JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do venres 10 ao sábado 11 de marzo

" O venres 10 en horario de 16:15 ás 21:00 horas e o sábado 11 e de 10:15h a 14:30h.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 10 en horario de 16:15 ás 21:00 horas e o sábado 11 de 10:15h a 14:30h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de marzo

O vindeiro luns día 6 de marzo de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en febreiro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 6 de marzo de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 14 de marzo e a recollida de documentos terá lugar o 17 de marzo.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades "Semente de Igualdade"

O Concello da Guarda aposta durante todo o ano pola Promoción da Igualdade entre mulleres e homes en todas as esferas da vida e pola visibilización da muller ao longo da historia, por esa razón, se busca darlle continuidade ao programa "Semente de Igualdade", unha campaña na que se inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con actuacións musicais, obradoiros e contos para crianzas, entre outras.

As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde terá lugar unha concentración e lectura de manifestos acompañados dunha actuación musical a cargo da artista A Riso e a guitarrista Maite González

A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.

O domingo día 12 de marzo ás 17:30h a praza de Avelino Vicente, acolle "Elas contan moito", unha divertida sesión de contos con música, na que a partir de varios álbums ilustrados se reflexiona sobre a igualdade entre nenas e nenos, a perspectiva de xénero e os estereotipos sexistas.

Rosa Caramelo, O libro dos porcos ou Daniela Pirata son algúns dos títulos que se contarán nesta sesión de contos con música para gozar en familia, cunha duración aproximada duns 50 minutos e para público público familiar a partir dos 3 anos a cargo da contadora Bea Campos e o músico Manuel Pombal de Migallas Teatro.

Durante o mes de marzo se levarán a cabo obradoiros sobre prevención de violencias machistas, baixo o título Lentes Violetas, dirixidos ao alumnado de 5º de Primaria dos centros educativos da Guarda.

Estas dúas actividades dirixidas á poboación máis nova, son o eixo principal do programa " Semente de Igualdade", porque a Promoción da Igualdade e a prevención de comportamentos machistas en idades temperás, son a chave para conseguir rachar coa Violencia Machista na nosa sociedade

Para a xornada do xoves día 13 de abril, ás 20:30h na Casa dos Alonso está prevista a presentación do libro Todo chega desde o Mar, de Santiago Ferragud (escritor e músico). O autor estará acompañado por Beatriz Núñez, profesora de Debuxo e responsable do Departamento de Igualdade do IES A Sangriña.

Da obra de Santiago Ferragud

En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.

En 1931, a anterior xeración de vigueses fixo que a cidade fora a primeira do país en proclamarse republicana; seguiron os cinco anos entusiastas, radicais e convulsos da República, e logo as sinistras intrigas previas ao alzamento militar e a represión á que foron sometidos os republicanos na Illa de San Simón.

Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeración e por vivencias, moi pronto lles unirá a paixón pola historia da cidade.

"Todo chega desde o mar: ideoloxías e lendas, animais exóticos e invencións mecánicas, santos e soldados, restos de naufraxios e obxectos que alguén, nalgún afastado lugar, deixou de amar".

Do autor

Santiago Ferragud naceu en Vigo en 1949.

En 1965 fundou Los Temples, unha das bandas de rock and roll que xurdiron en cada barrio da cidade, producindo un chispazo de enerxía e ledicia no medio da néboa do franquismo.

Estudou na Escola de Peritos e, nos anos setenta, comezou a súa vida profesional en empresas auxiliares dos estaleiros.

Nunca abandonou a música e en 2010, movido pola súa vocación literaria, fundou Xardín Desordenado, unha banda que desde entón vén musicando a poetas galegxs.

Todo chega desde o mar (Medulia Editorial, 2022) supón a estrea de Santiago Ferragud como novelista.

Continuando coas actividades propostas, e dado o éxito obtido na 1ª edición de Historias de Mulleres Guardesas, este ano durante o mes de maio vaise levar a cabo a 2ª edición, coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas. Realizaranse un total de dúas actividades, un roteiro, que terá lugar o venres, 5 de maio ás 20:30 h con saída dende a Praza do Reló e unha andaina, o domingo 7 de maio ás 10:30 h, con saída dende a Alameda da Guarda. É preciso inscrición previa no Departamento de Turismo do Concello da Guarda, a través do teléfono 986614546ou no enderezo turismo@aguarda.es

As actividades programadas están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda saca a licitación as obras de mellora da mobilidade na Rúa Coruña

" En palabras de Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, "esta é unha obra necesaria para todos os veciños e veciños da Guarda, nunha rúa que, despois das obras da Rúa Concepción Arenal, ten absorbido unha gran cantidade de tráfico urbano e que con esta actuación mellorará a seguridade vial e peonil, así coma a dotación de servizos.

Na Plataforma de contratación pública do Estado xa se pode consultar o procedemento de licitación das obras de mellora da mobilidade na Rúa Coruña da Guarda, unhas obras que contan cun importe de máis de 300,000 €.

A Fase I da mellora da mobilidade na Rúa Coruña da Guarda contempla unha mellora integral da accesibilidade, reordenando a rúa, gañando espazos para os peóns, mellorando a seguridade vial e aproveitando para realizar a renovación e mellora das redes de servizos coma saneamento ou telecomunicacións.

As obras realizaranse ao longo dun total de 205 m comprendidos entre o enlace coa rúa Ourense e número 15 da rúa Coruña

Entre as principais melloras que implica este proxecto para os veciños e veciñas da Guarda destaca a dotación dun percorrido peonil continuo e seguro, o incremento do ancho das beirarrúas gañando espazo para os peóns, eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o tránsito e accesibilidade das persoas con mobilidade reducida ou a mellora dos pasos de peóns, tanto na pavimentación coma na visibilidade dos mesmos, incrementando deste xeito a seguridade viaria

As obras de mellora da mobilidade na Rúa Coruña da Guarda tamén inclúen a renovación das redes de saneamento existente, cunha nova rede separativa, así coma a renovación da rede de abastecemento de auga e as canalizacións do alumeado público e telecomunicacións, instalación de novos puntos de luz, zonas axardinadas con rego automático, árbores e mobiliario urbano.

Estímase que estes traballos prolongarase ao redor de 9 meses, nos cales se prevé o uso compartido de vehículos e obras cando sexa posible e itinerarios alternativos cando non sexa posible.

En palabras de Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, "esta é unha obra necesaria para todos os veciños e veciños da Guarda, nunha rúa que, despois das obras da Rúa Concepción Arenal, ten absorbido unha gran cantidade de tráfico urbano e que con esta actuación mellorará a seguridade vial e peonil, así coma a dotación de servizos.

Concello de A Guarda


A chegada de "O Gran Camiño" ao Trega pon A Guarda no mapa do ciclismo de competición

" A segunda etapa rematou no cumio do Monte Santa Trega, onde centos de persoas se congregaron para animar aos ciclistas nos últimos metros da carreira.

" Os medios deportivos máis importantes a nivel nacional e internacional fixéronse eco desta proba deportiva, o que propiciou unha importante promoción da Guarda e dos seus atractivos naturais, patrimoniais e paisaxísticos.

A Volta a Galicia foi unha carreira por etapas que se disputou polo territorio galego dende 1933 (ano da súa primeira edición) e que foise sucedendo durante os anos (aínda que non de xeito continuado) ata o 2000, sendo a partires de 2002 relegada a categoría amateur.

Aínda así, existe unha grandísima lista de campións que disputaron ou conseguiron o triunfo nesta carreira. Nomes históricos no mundo do ciclismo como Miguel Induráin, Marino Lejarreta, Abraham Olano, Marco Pantani, Laurent Jalabert, Claudio Chiapucci, Frank Vandenbroucke ou Álvaro Pino formaron parte (ou gañaron) nalgunha das súas edicións. Unha proba que sempre atraía a grandes estrelas que contaban coa simpatía dos mellores equipos do mundo, e que cadraban os seus calendarios para dar o mellor dos espectáculos na ronda galega.

Con O Gran Camiño, búscase revitalizar esta carreira, coa imaxe e a posta en escena actualizadas e acorde aos tempos que corren, para retomala do xeito máis vangardista posible. Tentando que dende o primeiro momento esta proba conte co nivel, a repercusión e a fama que no seu día tivo a Volta a Galicia, atraendo ás grandes figuras mundiais do momento.

O ciclismo evoluciona, os equipos evolucionan, as retransmisións evolucionan… e todas as carreiras teñen que evolucionar e adaptar o produto ás novas tendencias mediáticas, para explotar ao máximo o potencial e as posibilidades que este deporte ofrece. A través desta singular carreira, ilustrouse ao mundo que Galicia e o gran destino, O Camiño dos Camiños, O Gran Camiño. Deste xeito A Guarda foi un dos lugares nos que O Gran Camiño destacou, coas fermosas paisaxes do Monte Santa Trega e un final de etapa inesquecible protagonizado polo ciclista Jonas Vingegaard, quen despois de 184,30km de percorrido e 2577m. de desnivel acumulado, rematou no cumio do Monte Santa Trega en primeira posición, gañando o maillot amarelo desta segunda etapa.

O vixente campión do tour de Francia Jonas Vingegaard, protagonizou unha subida ao Monte Santa Trega de espectáculo, co paso polo Via Crucis, un dos momentos máis peculiares e atractivos desta segunda etapa e que numerosos fotógrafos e cámaras encargáronse de inmortalizar. A pouco máis de dous quilómetros de chegar á meta, e entre os Castros dos primeiros moradores de Galicia, Vingegaard acadou a meta.

Para A Guarda foi un día histórico, porque foi a primeira vez que unha etapa da Volta Ciclista chega á vila, trátase dun espectáculo deportivo de primeiro nivel que se desenvolveu nun marco incomparable como é o monte Trega. Os medios deportivos máis importantes a nivel nacional e internacional fixéronse eco desta proba deportiva, o que propiciou unha importante promoción da Guarda e dos seus atractivos naturais, patrimoniais e paisaxísticos.

Medios nacionais coma Marca, Eurosport, As, ou internacionais coma Hln, Lequipe ou Oasport fixéronse eco da chegada desta segunda etapa ao Monte Santa Trega da Guarda da mán de Jonas Vingegaard.

Concello de A Guarda


Milleiros de persoas gozaron do Desfile de Entroido 2023 na Guarda

" Despois de ser adiado pola meteoroloxía adversa, o domingo A Guarda pechou o Entroido 2023 cun gran Desfile.

O Concello da Guarda pechou este pasado domingo día 27 de febreiro o Entroido 2023 cun gran Desfile que congregou a numeroso público entre a "Esquina Famosa" e a Alameda da Guarda.

Despois de varias xornadas de entroido no que non faltaron actividades e programación para todo tipo de gustos e idades, con música, humor, deporte, propostas infantís e moito máis.

Malia que o Desfile de Entroido adoita celebrarse o martes, debido a situación meteorolóxica desfavorable, este ano foi adiado ata a xornada do domingo, onde milleiros de persoas puideron gozar deste colorido e animado desfile.

A batucada viguesa "Bate no Cobre" foi a encargada de abrir o Desfile de Entroido na Guarda 2023, seguida dos diferentes grupos, carrozas e comparsas participantes, así coma tamén algún participante individual.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, valorou moi positivamente a participación neste desfile de Entroido, tanto de participantes coma de espectadores, que encheron as rúas da vila nun multitudinario e visual desfile.

Rafa Álvarez, Concelleiro de Festas e Festexos Populares, indicou que a programación deste Entroido na Guarda foi unha programación moi completa, pensada para gozar do Entroido por todos os veciños e veciñas, agradecendo a implicación e alta participación nas diferentes actividades realizadas.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en abril

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello da GUARDA nas seguintes datas e emprazamentos:

" do 17/04/2023 ao 18/04/2023 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00h a 13:30h pola mañá e de 15:15h a 18:00h pola tarde.

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00

A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais