JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Oia renovará o céspede e porterías do campo de fútbol das Tornas

O Concello de Oia continúa coas accións de mellora das instalacións do campo de fútbol das Tornas (Santa María de Oia) que vén realizando nos últimos anos a fin de garantir as boas condicións do terreo de xogo e equipamentos. Neste caso, acometerase a renovación do céspede e das dúas porterías, por chegar á fin da súa vida útil.

A actuación supón un investimento total de de 258.783,58 euros (IVE incluído) nesta infraestrutura deportiva municipal. Deste total, o Concello ten solicitado 236.350,86 euros de financiamento a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A actuación incluirá a retirada do material actual e a axeitada xestión do residuo xerado, a nivelación e regularización do terreo, a colocación de novo céspede con selo FIFA Preferred e a renovación das dúas porterías. O estimado prazo de execución das obras será de 3 meses.

Concello de Oia


O Concello de Oia organiza unha reunión informativa sobre o parque eólico Torroña I o luns 10 en Viladesuso

O Concello pon a disposición na web un modelo de alegación contra o proxecto

O Concello de Oia está a preparar as súas alegacións contra o parque eólico Torroña I, que se atopa actualmente na fase de información pública. Paralelamente, e ao igual que vén facendo con anteriores proxectos eólicos con afección no municipio, convoca unha xuntanza informativa coa veciñanza. Será o luns 10 de abril ás 19.00 horas na casa cultural de Viladesuso.

Na xuntanza, un técnico achegará toda a información sobre o proxecto e as súas afeccións no concello e se porá a disposición da veciñanza un modelo de alegación para que as persoas que desexen posicionarse en contra deste novo parque eólico podan cubrila cos seus datos, asinala e presentala.

Ao mesmo tempo, o Concello vén de colgar o modelo de alegación na web municipal. Unha vez cuberto e asinado, o pódese presentar por rexistro ou ben pola sede electrónica do propio Concello. O documento está accesible na ligazón: https://www.concellodeoia.es/parque-eolico-torrona-i/ e o prazo para presentalas conclúe o 18 de abril.

O DOG do pasado 3 de marzo anunciou o procedemento de información pública do estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), das instalacións do parque eólico Torroña I. Este proxecto prevé a instalación de 4 aeroxeradores no concello de Oia.

Segundo consta no anuncio do DOG, o proxecto prevé unha potencia a instalar de 22,8 MW e unha produción neta anual de 67.530 MWh/ano. As súas principais características son as seguintes:

-4 aeroxeradores de 5.700 kW de potencia unitaria, de 163 metros de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 148 metros, o que faría unha altura total de 229,5 metros.
-4 centros de transformación de potencia nominal 6.350 kVA e tensión 0,75/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.
- Rede de media tensión de 30 kV soterrada.
-Instalación de celas de media tensión na subestación de transformación Barrantes 30/132 kV para a conexión dos circuítos provenientes do parque eólico, situadas na sala de celas do edificio.
-2 torres meteorolóxicas, unha delas temporal, e outra permanente, de 148 m de altura.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais