JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

ANA PONTÓN ACOMPAÑARÁ A ANXO BAZ NA PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO BNG NA GUARDA

O sábado 18 de marzo ás 7 da tarde na Praza do Reloxo celebrarase o acto de presentación da candidatura do BNG ás próximas eleccións municipais. En caso de choiva trasládase ao Recreo Artístico Guardés.

O Candidato á Alcaldía, Anxo Baz, estará acompañado pola Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón. No acto tamén participarán Bea Lomba e Rodrigo Pacheco números dous e tres respectivamente da candidatura.

Anxo Baz declarou "estou enormemente satisfeito polo gran equipo que conformamos. Un equipo con gran capacidade, formado por persoas de varias xeracións, unidas pola ilusión de sacar A Guarda do estancamento que padece e por un enorme compromiso con esta Terra"

Os nacionalistas convidan a todos os guardeses e guardesas a asistir a este acto no que se dará a coñecer a candidatura completa do BNG ás próximas eleccións municipais.

BNG de A Guarda


Apertura da inscrición nos obradoiros de conciliación durante Semana Santa que organiza o Concello da Guarda

A Concellería de Igualdade do Concello de Guarda abre o venres 17 de marzo o prazo para solicitar praza para os obradoiros Conciliaguarda.

Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas teñen carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo de Semana Santa, así como promover a sensibilización en igualdade entre nenos e nenas dentro das actividades que se realicen.

DATAS, HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN DOS OBRADOIROS: Os obradoiros terán lugar os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023 (días non lectivos polas vacacións escolares de Semana Santa) en horario de 8:30h a 14:30h no Centro Cultural da Guarda. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario reducido de 9:00 a 14:00h

PARTICIPANTES: 30 crianzas con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda**

*As crianzas de 3 anos teñen que estar escolarizadas.

**No caso de quedar prazas vacantes poderán participar crianzas doutros concellos.

No caso de adquirir praza e ter unha discapacidade ou patoloxía, solicitarase informe do EVO e/ou informes complementarios da necesidade de apoio necesaria.

INSCRICIÓNS: Presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal) desde o día 17 ata o 24 de marzo. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e axuntar cuberta a ficha de inscrición Conciliaguarda que se pode atopar na web www.aguarda.es.

Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 28 de marzo ás 13:00 h no vestíbulo do Concello da Guarda (Casa dos Alonso).

O listado de crianzas admitidas será publicado na web do Concello e no taboleiro de anuncios da Casa dos Alonso, e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.

Para máis información porse en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda (986614648 / muller@aguarda.es)

Concello de A Guarda


Apertura das solicitudes para a reserva de prazas na Escola Infantil Municipal da Guarda para o Curso 2023/24

O Departamento de Servizos Sociais do Concello d Guarda informa que a Escola Infantil Municipal abrirá do 20 de marzo ata o 11 de abril o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2023/2024.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes por sede electrónica ou nas dependencias municipais.

Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.

Concello de A Guarda


A Guarda vive a gran festa do deporte

" A Guarda outorga distincións aos seus deportistas máis destacados na XIV edición da Gala do Deporte.

" O escalador Erik Noya foi o padriño desta edición.

" Antonio Lomba quixo adicar unhas palabras a todos os deportistas, e entidades premiadas nesta XIV edición da Gala do Deporte, destacando o "gran músculo deportivo" que temos na vila.

O Centro Cultural da Guarda acolleu o pasado venres día 10 de marzo a gran festa do deporte guardés coa celebración da XIV edición da Gala do Deporte, unha edición na que se contou coma padriño do evento ao escalador Erik Noya.

Neste evento recoñecéronse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

A gala, comezou ás 20:30 horas ante un Salón de Actos do Centro Cultural que puxo o cartel de aforo completo, e estivo presentada polo xornalista Terio Carrera e coa amenización con coreografías de deportistas de Dansá.

Nesta XIV edición outorgáronse distincións a José Manuel Fandiño, Recoñecemento dedicación ao deporte; ao Open Club Tenis Codesal, Mellor iniciativa; ao Sporting Guardés, Recoñecemento promoción e fomento do deporte; Mecalia Atl. Guardés, Mellor equipo; ao equipo Alevín Tenis Club Codesal (Marcos Pacheco, Pablo Rodríguez Martínez, Alvaro Romeu García, Pablo Fajar González, Lucas Brandón González e Leví Domínguez Olivares); á tripulación cadete féminas do Clube de Remo Robaleira (Esther, Claudia e Tania Dorado Acevedo, Nerea e Claudia Dorna, Tecla Baz Baz, Uxía Fernández Videira, Manuela Vicente Cadilla e Gabriel González Rolán).

En canto aos deportistas individuais outorgáronse distincións para Erik Noya en Escalada; Alejandro Pena Peniza e Noa González Da Csota en Judo; a Rosalía Soler Lomba e Paula Baz en Natación; a Jorge García en Skate; a Mara Romeu e Ález Sierpes en Atletismo ; a ElsaPena e Sergio Rodríguez en Atletismo e a Eva Piñel tamén en Atletismo.

Ao remate da entrega de distincións Antonio Lomba quixo adicar unhas palabras a todos os deportistas, e entidades premiadas nesta XIV edición da Gala do Deporte, destacando o "gran músculo" que temos na vila en canto ao deporte, un gran referente para as novas xeracións, con deportistas de gran nivel en multitude de modalidades e disciplinas deportivas,

Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, engadíu que "esta edición da Gran Festa do Deporte Guardés recoñeceuse o traballo, esforzo e implicación dos clubs, entidades deportivas e deportistas individuais, visibilizando o enorme traballo desenvolvido, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva."

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais