|
I XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA
A vindeira semana terá lugar o ciclo de charlas que conforma a primeira edición das Xornadas de
Memoria Histórica, organizadas conxuntamente pola Asociación para a Recuperación da Memoria
Histórica de Camposancos e o IES A Sangriña, coa colaboración do Concello de A Guarda.
Celebraránse en paralelo no Instituto, en horario de mañá para o alumnado, e na Casa dos Alonso
e o Ce ntro Cultural, á tardiña, para o público interesado.
Especialistas na materia da categoría do profesor Xesús Alonso Montero, José Ballesta, Beatriz
Lis e Fernando Serrulla achegarannos a nosa historia recente, a dos días máis negros da nosa vila.
Horario e temas
Luns, 27 de marzo, ás 12:20 (IES A Sangriña)
Xesús Alonso Montero Cartas de republicáns galegos do BaixoMiño condenados a
morte no 1936
Luns, 27 de marzo, ás 20:00 (Casa dos Alonso)
José Ballesta e Beatriz Lis Memorial de Camposancos: testemuñas e documentos
para dar voz á verdade
Martes, 28 de marzo, ás 12:20 (IES A Sangriña)
José Ballesta e Beatriz Lis
Martes, 28 de mar zo, ás 20:00 (Casa dos Alonso)
Xesús Alonso Montero
Venres, 31 de marzo, ás 12:20 (IES A Sangriña)
Fernando Serrulla Antropoloxía forense e dereitos humanos
Venres, 31 de marzo, ás 20:00 (Centro Cultural)
Fernando Serrulla
Asociación para a Recuperaciónn da Memoria Histórica
do campo de concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás
A Unidade Móbil de inspección técnica de turismos estará na Guarda no mes de maio
A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
" do 15/05/2023 ao 16/05/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
" do 18/05/2023 ao 30/05/2023 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:
" 30/05/2023 que será horario só de mañá
Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
A Guarda súmase este sábado á "hora do planeta" apagando a luz na Praza do Reló
" O Concello da Guarda súmase a esta iniciativa simbólica en favor da natureza e o cambio climático.
" Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Medio Ambiente, todas as iniciativas que axuden a paliar os efectos do cambio climático terán sempre o apoio do equipo de goberno, tal e como queda de manifesto nas diferentes iniciativas postas en marcha dende o consistorio local en materia de eficiencia enerxética, compostaxe, xestión do lixo ou no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía(PACES), entre outros.
O Concello da Guarda súmase este sábado 25 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á "Hora do Planeta", unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente. Deste xeito, o Goberno local apagará as luces na Praza do Reló, convidando tamén á cidadanía a facelo nas súas vivendas e propiedades.
Milleiros de cidades, institucións e persoas de todo o mundo amosarán o apoio global á acción conxunta contra o cambio climático, neste ano atendendo ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias e á Rede Española de Cidades polo Clima.
A "Hora do Planeta" serve para demostrar que a todas e todos impórtanos o planeta e de que xuntos somos parte da solución ao cambio climático e á loita pola conservación da natureza. O obxectivo é actuar agora para que non se poña en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións vindeiras.
Para Montserrat Magallanes, Concelleira de Medio Ambiente, todas as iniciativas que axuden a paliar os efectos do cambio climático terán sempre o apoio do equipo de goberno, tal e como queda de manifesto nas diferentes iniciativas postas en marcha dende o consistorio local en materia de eficiencia enerxética, compostaxe, xestión do lixo ou no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía(PACES), entre outros.
|