|
Concello e UD Ribera perfilan as necesidades do campo de fútbol da Mata
Alcaldesa, concelleiro, equipo técnico e responsables do club visitaron as instalacións para incorporar ao proxecto de renovación do campo aspectos fundamentais para o desenvolvemento da actividade deportiva
O Concello do Rosal continúa apostando pola renovación de infraestruturas contando coa participación veciñal. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, visitou o campo de fútbol municipal da Mata xunto ao concelleiro de Deportes, Germán Fernández; a un equipo técnico e a responsables e coordinadores da UD Ribera para revisar as posibles necesidades técnicas detectadas polo club para incorporalas á redacción do proxecto de renovación das instalacións. "É un proxecto que queremos sacar adiante en breve e queremos facelo tendo en conta as necesidades que os propios usuarios e usuarias encontran para solucionar así posibles problemáticas", explica a rexedora.
Ademais do cambio de céspede contemplado no proxecto, durante o encontro perfiláronse novos aspectos a incorporar, como a renovación dos banquiños, a modernización do sistema de aspersión, a mellora dunha valla e do son ou a colocación dun peche na zona de tribuna, entre outros elementos. "Xa estamos a traballar na redacción do proxecto que permita incluír nos pregos de licitación todas estas necesidades detectadas, implementando ademais unha calidade do céspede artificial elevada", salienta Fernández Callís.
Para a redacción do proxecto o Concello conta cun equipo técnico especializado que coñecerá experiencias que se están a levar a cabo noutras instalacións, visitando campos de fútbol renovados recentemente e nos que xa se contrastou un bo funcionamento.
Alcaldesa, equipo técnico e directiva da UD Ribera aproveitaron a visita para avaliar a evolución das obras dos vestiarios que se están a realizar nestas instalacións e que se atopan xa en fase final.
Concello de O Rosal
Grandes artistas mulleres para encher de cor o Espazo de Autoarranxo do Rosal
Gemma Marqués está realizando un mural inspirado en mulleres creadoras do pasado e do presente cara ao futuro
Esta acción forma parte das actividades financiadas por fondos do Pacto do Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade
Traballar a igualdade dando protagonismo ás mulleres. Ese é o obxectivo do mural 'Grandes artistas mulleres' que a muralista e artista plástica Gemma Marqués está a pintar no exterior do Espazo de Autoarranxo do Rosal. O resultado será, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, unha pintura "inspirada nas mulleres creadoras do pasado e do presente para ollar cara ao futuro". "O resultado será unha pintura mural con moita cor e figuras femininas recoñecidas para transmitir unha mensaxe positiva e de igualdade á comunidade escolar, pero tamén á veciñanza en xeral. É unha forma máis de continuar revolucionando mentes", resalta a rexedora.
Así, Marqués representará nas paredes deste espazo situado a carón do CPI Manuel Suáres Marquier un mural no que aparecerá a pintora galega Maruja Mallo, a escritora africana Chimamanda Gnozie, a música inglesa Delia Derbyshire e a artista plástica xaponesa Yayoi Kusama.
A obra parte do proxecto feminista de Gemma Marqués titulado 'AnónimAs. Retratos de musas cotiás', co que a artista guardesa busca "reivindicar a todas as mulleres anónimas, nais, avoas, fillas, traballadoras e loitadoras que viven no máis absoluto anonimato". "O seu labor, o seu esforzo diario coa familia e no traballo, non é recoñecido pola sociedade. Traballadoras do campo, do mar, dentro e fóra da casa, que fan e fixeron un gran traballo que queremos poñer en valor facendo unha homenaxe a todas elas", recoñece a artista.
O mural, financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade, busca tamén desenvolver un discurso feminista poñendo en valor o patrimonio inmaterial, o legado de mulleres creadoras que sirvan de exemplo e inspiración, así como desenvolver a creatividade e o traballo a pé de rúa, dando exemplo ás novas xeracións.
Xunto con esta acción artística, o Concello do Rosal leva desenvolvido numerosas actividades de fomento da igualdade ao abeiro dos fondos deste Pacto de Estado, como os violentómetros colocados en distintos puntos do municipio, un valado publicitario na rotonda da Mata sobre o consentimento nas relacións sexuais ou os Cafés en Igualdade, que arrancaron con grande éxito de público o pasado mes de xaneiro e co que se crea un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese de forma distendida.
Concello de O Rosal
O Rosal sumará 10 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos da Deputación
O Concello solicitou unha subvención de 134.000€ para estas contratacións, que terán unha duración de entre seis e nove meses
O Concello do Rosal prevé incorporar este ano 10 novos traballadores e traballadoras contratadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, para o que xa solicitou á administración provincial unha subvención de case 134.000 euros aos que se sumarán máis de 3.000 que achegará o propio Concello.
"Apostamos un ano máis por esta medida para sumar a novos empregados e empregadas ao noso cadro de persoal, xa que non só permitirá reforzar e mellorar a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, senón que tamén permitirá dar unha oportunidade laboral a persoas que estaban ba procura de emprego", explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A través deste plan de contratacións cubriranse ata 10 postos diferentes con traballadoras e traballadores a xornada completa e contratos de entre seis e nove meses. Así, está prevista a incorporación de:
- Tres oficiais de obras albanel (durante oito meses).
- Catro peóns de limpeza viaria e roza forestal (9 meses).
- Un ou unha oficial electricista (7 meses).
- Un ou unha operaria de maquinaria forestal (6 meses).
- Un ou unha auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar, con titulación de formación profesional de atención a persoas en situación de dependencia ou certificado de profesionalidade e carné de conducir ou licencia (9 meses).
O Servizo Público de Emprego de Galicia elaborará unha listaxe das persoas empadroadas no Rosal que estean inscritas como demandantes de emprego non ocupados en cada un dos epígrafes correspondentes no momento en que o Concello solicite o listado e que estean dispoñibles para o emprego tanto no momento da sondaxe como no da contratación.
Concello de O Rosal
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|