JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue estará en Tomiño o vindeiro 27 de marzo

A unidade situarase na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas

Tomiño acolle a vindeira semana unha nova xornada de doazón de sangue. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue visitará o municipio o luns 27 de marzo para que todas as persoas que o desexen poidan achegar a súa pinga de solidariedade.

Como ven sendo habitual, a unidade móbil estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Para unha maior información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono gratuíto habilitado pola propia axencia, o 900 100 828.

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público que ten entre os seus obxectivos subministrar de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Para poder facelo cada día despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais galegos na procura da sangue necesaria para poder atender ás persoas doentes que o precisan.

É importante lembrar que para doar sangue hai que ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 kg, que hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas e que non se recomenda acudir en caso de ter febre, tose ou problemas respiratorios nos 15 días anteriores á doazón. Para ir a doar debe presentarse a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e informar ao persoal médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Concello Tomiño


A OMIX de Tomiño elimina barreiras de comunicación cun novo curso de lingua de signos

O obradoiro comezará o 25 de marzo e impartirase os sábados de 11.00 a 14.00 horas na Escola Obradoiro de Goián

O Concello continúa ampliando a oferta formativa e de lecer para a mocidade tomiñesa. Neste camiño, a OMIX de Tomiño organiza un novo curso de lingua de signos española nivel A1.2, un taller enfocado a que ao alumnado participante amplíe os seus coñecementos básicos e as técnicas instrumentais no uso desta lingua. "É unha forma de eliminar barreiras de comunicación e de facilitar o intercambio de información, a socialización... entre persoas oíntes e persoas xordas", explica a alcaldesa, Sandra González.

Os obxectivos desta iniciativa será dar ás persoas participantes as pautas necesarias para continuar avanzando nesta lingua, aprender a signar, coñecer aspectos gramaticais básicos, así como o alfabeto dactilolóxico, signos e expresións habituais. "Dende o Concello consideramos que esta formación é moi útil para os nosos mozos e mozas e permítenos seguir concienciando á rapazada sobre a importancia de rachar barreiras e camiñar cara unha inclusión real", salienta a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez.

As clases comezarán o 25 de marzo e impartiranse todos os sábados ata o vindeiro 10 de xuño en horario de 11.00 a 14.00 horas na Escola Obradoiro de Goián. Este curso está destinado a mozos e mozas a partir de 12 anos e terá un custo de 20 euros. A inscrición xa está aberta na web do Concello.

Concello Tomiño


Enxeño e creatividade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023

O Concello de Tomiño abre unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do 17 de maio. As propostas poden presentarse ata o vindeiro 1 de maio

Un ano máis o Concello quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua e da literatura galega. Por este motivo, a OMIX de Tomiño ven de convocar unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2023. O deseño será libre e aberto e o xurado valorará que sexa atractivo, inspirador e que busque a promoción do uso e a normalización da lingua galega en todos os ámbitos.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a participar neste certame "co que cada ano ofrecemos un lenzo en branco para amosar o agarimo que lle temos á nosa lingua".

O deseño elixido colocarase unicamente na parte dianteira da camiseta e terá que ser a unha soa cor a estampar sobre fondo branco. Todas as persoas que participen e envíen as súas creacións serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta elixida finalmente para representar ese día poderá elixir entre tres premios: unha tablet Lenovo Tab M10 Plus 2K 4+64GB Grey Android, uns airpods de Apple ou un smartwatch Amazfit GTS 4 mini negro medianoite. Xunto cos agasallos darase difusión á obra gañadora a través de todas as canles dispoñibles do Concello.

O obxectivo é conseguir plasmar na camiseta unha fase ou un deseño gráfico coa que "se defenda ou se poña en valor a nosa lingua, o galego". A frase ou deseño gañador será serigrafiado en máis de 800 camisetas que serán repartidas de balde entre as persoas que participen nas actividades organizadas polo Concello ao abeiro do Día das Letras Galegas.

As persoas interesadas en participar poden enviar a súa proposta ao correo electrónico omix@tomino.gal ata o vindeiro 1 de maio.

Concello Tomiño


CEIP Plurilingüe de Tebra, espertando a paixón por aprender

O centro forma parte dos Polos Creativos implantados pola Xunta, espazos de innovación educativa para traballar competencias STEM

É só un dos múltiples proxectos que ten en marcha, cos que busca desenvolver ao máximo as potencialidades do alumnado

Unha nova forma de aprender, poñendo a nenos e nenas no centro, apoiando ás familias e poñendo en marcha unha ampla variedade de proxectos que buscan ante todo desenvolver ao máximo as potencialidades do seu alumnado. Esa é a proposta do CEIP Plurilingüe de Tebra, un centro escolar que vén de sumar os Polos Creativos da Xunta entre a longa lista de iniciativas educativas e servizos.

Involucrados na educación STEM, coa que incrementar o interese do alumnado por habilidades que estimulen o crecemento e o progreso científico e tecnolóxico, o centro participa nos Polos Creativos "cun proxecto artístico-matemático no que o alumnado mergúllase tanto nas matemáticas como na arte a través da costura e no que temos que agradecer a participación e implicación de María González, a propietaria da mercería Chantilly de Tomiño". Ademais da máquina de coser, o alumnado participa tamén na radio escolar RadioLeo, empregan impresoras e lápices 3D ou manéxanse co Chroma, entre outros aspectos.

"Na nova lei educativa a adquisición de competencias e un eixo esencial, por iso no centro traballamos a través destes proxectos e programas que nos permiten achegar o contido ao alumnado dun xeito ameno, divertido e directo. E o proxecto artístico-matemático é un exemplo propio e innovador do traballo que estamos a desenvolver para que o alumnado acade estas competencias e poñe en práctica os coñecementos adquiridos", explica a directora do centro, Belén Fraga.

O CEIP Plurilingüe de Tebra tamén está involucrado nos contratos programa Innova, como centro dinamizados de hábitos de vida saudable (EDUsaúde), comprometido co desenvolvemento sostible (EDUsostibilidade) e como modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e funcionamento (EDUcalidade). E nese camiño por acadar unha educación de calidade para todo o alumnado e contribuír á mellora do sistema educativo tamén participa en varias modalidades do programa Inclúe (Iguála-T, Convive-T, Inclúe-T e Emocióna-T) ou en diferentes proxectos de innovación educativa como o Digicraft ou Edixgal para os curso de 5º e 6º de primaria.

O propio alumnado do centro recolle o testemuño da innovación e desa curiosidade por seguir aprendendo coa creación de dúas cooperativas ao abeiro do programa DepoEmprende, 'Tebralidades' e 'Recuncho creativo'. Interese que tamén amosan coa súa ampla participación no Club de lectura, que encaixa perfectamente no Plan de Bibliotecas Escolares no que participa o centro.

Unha implicación que se leva tamén a novos proxectos postos en marcha, como os Patios inclusivos, unha iniciativa deseñada e consensuada co alumnado que o vindeiro mércores 22 de marzo presentarán ao Concello de Tomiño. Tras o encontro, o Consello de delegados e delegadas do centro acudirán ao mercadiño para mercar tomates, leitugas, amorodos... para planta na recentemente estreada horta escolar.

Outra das grandes características do colexio é a súa inmersión lingüística, xa que dende os 3 anos impártese a área de psicomotricidade en inglés e en educación primaria a área de Educación Física. "Temos a sorte de contar cun auxiliar de conversación filipina que se adaptou moi ben ao noso centro e a Tomiño e que xa pediu continuar o vindeiro curso con nós", salienta a directora.

Precisamente pensando no vindeiro curso, as titoras de 5º e 6º de primaria do centro xa solicitaron a participación en Proxectos Europeos, que permitiría ao alumnado implicarse nunha iniciativa medioambiental con estudantes de colexios de Bulgaria, Turquía e Grecia.

Nenos, nenas, familias e conciliación son o eixo central deste colexio, que conta cun comedor escolar xestionado pola Consellería de Educación dende este mesmo curso e que está a crecer de forma rápida, polo que o vindeiro curso solicitarase á dobre quenda.

Nese compromiso co día a día do centro, a ANPA traballa tamén para poñer a disposición do alumnado o maior número de actividades que complementen a súa formación e permita ás familias unha maior conciliación. Así, coa axuda do Concello, cada ano financian as actividades extraescolares de baile e cociña de balde ou de inglés e informática a baixo custo.

A ANPA tamén achega o seu gran de area na conciliación das familias coa posta en marcha dende hai anos da aula matinal, totalmente gratuíta para asociados. Dende a asociación de nais e pais realizan tamén xornadas de sensibilización sobre igualdade ou de prevención da violencia machista con actividades lúdicas como maxia, teatro ou incluso acrobacias aéreas. Ademais, cada ano rematan o curso cunha agardada fesa coa que dar a benvida ao verán e cun campamento nunha zona de costa para que os nenos e nenas de 6º de primaria co resto de centros escolares tomiñeses para ir coñecendo aos seus futuros compañeiros e compañeiras ao chegar ao instituto.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais