | Semifinal masculina | Cisne-Lalín
- 12:30 | Semifinal femenina | Guardés-SAR
- 15:30 | Semifinal femenina | Porriño-Xiria
- 17:15 | Semifinal masculina | Porriño-Xiria

Domingo:

- 11:00 | Tercer y cuarto puesto masculino
- 13:00 | Tercer y cuarto puesto femenino
- 16:00 | Final masculina
- 18:00 | Final femenina

Las finales a cuatro ponen un juego un billete para el sector nacional juvenil de balonmano. En el caso de la categoría femenina, Carballal y Cangas ya están clasificados como los dos primeros de la Liga Ouro (la Federación Española de Balonmano habilitó este año una plaza extra). En cuanto a la masculina es el Luceros el que ya tiene su pase como campeón de Liga Ouro.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para reducir o impacto da vespa velutina no noso medio ambiente

" Prégase a todos os veciños e veciñas que cando detecten a presencia destes insectos ou dos seus niños, avisen ao teléfono 012.

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, pídese a colaboración cidadá nestas datas para detectar e notificar a presenza de niños de vespa velunita no noso municipio.

É de vital importancia esta colaboración nestas datas, xa que dende o mes de febreiro e ata o mes de maio as raiñas fundadoras da vespa velutina saen a formar o niño primario, momento no cal se debe de facer o trampeo por parte da cidadanía, xa que axuda ao control desta especie invasora nesta época.

Por cada raiña velutina collida nestas datas, poderíamos atoparnos cunha redución dun niño menos nos vindeiros meses. A construción dos niños adoita ser en lugares resgardados coma troncos ocos, teitos de uralita, estruturas abandonadas, etc.

A vespa velutina xera un gran impacto na biodiversidade da nosa contorna, debido a súa gran voracidade podería extinguir especies autóctonas, cun grave prexuído para o ecosistema natural.

Pregase a todos os veciños que cando vexan un niño chamen o 012.

Concello de A Guarda


Rematan con gran éxito os obradoiros de conciliación realizados nesta Semana Santa na Guarda

" Un total de 30 rapaces e rapazas participaron ao longo da pasada Semana Santa nestes obradoiros, creados para favorecer a conciliación laboral e familiar.

Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas realizáronse de xeito gratuíto co obxectivo principal de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo de Semana Santa, así como promover a sensibilización en igualdade entre nenos e nenas dentro das diferentes actividades que se realizaron.

Os obradoiros tiveron lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril, coincidindo cos días non lectivos polas vacacións escolares de Semana Santa en horario de 8:30h a 14:30h no Centro Cultural da Guarda.

As crianzas tiveron a oportunidade de realizar diferentes actividades, con xogos, manualidades… nas que a convivencia e participación fixeron que a cativada da casa estivesen entretida e activa puidendo así conciliar a vida familiar e laboral

Para o Concello da Guarda é moi importante favorecer a conciliación laboral e familiar con obradoiros deste tipo, que ano a ano espertan un gran interese e contan cunha gran demanda.

Concello de A Guarda


A Guarda recoñece a Tito Lemos como Fillo Adoptivo

" Será nun pleno extraordinario que terá lugar ás 12:00h na Casa dos Alonso.

" Tamén se descubrirá un busto realizado por Magín Picallo na que será dende este sábado a Praza Tito Lemos na Rúa Manuel Álvarez.

O Concello da Guarda e a Asociación Pro-Homenaxe "Tito Lemos", continúa coas accións para por en valor a figura do médico falecido en novembro de 2019, tendo en conta a súa ampla traxectoria profesional e o seu compromiso e adicación coa cidadanía guardesa, ben coñecida por todos os guardeses e guardesas, cunha actitude sempre cordial e servicial que deixou pegada nos seus pacientes, familiares e amigos.

Joaquín Lemos Zunzunegui "Tito Lemos", destacou sempre pola súa calidade humana e é precisamente por este motivo polo que se creou na Guarda a Asociación Pro-Homenaxe "Tito Lemos" que pretende homenaxear a figura deste doutor na Guarda, pola súa traxectoria profesional e persoal vinculada a esta vila, ademais do recoñecemento e agarimo dos seus pacientes e dos seus compañeiros de profesión.

Dentro das accións e obxectivos fixados pola Asociación, destaca o xa inaugurado observatorio no Monte Santa Trega, a declaración como fillo adoptivo na Guarda ou a colocación dun busto diante da que foi a súa clínica, dando o seu nome tamén á praza onde está ubicada.

Deste xeito o sábado día 15 de abril ás 12:00h, o Salón de Plenos acolle unha sesión extraordinaria cun único punto na orde do día, a declaración de Joaquín Lemos Zunzunegui "Tito Lemos" coma Fillo Adoptivo da Guarda, sesión plenaria que se poderá seguir en streaming na canle de Youtube do Concello da Guarda.

Unha vez rematada a sesión plenaria, realizarase a descuberta do busto realizado por Magín Picallo na que será dende este sábado Praza de Tito Lemos na Rúa Manuel Álvarez da Guarda.

Dende o Concello da Guarda e a Asociación Pro-Homenaxe "Tito Lemos" convídase a toda a cidadanía a participar nestas accións para manter viva a súa figura.

Concello de A Guarda


A Guarda organiza o evento de cultura urbana "Atrapa o Beat"

" Sábado 6 de maio dende as 11:30h. no CS Fuscalho en na Praza de San Benito.

O próximo sábado día 6 de maio A Guarda acolle unha xornada en relación á cultura urbana, onde graffiti, baile, música e poesía son as protagonistas en diferentes formatos.

Atrapa o beat é o nome deste evento, que o Concello de A Guarda apoia con obradoiros para a rapazada totalmente gratuitos.

A partir das 11.30h comezan dous talleres de xeito paralelo, un de graffiti no C.S O Fuscalho e outro de tres estilos de danzas urbanas no Auditorio San Benito.

O taller de graffiti está impartido por Desastr.One, grafiteiro madrileño que colabora con diferentes músicos e fai do seu arte reivindicación. Con el, aprenderemos a técnica do spray e poderemos participar na creación dun grafite nun dos muros do espazo dispoñible.

O taller de danzas urbanas será no Auditorio San Benito a partir das 11.30h, tocando tres estilos de baile que naceron na rúa e nos clubs. Para isto contamos con Carmen Gago que impartirá unha aula de house, Eva Comesaña que será a responsable da parte de hip hop e Elvia Gago, encargada de ensinar waacking.

Ao rematar estas tres aulas, faremos unha jam para practicar o aprendido e compartir co resto, onde Dj e Mc amenizarán a actividade.

Estes dous obradoiros son totalmente gratuítos e para participar debes enviar un mail a informacion@aguarda.es co taller ao que queres participar, o teu nome completo e idade.

Concello de A Guarda


Aberto o prazo para a solicitude de participación na III Mostra Creativa do Baixo Miño

" O Concello da Guarda, xunto a un grupo de artesáns e persoas deseñadoras do Baixo Miño, organizarán por terceiro ano consecutivo a Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 29 de Xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas).

" No evento poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo.

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Desde o Concello queremos agradecer a boa disposición para sumar esforzos de ORPAGU e establecer lazos de colaboración.

Invitamos a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/20230411_Resolucion_DECRETO-2023-0565-DECRETO-DE-ALCALDIA-DE-APROBACION-DE-BASES-III-MOSTRA-CREATIVA.pdf) cubran a ficha de inscrición (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/20230411_Ficha-de-inscripcion-2023.docx ) e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com

Concello de A Guarda


A Guarda remata este mes as accións formativas "EspecializAcción" para negocios locais

" Aínda quedan prazas libres para o último obradoiro formativo sobre Posicionamento SEO para páxinas webs e tendas online do vindeiro día 18 de abril.

" É preciso facer unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local remata neste mes de abril a oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

As accións formativas de "Especializacción" contan cun total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila nunha enquisa que se realizou entre todos eles.

Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021.

Este martes día 10 de abril terá lugar o penúltimo obradoiro de "EspecializAcción" en horario de 20:30h a 22:30h da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram. As prazas están xa cubertas.

E para rematar as primeiras accións formativas de "EspecializAcción" desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30h a 22:30h terá lugar na Casa dos Alonso o Obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.

Aínda quedan prazas libres para o obradoiro do 18 de abril, polo que todos/as os/as empresarios/as poden aínda realizar unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, ata dous días antes da acción formativa ou ben ata completar o aforo.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais