JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Concello de Oia amplía o obradoiro de teatro con sesións específicas para público infantil

O Concello de Oia amplía a oferta do obradoiro de teatro veciñal con sesións específicas para o público infantil (de 6 a 12 anos). Serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres de 18.30 a 19.30 horas no Centro Cultural de Pedornes. A continuación celebrarase o de persoas adultas, de 19.30 a 21.00 horas.

O obradoiro infantil comezará esta mesma semana, coa primeira xuntanza o 10 de febreiro. As sesións terán lugar cada venres durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio e rematarán a principios de xuño.

A actividade é gratuíta pero con prazas limitadas, polo que é obrigatorio inscribirse a través do rexistro do Concello.

6x6 Punto de Encontro

En cada unha das súas edicións, o obradoiro de teatro veciñal de Oia reúne varias decenas de veciñas e veciños de diversas idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado nunha visita dramatizada polo barrio do Arrabal.

Nesa xornada de representación, denominada 6x6 Punto de Encontro, as persoas usuarias do obradoiro veciñal actúan xunto con varias artistas convidadas, ofrecendo un espectáculo aberto ao público onde o patrimonio do barrio histórico oiense se convirte nun escenario de excepción no que gozar de distintas propostas artísticas (arte dramática, danza e movemento, música, poesía, etc.)

Por primeira vez este ano a convocatoria do obradoiro de teatro de Oia contará con sesións específicas para público infantil ademais das dirixidas a persoas adultas. Ambas actividades lúdico-formativas rematarán o curso coa xornada festiva do 6x6: un día para celebrar a creación artística, o patrimonio, a historia e as tradicións locais; pero tamén para fomentar o encontro, a convivencia e a participación veciñal.

Concello de Oia




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais