JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Maica Larriba anuncia que o Goberno investirá un millón de euros na Guarda para potenciar o turismo sostible e pór en valor o seu patrimonio ambiental e histórico

" A subdelegada do Goberno reuniuse hoxe co alcalde da localidade para abordar este investimento, que permitirá recuperar a praia do Muíño, potenciar o turismo náutico e dotar dun novo aparcamento disuasorio na subida ao Trega , entre outras iniciativas

" Ademais, a subdelegada adiantou que Costas investirá 150.000 euros para rehabilitar a senda litoral e recuperar a zona dunar do Codesal, gravemente afectada polos temporais

" Maica Larriba reitera a vontade do Goberno de "fortalecer a oferta turística da provincia"

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, destacou o compromiso do Goberno coa provincia e co desenvolvemento do turismo sostible esta mañá no Concello da Guarda. Alí reuniuse co seu alcalde, Antonio Lomba, para abordar as diferentes actuacións derivadas da execución do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, que supón unha inversión de 1 millóns de euros para promover diferentes accións encamiñadas a potenciar o turismo sostible e por en valor o patrimonio ambiental e histórico desta vila.

Este Plan, financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno, que persegue impulsar o turismo verde e gastronómico na cidade, promovendo a algunhas citas gastronómicas xa existentes na localidade e que xa son un referente nacional, como a festa da Lagosta ou do Peixe Espada.

Entre as actuacións planificadas polo Concello para promover o turismo verde e sostible destácase un estacionamento disuasorio no Trega para limitar o número de vehículos que suben ao cumio, potenciar o turismo náutico deportivo e tradicional coa instalacións de pantaláns flotantes e recuperar a praia do muíño da erosión que sufre.

Así mesmo, a aposta pola dixitalización apuntalarase coa organización de feiras virtuais, famtrips e blogtrips, e co desenvolvemento dun plan de formación para o sector turístico. A estratexia deseñada recolle tamén a creación dun observatorio turístico, así como a constitución dun ente xestor con profesionais cualificados neste ámbito.

Para Maica Larriba, "este Plan permitirá actualizar e apuntalar un destino sinalado e de referencia para Galicia e para o conxunto da provincia, como é A Guarda, contribuíndo a deseñar unha oferta atractiva e sustentable para o turismo da cidade e, en definitiva, de Pontevedra"".

150.000 euros para arranxar os danos causados polo temporal no Codesal

Xunto a este Plan, Maica Larriba anunciou que o Ministerio de Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, a través de Costas do Estado, tamén vai subvencionar con 150.000 euros a restauración ambiental da conxunto do Codesal, gravemente afectado polos temporais do inverno. A subdelegada, que visitou a zona xunto ao alcalde, informou de que a intervención prevé retranquear a senda litoral e recuperar a zona dunar existente neste enclave, co obxectivo de restablecer a mobilidade no lugar e contribuír a protección do areal.

Así pois, destacou a subdelegada, "o Goberno de España inxectará máis dun millón de euros na Guarda para promover o turismo sostible e o conservar seu patrimonio e que dan fe do compromiso que o Goberno mantén con Pontevedra e co conxunto de Galicia".

Na súa intervención, Maica Larriba reiterou o compromiso do Executivo coa modernización e transformación do turismo en Galicia e, en particular, na provincia de Pontevedra. Neste sentido, Larriba destacou que "desde o Goberno temos a certeza de que o potencial turístico de Pontevedra non ten límite e estamos en disposición de aproveitalo con inversións para fomentar un turismo de calidade e sustentable". Así mesmo, a subdelegada tamén felicitou o alcalde polo traballo que están a realizar neste sentido.

Pola súa banda, Antonio Lomba agradeceu a visita da subdelegada, e destacou "a importante inversión estatal, necesaria para relanzar o turismo na localidade, e en concreto, nun dos puntos turísticos máis importantes de Galicia, como é o Trega".

Concello de A Guarda


Os 9 e 10 de abril terá lugar en A Guarda o Festival Europeo de Teatro Xuvenil "Actúa Verde"

" A asociación guardesa FOCO organiza este festival no que mozos e mozas de A Guarda e Italia amosarán pezas teatrais relacionadas co medio ambiente.

" Cunha financiación europea, a asociación guardesa FOCO, en colaboración con Calypso (Pavía, Italia) organiza un festival europeo de teatro xuvenil, que tamén incluirá outras actividades artísticas e lúdicas ao longo dos días 9 e 10 de abril.

Este festival centrase na crise climática e a preocupación polo medio ambiente que os 22 mozos que participan na organización de este festival teñen. Como elemento innovador, a mocidade foi a que deseñou o programa do festival e quen estan detrás da organización das actividades, así como mediante a creación colaborativa das obras de teatro. Ademais, todas as actividades e mostras do festival van ser totalmente gratuítas.

O festival comeza o día 9 de abril as 12 do mediodía na Praza do Reló de A Guarda coas obras AplhaZed, unha peza creada por o grupo italiano que versa sobre o cambio climático a través de imaxes, palabras e metáforas. Tamén se presentará a obra A Inimiga do Pobo, unha versión da obra de Ibsen reinterpretada dende a visión de 11 mozas e mozos de A Guarda.

As 16:00 da tarde do domingo 9 terá lugar un obradoiro de arte na rúa na que as persoas que participen poderán personalizar camisetas e tote-bags con plantillas e sprays. Este obradoiro realizarase no skate park de A Guarda.

As 21:30 e tamén na Praza do Reló realizarase un micro aberto. Un espazo onde a mocidade guardesa presentará diversas pezas artísticas breves a través de diferentes disciplinas (o baile, a música, a poesía...).

O luns 10 pola mañá, as 11:00, no castelo de Santa Cruz levarase a cabo unha gynkana para mozos e mozas de 12 a 17 anos. Pola tarde, as 16:00, realizaranse obradoiros teatrais abertos tamén para a mocidade de 12 a 17 anos na que poderán descubrir se o teatro é a súa paixón. Estes obradoiros realizaranse no Concello Vello.

Para presentar o festival, o xoves 6 de abril as 17:00 da tarde exhibirase unha exposición de arte creado por mozas e mozos da Guarda no Tayer, na rúa Vicente Sobrino 10 .

O Concello da Guarda colabora con esta iniciativa na cesión dos diferentes espazos onde se vai a realizar.

Concello de A Guarda


Arranca na Guarda a III Ruta do Libro, que promove o consumo de libros na vila durante o mes de abril

" A iniciativa irá acompañada de diferentes eventos en torno á literatura e o libro ao longo de todo o mes

Por terceiro ano consecutivo o Concello da Guarda dedica o mes de abril ao libro e as librerías, cunha programación centrada na presentación de diferentes obras literarias e no estímulo ao consumo de libros.

A Ruta do Libro, que tan boa acollida tivo nos anos anteriores consiste en poder conseguir un bonito agasallo por cada 30€ gastados en libros nas librerías guardesas: Atlántica, Ler, Ideas ou Cervantes. Este consumo pode acumularse durante todo o mes e incluso en diferentes librerías, nas que nos facilitarán o pasaporte lector para gardar os tíckets de compra. So temos que dirixirnos á Biblioteca Municipal a partir do 9 de abril en horario de 17h. A 20h. De luns a venres

Aínda que sen dúbida o maior estímulo para o consumo dos libros virá coa celebración do Día do Libro, xa que con motivo desta data, que neste ano abrangue o fin de semana do 22 e 23 de abril, poderán adquirirse os libros cun 10% de desconto.

PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO

Paralelamente á campaña comercial, este sábado día 1 de abril comeza o mes do libro coa presentación do poemario de Feliciano Rolán De mar a mar traducido ao galego. O acto realizarase nos Xardíns de Feliciano Rolán (centro de saúde) ás 12:00h.

Xa pasada a Semana Santa, o xoves 13 de abril na Casa dos Alonso presentarase a novela de Santiago Ferragud (escritor e músico) "Todo chega dende o mar" na que estará acompañado por Beatriz Núñez, profesora de Debuxo e responsable do Departamento de Igualdade do IES A Sangriña, xa que a novela nos traslada o Vigo do século XX, na pel de dúas protagonistas femininas que viven momentos sociopolíticos alonxados no tempo pero convulsos como é o Vigo de 1931 e a proclamación da República á que lle sigue a represión do 36 na Illa de San Simón e o Vigo de 1972 no fin da ditadura e no xerme do GRAPO.

A última presentación literaria realizarase o 21 de abril, no centro cultural, será o libro "Tierra de leyenda I, O legado de Breogán" do tamén vigués Samuel Ferro. Esta novela ambientada na Galicia medieval aborda as penurias de Martín, un rapaz de 1351 que se ve obrigado a sobrevivir como pode, e maiormente ao marxe da lei. Tui, Salvaterra e A Guarda serán lugares onde se centre parte da acción desta historia.

Xa metidos na fin de semana dedica ao Día do Libro, o 22 de abril haberá na Biblioteca Municipal, ás 12:00 o Contacontos "Lucinda e o inspector Vinagre", a cargo da cooperativa guardesa Maga de Voz, con Cristal Méndez e Paolo Rosi.

E o domingo 23 remata toda esta programación co concerto "Se cantas es ti que cantas..." a cargo do Coro Cantares de Brueiro, dirixidos por Tino Baz. Este concerto será na Igrexa Parroquial ás 18:00h.

Lembrade que durante este fin de semana, nas librerías poderán adquirise libros co desconto do 10% e co agasallo dunha rosa. Manténdose á campaña da Ruta do Libro ata o fin de semana seguinte, o 30 de abril.

Concello de A Guarda


A Guarda celebra a Semana Santa con visitas guiadas e procesións

Durante calquera época do ano pódese descubrir a vila mariñeira da Guarda, percorrer o seu territorio a través das rutas, gozar da natureza do Esteiro do Miño, visitar o Monte Santa Trega, descubrir a vida mariñeira no porto e no Museo do Mar e degustar a súa gastronomía e produtos locais.

Pero durante a Semana Santa ademais de descubrir as belezas da vila e a súa programación, pódese participar nos actos relixiosos. A Guarda comezará a celebrar a Semana Santa oficialmente o venres 31 de marzo, coa Procesión do "Venres de Dor", a partir das 21:10 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.

Para o sábado 1 de abril organizáronse actos culturais e de entretemento. Esta xornada comezará coa presentación do poemario "De mar a mar. Poemas 1932-1933" de Feliciano Rolán que a Asociación Piueiro impulsa coa versión en galego. Este acto terá lugar ás 12:00h nos xardíns de Feliciano Rolán (Centro de Saúde). No caso de choiva trasladarase para a Casa dos Alonso. A tarde estará adicada á 3ª Carreira de Orientación-Concello da Guarda que dará comezo ás 17:00h na Praza de Avelino Vicente. Esta actividade precisa inscrición previa en https://xestanatureza.com/eventos/orientacionaguarda2023/

A programación relixiosa da Parroquia de Santa María da Guarda continúa o domingo 2 de abril (Domingo de Ramos) coa tradicional bendición de ramos e palmas na Praza de San Bieito ás 11:30 horas. A continuación, celebrase a procesión ata igrexa parroquial e a Misa da Paixón do Señor.

O Xoves Santo virá marcado pola "Procesión dos Pasos", con saída ás 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María. O Venres Santo terán lugar, dende o mesmo punto, a "Procesión do Encontro" (11:00 h) e a "Procesión do Santo Enterro" (21:00 h).

Nesta Semana Santa ofreceranse as habituais visitas guiadas ao Castro de Santa Trega. Estas visitas teñen unha excelente acollida polos visitantes do monte porque permiten comprender o valor arqueolóxico deste destacado xacemento. Durante unha visita guiada de 45 minutos os visitantes coñecerán en detalle a Cultura Castrexa e como vivían estes castrexos no Trega fai xa máis de 2.000 año. As visitas gratuítas están organizadas do martes 4 ao domingo 9 de abril dúas quendas ás 12:00h. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.

Coincidindo coa semana santa a Oficina de Turismo da Guarda comezará o horario de abril abrindo de luns a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30h. Tamén atención no tel. 986 61 45 46 ou en turismo@aguarda.es

En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
o MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 - 20:00 (Excepto luns)
o MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 - 14:00 / 16:00 - 19:00
o CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 - 21:00

Programación cultural:
o Do 3 ao 15 de abril: EXPOSICIÓN DE DEBUXOS E ACUARELAS DE TITO LEMOS na Casa dos Alonso. Aberto de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30h.
o Do 5 ao 11 de abril: FESTIVAL ACTÚA VERDE. Intercambio cultural de mozas e mozos europeos con performance, obradoiros, teatro e mais actividades. En diferentes localizacións da vila. Organiza: Asociación FOCO. Máis info: https://www.focoeuropa.com/portfolio/actua-verde/

Festas da Pascua de Buxán:

Na Guarda ademais das celebracións relixiosas da semana santa tamén teñen lugar as tradicionais Festas da Pascua de Buxán que darán comezo este sábado, 1 de abril, coa celebración do "Serán de Buxán" ás 22:00 horas. A festa continuará o venres 6 de abril co partido de fútbol masculino entre solteiros e casados. O sábado 7 haberá tradicionais xogos populares (11:00h para nenos e 16:00h para adultos) e a posterior verbena, amenizada polo Trío Xtra e o Grupo América (23:00 h). Na xornada do 9 de abril, Domingo de Pascua, a partir das 11:00h poderase desgustar os pratos locais como a zorza e callos amenizado co grupo Airiños do Folón. A tarde está reservada para a tradicional Festa do Biscoito con inchables e pintacaras para nenos e ás 19:30 o peche será cargo do grupo folk Os Carunchos.

Máis información en www.turismoaguarda.es

Concello de A Guarda


Piueiro rescata a Feliciano Rolán ao impulsar a versión en galego do seu poemario "De mar a mar"

" Presentación o sábado día 1 de abril ás 12:00h nos Xardíns de Feliciano Rolán(Centro de Saúde).

Cando van a cumprirse seis anos dende a súa fundación na Guarda, a Asociación Cultural Piueiro organiza xunto co Concello da Guarda o vindeiro sábado día 1 de abril a presentación da publicación en galego do poemario "De mar a mar ", libro do escritor Feliciano Rolán (Vigo, 1907 - A Guarda 1935) editado orixinariamente en Madrid no ano 1934.

No acto deste sábado, que terá lugar ás 12:00h nos xardíns Feliciano Rolán da Guarda(Centro de Saúde), contarase coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; da Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; do poeta e profesor Anxo Angueira; Gregorio Ferreiro Fente; o secretario de Piueiro, Celso R. Fariñas; o Presidente de Piueiro, Joaquín Cadilla, e outros convidados.

Anxo Angueira foi o encargado de facer a tradución ao galego duns poemas que, no seu día, mereceron o eloxio de autores como Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro ou Luis Seoane. A editorial Alvarellos, pola súa parte, deu un espazo preferente na súa colección "Rescate", onde Rolán coincide con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.

O poemario "De mar a mar. Poemas 1932-1933", que quedou relativamente relegado trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, foi unha referencia para os membros da asociación guardesa, que sempre traballaron para difundir a obra, breve pero intensa, de Feliciano Rolán. E, concretamente, este libro de temática marítima, que casa tan ben co lugar onde viviu e, tristemente, faleceu o poeta.

A edición está especialmente coidada, xa que aos poemas nos dous idiomas une máis material de interese para o futuro lector. Así, Gregorio Ferreiro Fente aporta un ensaio que clarifica a obra de Rolán, aportándose imaxes, manuscritos e debuxos inéditos. Ademais, Celso Fariñas desgrana a biografía literaria do autor, que remata de entenderse na súa totalidade cos testemuños de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez-Barbeito, quen coñeceron a poeta que é arestora homenaxeado.

*En caso de choiva o acto terá lugar na Casa dos Alonso.

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do mércores 5 e o sábado 8 de abril

" O mércores 5 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 8 de 10:15h ás 14:30h.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o mércores 5 en horario de 10:15 ás 14:30 horas e de 16:30h a 21:00h e o sábado 8 de 10:15h ás 14:30h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Concello de A Guarda


O BNG REXEITA A IMPLANTACIÓN DA EÓLICA MARIÑA A MENOS DE 30 KM DA COSTA DA GUARDA

Anxo Baz: "Non podemos consentir que as eléctricas se carguen a frota pesqueira e provoquen unha agresión ecolóxica e paisaxística de grandes dimensións nunha zona onde o turismo é un sector económico relevante"

O BNG leva a pleno este venres o rexeitamento da instalación da eólica mariña a menos de 30 km da Guarda.

Os nacionalistas argumentan que a eólica mariña e a defensa do sector pesqueiro non son compatíbeis, como se acreditou en Viana do Castelo, onde os mariñeiros denuncian que a zona quedou, literalmente, sen peixe, ou como se está demostrando co replantexamento que Noruega está a facer da eólica mariña pola grande afectación que está a ter sobre a súa pesca.

Somos plenamente conscientes da necesaria transición ecolóxica -afirman desde o BNG- pero ten que ser xusta e non a conta de destruír o medio ambiente e os recursos dos que vivimos.

Galiza duplica na actualidade os obxectivos marcados pola Unión Europa en produción de enerxías renovábeis para o 2030 e agora a maiores preténdese instalar no noso país o 43% da eólica mariña prevista para todo o Estado Español.

Trátase de que as grandes eléctricas sigan facendo caixa cos nosos recursos deixando sen medio de vida á xente do mar.

Anxo Baz, Portavoz Municipal do BNG na Guarda afirmou " Pretenden colocarlle a etiqueta de verde ao que simplemente é un proceso de espolio e colonización enerxética . Non podemos consentir que as eléctricas se carguen a frota pesqueira ademais de provocar unha agresión ecolóxica e paisaxística de grandes dimensións nunha zona onde o turismo é un sector económico relevante"

BNG de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais