JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello da Guarda estrea nova canle de comunicación vía Whatsapp

" A través deste servizo a veciñanza poderá recibir información sobre a actualidade do municipio (actividades, convocatorias de emprego, cursos, eventos, etc.).

" Para desfrutar do servizo, a persoa interesada deberá gardar o número 679 074 381 na súa axenda de contactos e logo enviar unha mensaxe de Whatsapp coa palabra ALTA.

O Concello da Guarda continua co seu proceso de modernización e establecemento de novas canles de comunicación coa cidadanía. Nesta ocasión incorpora o servizo de mensaxería instantánea Whatsapp, a popular app que ten un uso tan estendido entre persoas de todas as idades.

Pódense consultar as normas de uso na seguinte ligazón (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/Normas-uso-whatsapp-concello.pdf).

Recordar que para a recepción de incidencias segue estando en funcionamento a aplicación "Concello da Guarda" e o apartado "Diríxete ao Alcalde" da web municipal www.aguarda.es

Concello de A Guarda


Exposición das listas do Censo electoral para as Eleccións Municipais do 28 de maio de 2023

" Entre os días 10 e 17 de abril, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Municipais do vindeiro 28 de maio.

Entre os días 10 e 17 de abril, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Municipais do vindeiro 28 de maio.

O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).

É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de abril

O vindeiro luns día 10 de abril de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de abril de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en abril ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 10 de abril de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 18 de abril e a recollida de documentos terá lugar o 21 de abril.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


A presentación do libro "Todo chega desde o Mar" de Santiago Ferragud da continuidade ao programa "Semente de Igualdade" na Guarda

" Será o xoves 13 de abril ás 20:30h na Casa dos Alonso

O Concello da Guarda aposta durante todo o ano pola Promoción da Igualdade entre mulleres e homes en todas as esferas da vida e pola visibilización da muller ao longo da historia, por esa razón, se busca darlle continuidade ao programa "Semente de Igualdade", unha campaña na que se inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con actuacións musicais, obradoiros e contos para crianzas, entre outras.

Despois das diferentes actividades realizadas ao longo do mes de marzo, o vindeiro xoves día 13 de abril, ás 20:30h na Casa dos Alonso está prevista a presentación do libro Todo chega desde o Mar, de Santiago Ferragud (escritor e músico).

O autor estará acompañado por Beatriz Núñez, profesora de Debuxo e responsable do Departamento de Igualdade do IES A Sangriña.

Da obra de Santiago Ferragud

En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.

En 1931, a anterior xeración de vigueses fixo que a cidade fora a primeira do país en proclamarse republicana; seguiron os cinco anos entusiastas, radicais e convulsos da República, e logo as sinistras intrigas previas ao alzamento militar e a represión á que foron sometidos os republicanos na Illa de San Simón.

Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeración e por vivencias, moi pronto lles unirá a paixón pola historia da cidade.

"Todo chega desde o mar: ideoloxías e lendas, animais exóticos e invencións mecánicas, santos e soldados, restos de naufraxios e obxectos que alguén, nalgún afastado lugar, deixou de amar".

Do autor

Santiago Ferragud naceu en Vigo en 1949.

En 1965 fundou Los Temples, unha das bandas de rock and roll que xurdiron en cada barrio da cidade, producindo un chispazo de enerxía e ledicia no medio da néboa do franquismo.

Estudou na Escola de Peritos e, nos anos setenta, comezou a súa vida profesional en empresas auxiliares dos estaleiros. Nunca abandonou a música e en 2010, movido pola súa vocación literaria, fundou Xardín Desordenado, unha banda que desde entón vén musicando a poetas galegxs.

Todo chega desde o mar (Medulia Editorial, 2022) supón a estrea de Santiago Ferragud como novelista.

Continuando coas actividades propostas, e dado o éxito obtido na 1ª edición de Historias de Mulleres Guardesas, este ano durante o mes de maio vaise levar a cabo a 2ª edición, coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas. Realizaranse un total de dúas actividades, un roteiro, que terá lugar o venres, 5 de maio ás 20:30 h con saída dende a Praza do Reló e unha andaina, o domingo 7 de maio ás 10:30 h, con saída dende a Alameda da Guarda. É preciso inscrición previa no Departamento de Turismo do Concello da Guarda, a través do teléfono 986614546ou no enderezo turismo@aguarda.es

As actividades programadas están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Concello de A Guarda


Avelino Vicente lucirá máis fermosa co seu novo mural

" Este mural representaría a primeira fase dun completo proxecto de ornamentación da praza que pretende cubrir todos os muros que se atopan deteriorados na mesma. A través desta iniciativa preténdese mellorar a estética deste entorno e, ao mesmo tempo, destacar elementos singulares do noso pobo: o mar, a cultura e o patrimonio, tanto material como inmaterial.

O Concello da Guarda deu inicio este ano a outra iniciativa para seguir mellorando a imaxe da vila. En colaboración co artista local Antonio Martinez "Cachi" estase levando a cabo a creación dun mural na Praza de Avelino Vicente, unha das zonas da vila máis concorridas por veciñanza e visitantes a día de hoxe.

A pesares de que a obra aínda non está rematada, xa se pode apreciar nela a gran habilidade que ten este artista guardés para capturar a beleza e singularidade da nosa vila.

O Concello invita a desfrutar do proceso creativo e a apreciar como a esencia do nos pobo se vai reflexando nesta espectacular obra de arte, que esperamos se converta nun punto de referencia para a comunidade e nunha atracción turística máis.

Concello de A Guarda


As Barferencias de Primavera regresan á Guarda 2023

" A primeira terá lugar o venres 14 de abril ás 20:00h no bar-Restaurante O Couto de Camposancos.

" Para a concelleira de cultura Montse Magallanes as Barferencias "supoñen unha vía moi interesante para a divulgación do patrimonio da nosa localidade, por medio deste formato achegamos aos nosos veciños e veciñas a historia e o patrimonio da Guarda dun xeito ameno e participativo, onde se propicia o encontro e a transmisión dos coñecementos dos ponentes".

Unha nova programación de barferencias volve á programación guardesa para brindarnos maior información sobre os últimos traballos arquelóxicos e investigacións históricas. Así, a razón dunha barferencia por mes, nesta primavera poderemos coñecer as conclusións, resultados e relacións co resto de casos galegos e peninsulares do noso pasado prehistórico e medieval.

Para a concelleira de cultura Montse Magallanes as Barferencias "supoñen unha vía moi interesante para a divulgación do patrimonio da nosa localidade, por medio deste formato achegamos aos nosos veciños e veciñas a historia e o patrimonio da Guarda dun xeito ameno e participativo, onde se propicia o encontro e a transmisión dos coñecementos dos ponentes".

O 14 de abril ás 20:00h no bar-Restaurante O Couto, en Camposancos. Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero presentarannos os resultados do estudo do concheiro do Castro Santa Trega, trala intervención do ano 2019. Os concheiros que son os vertedoiros dos castros brindan unha gran información sobre a vida dos castros, ao acumular os desperdicios e facilitar a conservación de útiles e outro tipo de restos (ósos, xoiería, etc.) falannos da dieta polos restos de animais, peixes e mariscos, das relacións socioeconómicas, polos restos de vestimentas, armamento, xoias defectuosas, etc. A barferencia será complementada pola intervención de Óscar García Vuelta, que falará concretamente do estudo da orfebrería a raíz dos restos atopados no cuncheiro.

Para o 11 de maio no Restaurante Os Remos ás 20:00h. Daremos un salto ao pasado medieval da nosa vila, para coñecer mais da muralla da que aínda se conserva un bo lenzo na Rúa Muro e que foi recentemente datada e estudiada por Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido. Rebeca Blanco é investigadora principal da Universidade do Minho, e unha dos maiores referentes en arqueoloxía da arquitectura e da paisaxe, tendo estudado en profundidade, a través da súa tese doutoral e traballos posteriores a paisaxe fortificada na fronteira galego-portuguesa no contexto da Guerra de Restauraçao (1640-1668). Francisco Alonso, pola súa parte é investigador da Universidade de Santiago de Compostela, no departamento de Historia I, especialista en cerámica medieval e arqueoloxía medieval.

Por último, o 2 de xuño ás 20:30h., teremos a derradeira cita adicada no restaurante Casa de la Abuela, onde Luis F. López González, arqueólogo responsable das actuacións de restauración tanto do sector de Mergelina (2018) como da porta norte da muralla do Castro Santa Trega mais recentemente, falaranos sobre os sistemas construtivos empregados nas murallas dos castros, prestando especial atención ao accesos como os lugares máis destacados dos castros.

PROGRAMA "BARFERENCIAS 2023"

VENRES 14 DE ABRIL
"O cuncheiro da porta sur do Trega: novidades e perspectivas", a cargo de Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero
"A orfebrería do Trega", a cargo de Óscar García Vuelta
20:00h. Bar O Couto

XOVES 11 DE MAIO
"Cal é a orixe da antiga muralla da Guarda?", a cargo de Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido
20:00h. Restaurante Os Remos

VENRES 2 DE XUÑO
"As murallas dos castros: modelos, reconstruccións e interpretacións" po Luis F. López González
20:00h. Restaurante Casa de la Abuela

Concello de A Guarda


O PLENO DO CONCELLO DA GUARDA APROBA A INSTANCIA DO BNG APOIAR A ILP EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

O pleno do Concello da Guarda aprobou a proposta do BNG instar ao Parlamento galego a tramitar con celeridade e aprobar a iniciativa lexislativa popular (ILP) de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria .

O deterioro que sufre a sanidade pública ten a súa orixe en 14 anos de recortes e privatizacións por parte da Xunta de Galiza. De feito, só en atención primaria, o orzamento reduciuse unha media de 200 millóns por ano desde o 2009.

Esta política sistemática de recortes en atención primaria ten consecuencias que afectan á saúde das persoas: listas de espera de até quince días para poder ter unha cita presencial nos centros de saúde, PACs sen persoal médico, ou que as persoas doentes teñan que soportar urxencias hospitalarias saturadas con horas de espera para recibir atención médica.

A Xunta destina un 14% do gasto sanitario a atención primaria, moi lonxe do 25% que recomenda a Organización Mundial da Saúde. Estas cifras fan que Galiza sexa das últimas do Estado en gasto en atención primaria.

Esta situación provoca unha evidente preocupación na sociedade, que se traduciu en masivas mobilizacións cidadás, a última este 12 de febreiro en Santiago de Compostela foi a maior rexistrada en Galiza nos últimos 20 anos. Estas mobilizacións deixan patente que a Xunta ten que mudar a súa política sanitaria e que é preciso apostar pola atención primaria, verdadeiro corazón do sistema sanitario.

A indignación cidadá manifestouse tamén na ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria, promovida polas Plataformas en defensa da sanidade pública e por SOS Sanidade Pública e rexistrada o pasado 7 de febreiro no Parlamento galego, con máis de 50.000 sinaturas.

BNG de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais