JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Os grupos de Randufe, Rebordáns, Caldelas e Pazos de Reis participan na XIII Semana de Teatro Amador

Celebrarase dende o martes 11 ao venres 14 ás 21 h no Teatro Municipal.

As artes escénicas están moi presentes na programación das Festas de San Telmo 2023. O teatro será o protagonista dende o martes até o venres no Teatro Municipal de Tui da man de catro grupos locais que estrearán novas obras na XIII Semana de Teatro Amador.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, salienta esta aposta polo teatro afecionado durante as festas dando así visibilidade ao gran labor que se realiza nos distintos centros culturais das parroquias. Un evento no que os catro grupos participantes aproveitan para estrear as súas novas montaxes nas que levan traballando ao longo dos últimos meses.

Así o martes 11 o encargado de abrir esta XIII Semana de Teatro Amador será o grupo de Teatro Chirlomirlo de Randufe con "Don Quixote". O mércores 12 será a quenda do grupo de teatro San Fins de Rebordáns con "A comisión da Valadas". Mentres o xoves 13 o grupo de teatro A Insua de Caldelas porá en escena "E ti, a que escola fuches?" e pechará a programación o venres 14 o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis con "Deus (unha comedia)". A cita será cada día ás 21 h.

As entradas para cada representación están xa á venda en tui.gal ao prezo de 2€. Cada xornada ás 20 h poranse á venda 100 entradas no despacho de billetes para a representación desta noite.

Concello Tui


O pregón de Carlos Blanco abre as festas de San Telmo 2023

O sábado celébrase a II Gala Premios Cidade de Tui e estarán en concerto Rafa Sánchez e Nena Daconte. Prosegue o festival do Meixón e celébrase o II Encontro de Viños da Raia.

Todo preparado en Tui para o inicio este sábado das Festas de San Telmo 2023. O polifacético actor, presentador e monologuista Carlos Blanco será o encargado da lectura do pregón o sábado, ás 12.45 h na praza da Inmaculada.

Xa dende ás 12 h a charanga Cantos Somos e os Xigantes e Cabezudos estarán na praza da Inmaculada, onde a esa mesma hora comeza o II Encontro de Viños da Raia no que van participar a Adega Corisca, de Tui; Adega do Vimbio, de Tomiño; Adega Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Adega Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço, Adega María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote Viticultor de O Rosal. Tamén haberá distintos postos de comida que ofrecerán petiscos coma xamón, queixo, patés, empanadillas… Unha cita gastronómica que terá lugar tanto o sábado coma o domingo de 12 a 15 h e de 19 a 22 h. No marco deste encontro o sábado ás 19 h presentaranse os viños da enóloga tudense Susana Esteban no interior do edificio da propia praza da Inmaculada, sendo preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo. No mesmo lugar ás 20.30 h terá lugar a presentación do libro "A nación dos mil viños" de Martiño Santos, Xosé Gontá Sobrino e Toño Núñez Amigo-Rivadulla publicado por Edicións Laiovento.

Neste primeiro día das Festas ás 18.30 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar a III Gala Premios Cidade de Tui na que se recoñecerá a nivel individual ao médico Juan Carlos García-Valdecasas Salgado, e no colectivo á Radio Municipal de Tui. Unha hora despois, ás 19.30 h, na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a mostra "As orixes da fotografía de Tui". A continuación as bandas de gaitas Arume de Malvas, e Lembranzas da Terra de Guillarei desfilarán dende o edificio Francisco Sánchez até a Corredoira onde actuarán.

Ás 22 h no Espazo Feiral celebrarase o primeiro gran concerto das festas a cargo de Nena Daconte e Rafa Sánchez, que ofrecerán os seus grandes éxitos e tamén os novos temas dos seus traballos discográficos. Así no concerto poderemos escoitar 'Lobo hombre en París' ou 'Maracaibo' xunto aos novos temas que ten composto Rafa Sánchez, ex de la Unión como 'Vístete princesa'. Mentres Nena Daconte interpretará 'Tenía tanto que darte', 'El Aleph' e os temas do seu novo disco 'Casi Perfecto' como 'Despiértame, Madrid' e 'Detrás de cada luz', entre outros.

Na parte gastronómica amais do II Encontro de Viños da Raia prosegue en Asador Paulo, El Molino, El Niño Trasto , Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui a Festa do Meixón, sendo preciso reserva previa en cada establecemento.

Concello Tui


As Festas de San Telmo contarán coas actuacións de cinco bandas de música popular

A Banda de Música Popular de Tui actuará xunto á Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda de Música Cultural de Salceda. O luns de San Telmo haberá un dobre concerto da Banda de Música de Rubiós e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

A música é, sen dúbida, a gran protagonista destas Festas de San Telmo 2023. Así o reflexa a cantidade de eventos musicais para todos os gustos e públicos que recolle a programación deste ano. Deste xeito, a música popular tamén terá un importante oco nas xornadas festivas que Tui vivirá dende este sábado grazas ás actuacións de cincos bandas de música popular.

A Banda de Música Popular de Tui abrirá este ciclo de concertos das festas este domingo día 9 ás 12.30h na carpa instalada no Paseo da Corredoira para, ao longo dunha hora, interpretar boa parte do seu repertorio. No mesmo escenario actuará o próximo domingo día 16, ás 12.45h, a Banda Cultural de Salceda de Caselas. Nesa mesma xornada, ás 18h da tarde, volverá a actuar a Banda de Música Popular de Tui na Corredoira.

Para o luns 17, Luns de San Telmo, quedarán as outras dúas actuacións que pecharán este ciclo de música popular. Ás 12.30h na carpa instalada no Paseo da Corredoira tocará a Banda de Música Popular de Rubíos, en As Neves. Posteriormente, ás 18h da tarde, a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín deleitará ao público asistente coas súas interpretacións para dar entrada ao treito final do día grande das Festas de San Telmo.

Concello Tui


Teatro Principal é un dos 181 edificios que recibirán fondos do PIREP Local para a súa rehabilitación

Na resolución provisional publicada o luns polo Mitma figura a concesión de 772 mil euros.

O Concello de Tui recibirá do PIREP Local 772 mil euros para a rehabilitación do Teatro Principal. Este é un dos 181 edificios públicos que recibirán fondos europeos de recuperación NextGenerationEU do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local (Pirep Local) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

En concreto o concello de Tui, segundo figura na resolución provisional, recibirá 772.293,00 €. O proxecto presentado polo Concello de Tui obtivo 64,25 puntos sobre 100, ocupando o posto 37 dos 181 subvencionados.

As actuacións financiadas deberán ser solventes técnica e financeiramente e estar efectivamente implantadas e en funcionamento antes do 31 de marzo de 2026.

Concello Tui


Case 230 peregrinos e peregrinas pasaron na fin de semana pola Oficina Municipal de Turismo

Procedían de 13 países e 22 provincias españolas. Son un 12,5% máis que en 2022

Un total de 229 peregrinos e peregrinas pasaron durante a fin de semana, entre o venres 31 de marzo e o domingo 2 de abril, pola Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui. Esta cifra supón un incremento do 12,5% con respecto aos números do pasado ano. Nestes días de inicio do período da Semana Santa achegáronse na procura de información a esta Oficina de Turismo tudense un total de 58 peregrinos e peregrinas internacionais procedentes de ata trece países de catro continentes. Pola súa banda, as 171 persoas españolas que estaban a realizar o Camiño e pasaron por este punto de información chegaron de 22 provincias distintas.

Estes datos reflicten unicamente unha tendencia de crecemento na presenza de peregrinos polos Camiños Portugueses que conflúen en Valença e Tui, pois unicamente unha porcentaxe menor achégase ata esta Oficina Municipal de Turismo. O Camiño Portugués destaca logo polo seu carácter multicultural como lugar de encontro de peregrinos de múltiples nacionalidades que comparten esta ruta, chea de historia, de patrimonio e de valores culturais e espirituais que caracterizan ao Camiño de Santiago.

Do desglose dos datos estatísticos podemos ver como os 58 peregrinos internacionais proceden dos seguintes países:

No tocante aos peregrinos internacionais 14 proviñan de Portugal, 13 de Alemaña, 5 de M'éxico, 5 de Italia, 4 do Reino Unido, 4 de Brasil, e en menor número de Irlanda, República Checa, Dinamarca, Noruega, Puerto Rico, e Corea.

Mentres das 171 persoas de orixe nacional que realizaban o Camiño de Santiago 64 procedían de Madrid, 30 de Xaén, 12 de Toledo, 8 de Málaga, e en menor número chegaron tamén dende Cidade Real, Guadalaxara, As Palmas, Ourense, Pontevedra, Sevilla, Albacete, Barcelona, Cádiz, Lugo, Salamanca, Sevilla, Tenerife, Murcia, Córdoba e Toledo.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, estes datos expresan como o Camiño Portugués é unha das principais fortalezas da oferta patrimonial, cultural e turística de Tui, e reclama de todos os sectores implicados unha aposta por incrementar a calidade dos nosos servicios. Neste sentido o Concello ten logrado a certificación de calidade Sicted para a Oficina Municipal de Turismo, expresando o seu compromiso neste ámbito, que comparte con outros dez establecementos e servicios da nosa cidade que contan con esta distinción de calidade.

Concello Tui


Comezou o acondicionamento da área recreativa e do parque infantil en Baldráns

Contará con novos elementos de xogo e coma novidade cunha zona de calistenia. Supón un investimento de case 53 mil euros con cargo ao Plan Concellos

Están xa en marcha as obras na área recreativa e parque infantil na Igrexa en Baldráns. O prazo de execución é de 60 días e o investimento ascende a 52.783,76 € financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.

As obras de "Acondicionamento do parque infantil no lugar da Igrexa na parroquia de Baldráns, Tui" teñen por obxectivo remodelar a zona existente cunha área recreativa para toda a familia, pensada para a práctica de deporte ao aire libre recuperando a pista deportiva, trasladando os biosaudables a un novo emprazamento na mesma área e introducindo coma novidade unha zona de calistenia.

A primeira actuación foi a desmontaxe dos elementos existentes e traslado á nave municipal para a súa recuperación para poder ser empregados noutros parques infantís. Instalarase pavimento de seguridade de caucho continuo e novos xogos cun conxunto de tres torres, trepa, ponte, barra e tobogán, unha casiña de madeira inclusiva, un balancín, un columpio dobre tras a súa recuperación, e un grupo combinado de calistenia. Tamén serán colocados bancos e un cartel informativo.

Coa execución deste proxecto dáse resposta á reiterada demanda da veciñanza desta parroquia tudense de adecuación deste tipo de instalacións.

Concello Tui


Cinco grupos emerxentes estarán en concerto na carpa do paseo da Corredoira nas Festas de San Telmo

Serán Amnesia, Ola de Calor, Old Bridge, La Patrulla e Los Jinetes del Trópico

A carpa que se situará no paseo da Corredoira nas Festas de San Telmo deste ano acollerá cinco concertos de grupos musicais emerxentes.

O primeiro deles será o ofrecido por Amnesia e Ola de calor, este domingo día 9 de abril ás 21:30 h. Amnesia xurdiu hai tres anos, e está conformada por Iris Abril, Aroa Pérez, Nico Martínez, María Gomes e Sara Alonso. A súa música leva ao público aos 80 e 90 con versións internacionais, como de Beggin', Come as you are ou Sweet dreams. Pola súa banda, Ola de Calor está formada por Clara Pereira, Javier Ripplinger, Bruno Vázquez e Pablo Garea, unidos por unha casualidade no ano 2022, e que hoxe seguen dando concertos de rock e indie, con versións tanto en inglés como en español.

Old Bridge será o seguinte grupo que actuará en Tui, e será cun concerto o próximo venres 14 de abril ás 22:00 h. Esta banda de blues, funk, soul, rock e reggae está conformada por integrantes das dúas beiras do Miño: Valença e Tui. Son Sérgio, Lino, Bruno, Jorge, Diogo, Pedro, Eloy, Raúl e Chus.

Ao día seguinte, o sábado día 15 ás 22:00 h será a quenda de La Patrulla, banda que naceu no ano 2015. Os seus integrantes son Ramón Santodomingo, Carlos García, Javier Castro, Diego Santamaría e Juan Manuel Álvarez. Nos seus concertos fan un percorrido por temas influínte das décadas dos 80 e dos 90 con cancións máis clásicas dos 60 e 70.

Xa o domingo día 16, a partir das 22:00 h terá lugar o último destes concertos na carpa da Corredoira, a cargo de Los Jinetes del Trópico, un grupo baseado na música latina, cumbia e reggaeton antimachista. Antonio "Toñyto", Ninico el Negro e Porri "Potrillo" son os seus integrantes, que achegan a súa música animada e festiva ao público con cada concerto.

Concello Tui


O Concello de Tui inviste case 26 mil euros na renovación do mobiliario urbano

Serán colocados 45 bancos, 25 papeleiras e 9 fontes tanto no centro urbano coma nas parroquias

O Concello de Tui está a mellorar o mobiliario urbano situado ao longo do termo municipal tanto no centro urbano, coma nas parroquias, nos parques infantís, ou nos centro educativos. O investimento a realizar ascende a 25.925,46€ e suporá a colocación de 45 bancos, 25 papeleiras, e 9 fontes.

En concreto estanse a substituír aqueles elementos en mal estado, que pese ao labores de mantemento realizados non é posible a súa recuperación xa que chegaron ao final da súa vida útil. Noutros casos colócanse en lugares que carecían dos mesmos dando resposta as solicitudes presentadas pola veciñanza.

A concelleira de Urbanismo, Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez, explica que "estas actuacións responden ás necesidades máis urxentes, sendo coñecedores que é necesario seguir traballando até acadar a renovación de todo aquilo que sexa preciso".

Os materiais empregados nestes novos elementos son resistentes e adaptados ao ámbito no que van ser colocados. Así instalaranse tres tipos de bancos, 25 unidade de polietileno de alta calidade en cor vermello e violenta. 10 de polietileno de gran calidade ecolóxico en cor corten, e 10 de madeira con patas de fundición dúctil.

Colocaranse 10 papeleiras de polietileno para a recollida selectiva de residuos, e 15 de aceiro con sombreiro abatible, aro suxeita bolsas, con capacidade de 80 litros.

Tamén serán colocadas 5 fontes de aceiro inoxidable adaptadas para persoas con discapacidade, e outras 4 en aceiro inoxidable que incorporan un bebedeiro para cans. Estas últimas serán instaladas no ámbito fluvial e na zona de calistenia ao final do paseo da Veiga do Louro.

Concello Tui


O Concello de Tui renovará a Travesía de San Domingo mellorando a pavimentación, soterrando servizos e pondo en valor os restos da vía romana

Investiranse case 450 mil euros financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra

O Concello de Tui vén de rematar o procedemento de contratación das obras a executar na Travesía de San Domingos. Suporán un investimento de preto de 450 mil euros que serán financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra.

As obras realizaranse de forma coordinada coas que se están a executar na rúa Antero Rubín, buscando así xerar as menores molestias á veciñanza da zona.

O proxecto ten por obxectivo realizar as obras necesarias para impulsar a mobilidade e accesibilidade neste ámbito, permitindo recuperar a esencia tradicional desta vía singular que conecta o centro de Tui coa igrexa de San Domingos.

Por unha banda contémplase a renovación do pavimento adaptándoo as necesidades da vía, mellorando a súa accesibilidade, funcionalidade. O itinerario terá preferencia peonil e crearanse de puntos de interese informativo e instalaranse elementos singulares que doten ao mesmo de zonas de interese para os peóns.

Por outra parte está prevista a canalización do alumeado público e renovación das redes de abastecemento e saneamento, neste último caso realizando a separación entre augas fecais e pluviais. No caso das pluviais protexeranse os accesos existentes a parcelas e vivendas. Tamén se realizará o soterramento das instalacións áreas existentes de electricidade, alumeado e telecomunicacións, completando estes servizos coa instalación de gas.

Na execución deste proxecto substituiranse as actuais luminarias por novos elementos. Tamén se porá en valor os restos da vía romana que foron descubertos ou que se recuperen durante as obras seguindo as indicacións do informe arqueolóxico preceptivo.

Con esta actuación o concello de Tui da resposta ás peticións realizando durante anos tanto pola veciñanza da zona coma por aquelas persoas que transitan por este ámbito para achegarse ao conxunto histórico.

Concello Tui


Tui conta dende o pasado sábado 1 de abril con vixilancia nocturna por parte da Policía Local

Dende este sábado día 1 de abril o municipio de Tui conta con vixilancia nocturna por parte da Policía Local. Dous axentes estarán na quenda de noite, que se recupera grazas á incorporación de cinco policías locais hai un mes tras completar a súa formación durante un ano na Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP.

Segundo explicaba o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, a incorporación destes axentes permite novamente establecer tres quenda ao longo do xornada, ao contar cos efectivos precisos. Deste xeito dous axentes prestarán o servizo de noite. Avanza José Ramón Magán, que están pendentes da incorporación de dous axentes máis para reforzar a plantilla da Policía Local, estando pendentes do novo proceso selectivo que realice a AGASP

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que "deste xeito se recupera un servizo moi demandado pola veciñanza" que contribuirá a aumentar a seguridade no municipio.

Concello Tui



Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais